Moitos ánimos, foi moi cruel, xa vos levantastes de situacións peores; estaremos atentos ao "casino" de prazas, non é o mellor manterse así pero -se se dá o caso- aledareime moito por vos.
Exacto. Na miña casa podemos permitirnos manter os carnés e farémolo, pero comprendendo a quen non o faga. Con todo, outra cousa ben feita polo club este ano, coma o escudo ou o deseño das camisetas.
Para despistados, coma min ata hai un par de horas, quero indicar que o partido bótano por VAMOS, o que fai que moita máis xente poida velo que se cae nun Movistar deportes de pago adicional.
Sumando sumando sumando ... 4-1 de parcial para cando veñan mal dadas, que virán. Se puidésemos vivilo ao vivo e coa xente pensando no equipo en vez da maldita COVID xa saltaría o modo flipadoiro copa no 50 aniversario.