:: Post en galego ::
La vida al margen del deporte (la hay)

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 28 Dic 2016, 18:11

tululotres escribió:Non estaba enfermo, foi algo repentino, moi inesperado por parte da familia. Un pau tremendo.


Non morreu dunha enfermidade logo? Foi o primeiro no que pensei, mais non leo na prensa referencias ao asunto. Non é relevante, a verdade.

nabosky
Mensajes: 16768
Registrado: 25 Oct 2004, 11:21
Ubicación: Living on a dream. Sen tempo non era

Re: :: Post en galego ::

por nabosky » 28 Dic 2016, 18:31

Xa contaredes algo do que vos referides de Bibiano.
Lembro fai uns 30 anos, eu tiña bastantes amigos no mundo da música e non me chegaban moi bos comentarios sobre a súa persoa, pero xa non recordo exactamente a qué se debían.
De tódolos xeitos, descanse en paz
ImagenImagen

tululotres
Mensajes: 1502
Registrado: 07 Feb 2010, 15:21

Re: :: Post en galego ::

por tululotres » 28 Dic 2016, 18:53

Hai que separar á persoa do empresario. Eu traballei anos con el e podo dicir moitas cousas malas, moi mals no segundo aspecto, pero tamén moitas cousas boas no primeiro. No mundo da industria musical todo o mundo é como é, e el non era excepción, pero como ser humano, tendo o seus defectos, era alguén con grande empatía, con preocupación real pola xente que lle importaba. Anos despois de rematar en non moi bos termos a miña relación laboral con el, nun par de momentos moi duros a nivel persoal, interesouse moito pola miña situación e deume moitos ánimos. É máis do que se pode dicir de moitos.

Hoxe vaise a persoa, non o xefe da empresa. E como tal é como eu vou decidir lembralo.

nabosky
Mensajes: 16768
Registrado: 25 Oct 2004, 11:21
Ubicación: Living on a dream. Sen tempo non era

Re: :: Post en galego ::

por nabosky » 28 Dic 2016, 19:05

tululotres escribió:Hai que separar á persoa do empresario. Eu traballei anos con el e podo dicir moitas cousas malas, moi mals no segundo aspecto, pero tamén moitas cousas boas no primeiro. No mundo da industria musical todo o mundo é como é, e el non era excepción, pero como ser humano, tendo o seus defectos, era alguén con grande empatía, con preocupación real pola xente que lle importaba. Anos despois de rematar en non moi bos termos a miña relación laboral con el, nun par de momentos moi duros a nivel persoal, interesouse moito pola miña situación e deume moitos ánimos. É máis do que se pode dicir de moitos.

Hoxe vaise a persoa, non o xefe da empresa. E como tal é como eu vou decidir lembralo.



Ben certo.
Sempre é mellor lembrarse dos bos recordos e esquencer os malos.
ImagenImagen

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 28 Dic 2016, 19:28

Eu a nivel profesional non tratei con el, mais si coa súa empresa. Dende o punto de vista da relación cos medios nunca tiven nin a máis mínima queixa. No tocante á xestión si sei de cousas mal feitas, mais non cómpre falarmos diso agora. Bibiano foi un dinamizador fundamental da vida musical de Vigo, e coido que hai que valoralo.

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 30 Dic 2016, 20:02

Fomento manipula datas para argumentar a negativa á investigación de Angrois

Os membros da Plataforma Víctimas Alvia 04155 saíron este xoves do Ministerio de Fomento sumidos na indignación. O novo titular do Ministerio, Íñigo de la Serna, viña de negar as investigacións técnica e política sobre o accidente de Angrois ás que dera "apoio expreso" como alcalde de Santander apenas medio ano antes. Mentres as vítimas reprochaban ante a prensa o que consideran todo un exercicio de "cinismo" o departamento gobernamental facía pública a súa versión dos feitos tras unha xuntanza que evitara revelar previamente que se ía producir. E para explicar o porqué da mudanza da postura de De la Serna o Ministerio deu en incorrer nunha manipulación de datas.

Alén de indicar que a recepción se producira para "escoitar as peticións" da plataforma Fomento detense a sinalar o que o ministro "indicou" certos aspectos "en relación coa moción" aprobada en Santander. Así, di, na proposta apoiada por De la Serna na capital cántabra reclamábase unha nova investigación técnica "independente". A este respecto o agora ministro "recorda" que "xa se realizou unha investigación técnica" por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) de Fomento e, segundo a Avogacía do Estado, "o Ministerio non pode solicitar que se inicie unha nova investigación". Estes "feitos", asegura o Ministerio, "eran descoñecidos no momento de aprobarse a moción no Concello de Santander". Velaquí a manipulación.

A proposta aprobada unanimemente polo pleno santanderino e lida por De la Serna saíu adiante o pasado 29 de xullo, tal e como acredita a acta daquela sesión. No entanto, os devanditos supostos atrancos para que o Ministerio pida unha nova investigación aludidos pola Avogacía do Estado eran xa coñecidos dúas semanas antes por Fomento, tal e como avanzou Praza.gal o 14 de xullo ao fío dunhas declaracións públicas nas que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desvelou "dificultades legais" para poñer en marcha esa nova comisión técnica.

Efectivamente, segundo a Unión Europea a CIAF é agora un órgano independente, pero non o era cando investigou o sucedido en Angrois. Así o constatou a Axencia Ferroviaria Europea a comezos do propio mes de xullo nun informe oculto ata ese momento por presións do Goberno de España. Antes desa análise do traballo da CIAF no accidente de Santiago, realizada a instancias das propias vítimas, a Comisión Europea abrira xa un procedemento de infracción contra España por non aplicar a directiva comunitaria que esixía, precisamente, que a CIAF fose independente. Esas mudanzas non foron aplicadas ata despois do accidente de Angrois e, en todo caso, as vítimas non reclaman unha nova indagación da CIAF, senón outra investigación independente que analice especificamente o accidente de Compostela. A lexislación, afirman, non impide que isto suceda.

O "non" á investigación política
O ministro apela ao rexeitamento da investigación no Congreso, que tamén é anterior ao seu "apoio expreso" a crear a comisión

Xunto a esa alteración de datas sobre a investigación técnica Fomento achega tamén os seus argumentos para o "non" á comisión política que De la Serna tamén apoiou en xullo. O ministro "recorda" agora que "a creación da comisión de investigación solicitada xa foi debatida" na lexislatura frustrada pola falta de Goberno "e foi rexeitada co 60% dos votos".
Efectivamente, isto sucedeu coa petición formulada por En Marea e rexeitada en pleno por PP e PSOE despois de que o voceiro popular, Rafael Hernando, considerase a solicitude como "miserable" e "absurda". Este debate produciuse en abril, polo tanto, tres meses antes de que De la Serna apoiase a investigación en Santander. Obviamente, o "apoio expreso" do daquela alcalde da capital cántabra é tamén posterior ás peticións de investigación formuladas na anterior lexislatura estatal polo BNG, tamén rexeitadas en pleno.

Neste escenario, mentres o novo ministro se limita, como os seus antecesores, a manifestar "colaboración e respecto pola investigación xudicial" do accidente que "continúa aberta" -foi reaberta pola Audiencia da Coruña despois de que a pechase o xuíz instrutor co maquinista como único acusado- a Plataforma Víctimas Alvia 04155 lamenta o seu "trato cínico e hipócrita", en verbas da súa vogal Teresa Gómez-Limón. "Moita manciña por aquí e por alá, pero era todo mentira", resume. Ao seu xuízo, sería preferible que De la Serna "dixese dende o principio que non había nada que facer", pero "este cinismo por interese persoal é unha afrenta ás vítimas e a todos os cidadáns".
http://praza.gal/politica/13371/fomento ... e-angrois/
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 03 Ene 2017, 16:49

O vestido de Pedroche e o bufón baboso de Chicote

http://www.sermosgaliza.gal/opinion/sar ... 53916.html


Imagen
Sara Torreiro. Xórnalista.

Os medios de comunicación de masas son instrumentos globais que representan, resignifican e afirman perfís humanos. As súas mensaxes (mandatos, normas, reafirmacións do que outros agardan das mulleres) circulan por millóns en todo o mundo, de xeito instantáneo e uniforme.

No caso dos países occidentais as mulleres están cada vez máis integradas no mundo dos medios de comunicación. Nos últimos 30 anos a escritura das mulleres invade redaccións de libros, revistas, telexornais e xornais; de redaccións electrónicas, de páxinas web. A muller representa o 50% das cabezas que elaboran os contidos de programas de radio e televisión.

Porén, todo isto non xerou un cambio nas mensaxes dos medios nin influíu no xeito no que se selecciona e xerarquiza a información cotiá. Se miramos os grandes medios chegaremos á conclusión de que no mundo só hai homes e de que son os homes os que fan as cousas importantes.

Para o que si usan ás mulleres os medios de comunicación é para enriquecerse. Pero non en base ao seu talento ou profesionalidade, senón maioritariamente, en base ao seu físico. O Código Deontolóxico da FAPE di que o xornalista extremará o seu celo profesional no respecto aos dereitos dos máis débiles e discriminados, polo que debe manter unha especial sensibilidade no paso de informacións ou opinións de contido eventualmente discriminatorio ou susceptible de incitar á violencia ou a prácticas humanas degradantes. Pois ben, abonda con ver os comentarios nas redes sociais de Cristina Pedroche para ver que as pintas que lle poñen en cada Noitevella provocan unha violencia verbal absoluta contra a súa persoa e, por extensión, contra as mulleres. Non serei eu quen xulgue a decisión de Pedroche, neste caso, a levar o vestido que sexa, o que si xulgo é aos medios de comunicación que esquecen a función pedagóxica que, a priori, se lles atribúe.

Abonda con ver os comentarios nas redes sociais de Cristina Pedroche para ver que as pintas que lle poñen en cada Noitevella provocan unha violencia verbal absoluta contra a súa persoa e, por extensión, contra as mulleres

A Antena3 tanto lle ten que levemos xa dúas asasinadas este novo ano. Permitiu que Chicote, no papel de baboso total lle dixese á presentadora frases como "Vamos a ver qué hay debajo de esta batamanta, enséñanos lo que hay debajo" e "Has sido tú la que nos ha calentado". E ela, moi metida no papel de tonta do bote contestaba “no soy una luciérnaga”. Porque o problema non é que Cristina Pedroche saia ensinando cacho en Noitevella (que tamén) é que representa a esa muller corta de luces, non moi espabilada, que lle ri as grazas ao macho alfa.

Ademais, o vestido de Pedroche cada Noitevella ensínanos dúas cousas: a primeira que tes que ser muller branca, guapa e delgada para triunfar. A segunda que, para iso, debes someterte a un home. Aínda que che diga que fuches ti a que quentaches o ambiente. Iso si, non importa que Chicote teña uns quilos de máis e faga o papel de bufón-baboso. A el vaille ir ben igual. Cun esmoquin (iso si, ben tapado), amañamos. E ademais, todo un machote por dicirlle iso á súa compañeira de cámara. E esa é a mensaxe que envían, ano tras ano, os medios de comunicación e que resignifica e afirma o papel da muller como obxecto. E esa perigosa resignificación implica que cun obxecto podes facer o que queiras: violentala verbalmente pola rúa, agarrala pola cintura cando che pete, violala nun portal ou matala.

:roll:

Só eu véxolle a ironía a todo isto... eh? e desde cando a loita pola igualdade de roles en España é un problema que poídanos importar a nós?
Sarauj, Latvija!

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 03 Ene 2017, 19:21

Abofé que está ben o de subir o fío de cando en vez, mais pensade as cousas un chisco antes de publicalas.

Bandua
Mensajes: 328
Registrado: 28 Ene 2014, 14:58
Ubicación: Vigo, GZ

Re: :: Post en galego ::

por Bandua » 03 Ene 2017, 19:59

Heidegger escribió:Abofé que está ben o de subir o fío de cando en vez, mais pensade as cousas un chisco antes de publicalas.


E logo?

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 03 Ene 2017, 20:03

Dicíao polo comentario de Ilúvatar. Como se a violencia machista e a loita pola igualdade non fose un problema que atinxe tamén á nosa realidade cotiá.

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 06 Ene 2017, 12:02

Axudas polo galego: La Voz e Faro suman un millón; toda a prensa dixital en galego 3.400€

A Xunta publicou o último día hábil do ano a resolución das súas subvencións aos medios para promocionar a lingua galega. Estas dúas liñas de axudas son faragullas en comparación coas ducias de millóns que reparte cada ano a Secretaría Xeral de Medios a través da publicidade e dos convenios a dedo. Con todo, son moi reveladoras de como o PPdeG e os grandes empresarios da comunicación se apoian mutuamente co diñeiro de todos.

A resolución da subvención para medios integramente en galego -tradicionalmente con liñas editoriais máis críticas co PP- suma 201.000 euros. As subvencións para medios en xeral 1,6 millóns. Esta diferencia de importe prodúcese malia que en teoría as dúas liñas de subvención comparten un fin: apoiar a difusión de noticias en galego.

http://www.galiciaconfidencial.com/noti ... alego-3400
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 06 Ene 2017, 12:55

Heidegger escribió:Dicíao polo comentario de Ilúvatar. Como se a violencia machista e a loita pola igualdade non fose un problema que atinxe tamén á nosa realidade cotiá.

A nosa realidade cotiá é a supervivencia coma pobo, non o vestido da Pedroche ou a derradeira moda na loita do progresismo español, mais eu non ía nesa dirección só. Espallareime noutro intre.
Sarauj, Latvija!

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 06 Ene 2017, 13:00

A supervivencia coma pobo. Vale.

Bandua
Mensajes: 328
Registrado: 28 Ene 2014, 14:58
Ubicación: Vigo, GZ

Re: :: Post en galego ::

por Bandua » 12 Ene 2017, 16:50

:mrgreen: :mrgreen: :mrgreen:

Imagen

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 12 Ene 2017, 19:02

Bandua escribió::mrgreen: :mrgreen: :mrgreen:

Imagen

Vai para a sinatura!!!

Edit: Non me deixa :-?
Edit 2 Arranxado. :mrgreen:
Sarauj, Latvija!

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 14 Ene 2017, 09:28

¿Qué le pasa al Correo con Martiño Noriega?
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Bandua
Mensajes: 328
Registrado: 28 Ene 2014, 14:58
Ubicación: Vigo, GZ

Re: :: Post en galego ::

por Bandua » 15 Ene 2017, 16:26

Hay_sinla escribió:¿Qué le pasa al Correo con Martiño Noriega?


Que lhe vai passar, que fazem campanha contra éle. Dos das Mareas é o único do que gosto, mas tem à imprensa local zangadíssima

nabosky
Mensajes: 16768
Registrado: 25 Oct 2004, 11:21
Ubicación: Living on a dream. Sen tempo non era

Re: :: Post en galego ::

por nabosky » 15 Ene 2017, 20:30

Imagen

Enviado desde mi MI 4LTE mediante Tapatalk
ImagenImagen

Avatar de Usuario
TimRiggins
Mensajes: 16749
Registrado: 21 Jun 2011, 20:33

Re: :: Post en galego ::

por TimRiggins » 16 Ene 2017, 01:16

:mrgreen:


Imagen

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 16 Ene 2017, 16:36

:todos a botar:
Sarauj, Latvija!

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: Google [Bot] y 3 invitados

Fecha actual 25 Abr 2024, 10:43