por Saint Torpez »
04 Ago 2020, 00:32
Adiós ríos, adios fontes
Adiós regatos pequenos
Adiós vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos
Miña terra, miña terra
Terra dónde me eu criei
Cartiños que quero tanto
Sobresoldos que cobrei
Prados, ríos, arboredas
Pinares que move o vento
Paxariños piadores
Palacio do meu contento
Muíño dos castañales
Noites craras do luar
Periodistas lambecús
Das revistas e xornais
Comisións do dez por cento
Eu lle daba o meu amor
Caminiños antre o millo
Adiós para sempre, adiós!
Adiós groria! Adiós contento!
Deixo a casa onde nascín!
Deixo a corte que conoço
Por un mundo que non vin!
Deixo Zarzuela pólo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Mais son emérito e malpocado
A miña coroa n' é miña,
Qu' hastra lle dán de prestado
O reino por que camiña
Ó que abdicou desprezado.
Téñovos pois que deixar.
Corinnas que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lar,
Barquiños que capitaneei,
Fontiña do cabañar.
Adios, adios, que me vou,
defensores da monarquía,
Onde non haia extradicións,
Perrechas que biquey tanto,
Dictador que nos criou.
Adios tamén, queridiña!....
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios soltando
gargalladas sen parar.
Non esquezas, queridiña,
Si morro de soidás....
Tantos cartos que me levo
¡A ver en qué os vou gastar!