:: Post en galego ::
La vida al margen del deporte (la hay)

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 27 Jun 2020, 23:04

O da Voz de Galicia é unha vergoña. Lembrade que reciben cartos da partida de normalización lingüística. O de VOX en Galiza é un delirio, sen lle dar voltas de máis.

nabosky
Mensajes: 16768
Registrado: 25 Oct 2004, 11:21
Ubicación: Living on a dream. Sen tempo non era

Re: :: Post en galego ::

por nabosky » 29 Jun 2020, 01:50

Son duña aldea

Enviado desde mi Mi Note 2 mediante Tapatalk
ImagenImagen

DonVito
Mensajes: 6738
Registrado: 14 Ene 2005, 18:43
Ubicación: Volando

Re: :: Post en galego ::

por DonVito » 30 Jun 2020, 01:10

alguen viu o debate?
"Si un problema tiene solución, no hace falta preocuparse. Si no tiene solución, preocuparse no sirve de nada."
Imagen

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 30 Jun 2020, 09:28

Estouno a ver agora. O nivel de galego da meirande parte dos participantes é dantesco.

Avatar de Usuario
Bonder
Mensajes: 18243
Registrado: 14 Jun 2009, 12:59
Ubicación: Grecia, Roma, el cristianismo y Europa.

Re: :: Post en galego ::

por Bonder » 30 Jun 2020, 14:53

Como che gusta mentir. De todo o mundo é sabido, lino en El Mundo, que en la Galiza se impone el gallego y la gente ya ni te sabe hablar el castellano.

vikras
Mensajes: 4483
Registrado: 25 Ago 2009, 23:20

Re: :: Post en galego ::

por vikras » 30 Jun 2020, 16:13

Bonder escribió:Como che gusta mentir. De todo o mundo é sabido, lino en El Mundo, que en la Galiza se impone el gallego y la gente ya ni te sabe hablar el castellano.
"Mando al niño en verano a Madrid con los abuelos para que aprenda castellano" lino con estes dous olliños na sección "Víctimas de la normalización lingüística"

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 30 Jun 2020, 18:21

O debate foi unha vergoña e unha perda de tempo. Coido que os puntapés que lle deron á lingua non van facer que a xente mude o seu voto. O do home de VOX xa non sei como catalogalo.

DonVito
Mensajes: 6738
Registrado: 14 Ene 2005, 18:43
Ubicación: Volando

Re: :: Post en galego ::

por DonVito » 30 Jun 2020, 18:26

Heidegger escribió:O do home de VOX xa non sei como catalogalo.
falas do do LIdl

ese non hai por inde collelo
"Si un problema tiene solución, no hace falta preocuparse. Si no tiene solución, preocuparse no sirve de nada."
Imagen

mormonroller
Mensajes: 5054
Registrado: 01 Jul 2017, 23:38

Re: :: Post en galego ::

por mormonroller » 03 Ago 2020, 23:00

Imagen

Saint Torpez
Mensajes: 2855
Registrado: 27 Dic 2014, 22:44

Re: :: Post en galego ::

por Saint Torpez » 04 Ago 2020, 00:32

Adiós ríos, adios fontes
Adiós regatos pequenos
Adiós vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos

Miña terra, miña terra
Terra dónde me eu criei
Cartiños que quero tanto
Sobresoldos que cobrei

Prados, ríos, arboredas
Pinares que move o vento
Paxariños piadores
Palacio do meu contento

Muíño dos castañales
Noites craras do luar
Periodistas lambecús
Das revistas e xornais

Comisións do dez por cento
Eu lle daba o meu amor
Caminiños antre o millo
Adiós para sempre, adiós!

Adiós groria! Adiós contento!
Deixo a casa onde nascín!
Deixo a corte que conoço
Por un mundo que non vin!
Deixo Zarzuela pólo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Mais son emérito e malpocado
A miña coroa n' é miña,
Qu' hastra lle dán de prestado
O reino por que camiña
Ó que abdicou desprezado.

Téñovos pois que deixar.
Corinnas que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lar,
Barquiños que capitaneei,
Fontiña do cabañar.

Adios, adios, que me vou,
defensores da monarquía,
Onde non haia extradicións,
Perrechas que biquey tanto,
Dictador que nos criou.

Adios tamén, queridiña!....
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios soltando
gargalladas sen parar.
Non esquezas, queridiña,
Si morro de soidás....
Tantos cartos que me levo
¡A ver en qué os vou gastar!

Avatar de Usuario
Bonder
Mensajes: 18243
Registrado: 14 Jun 2009, 12:59
Ubicación: Grecia, Roma, el cristianismo y Europa.

Re: :: Post en galego ::

por Bonder » 22 Ago 2020, 16:21

O da esquerda madrileña é unha cousa abraiante. Que noxo. Se tanto lles gusta o puto Feijóo, que o leven para alí dunha vez.

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 22 Ago 2020, 18:10

Eu intúo que todos estes que louvan a Feijóo dende Madrid fano motivados polo descoñecemento: quédanse con esa imaxe de home moderado que proxecta para, a seguir, establecer conclusións totalmente afastadas da realidade cotiá das galegas e dos galegos. O de sempre.
Última edición por Heidegger el 22 Ago 2020, 23:02, editado 1 vez en total.

Antón
Mensajes: 18911
Registrado: 13 Sep 2005, 19:28
Ubicación: SCQ/O Milladoiro

Re: :: Post en galego ::

por Antón » 22 Ago 2020, 22:59

A imaxe que ten feijoo fóra de GZ; de politico resolutivo e capaz é digna de estudo.
http://santiagodecompostela.gal/
https://www.concellodeames.gal/

Avatar de Usuario
Bonder
Mensajes: 18243
Registrado: 14 Jun 2009, 12:59
Ubicación: Grecia, Roma, el cristianismo y Europa.

Re: :: Post en galego ::

por Bonder » 14 Sep 2020, 13:13

Máis amor para Feijóo da esquerda madrileña (aínda por riba dunha galega). Estámosche bos.

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 15 Sep 2020, 08:32

O de Yolanda Díaz non o entendo. Hai anos, cando estaba en EU, antollábaseme una política insubstancial, sen capacidade para trascender e chegar á opinión pública. A fusión con Podemos sentoulle ben ao seu partido, que sempre fora residual na Galiza, e comezou a medrar na xerarquía institucional. Lembremos que EU nunca chegou ao 2 % en porcentaxe de votos en eleccións municipais e autonómicas. Os seus comentarios sobre Feijóo contradín todo o que ten dito nas últimas semanas sobre a situación económica galega, e evidencian por que Podemos tamén está a se converter nunha forza minoritaria na nosa terra,

tululotres
Mensajes: 1502
Registrado: 07 Feb 2010, 15:21

Re: :: Post en galego ::

por tululotres » 15 Sep 2020, 13:18

A ver unha cousa, que a intervención completa é esta e está moito máis matizada. Non caiamos na vella trampa de fixarnos no titular desbotando todo o resto, porque si que fala da situación económica que temos, en en termos nada positivos:
De feito, a título persoal, creo que non di nada no que eu non estea de acordo. Feijóo é un xestor nefasto do público e un presidente terrorífico, pero para o PP en Galicia é un candidato excelente: catro eleccións, unha gañada polos pelos desde a oposición e as outras tres arrasando. Que si, con toda a maquinaria CRTVG - La Voz de su amo facendo o traballo, pero non caiamos sempre no erro poñernos por riba dos votantes de dereitas.

Os candidatos existen e teñen incidencia. Algo terá que ver Caballero Jr. en que O PSdG, despois de ter nas xerais e nas municipais un dos seus mellores resultados de sempre, se faunda de tal maneira nas autonómicas. O Bloque o mesmo, pero ao contrario: cambio de perfil na candidatura, cambio de discurso e o seu mellor resultado histórico. E non fagamos trampa, Podemos en Galiza non existe, directamente. Os resultados nefastos de En Marea veñen do afundimento das Mareas cidadás e o penoso traballo de ANova estes oito anos, que só foron capaces de facerse oposición a si mesmos.

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 15 Sep 2020, 23:21

Niso podo estar dacordo, mais no feito de que a EU lles tocou a lotaría coa fusión con Podemos, pouca dúbida teño: foron sempre un partido residual na nosa terra, e grazas á devandita unión acadaron postos de responsabilidade política cos que endexamais soñaran.

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 15 Sep 2020, 23:23

E, xa postos a resumir a política en catro ou cinco mensaxes, vexo a moita xente de esquerdas moi optimista con Yolanda Díaz. O motivo deste optimismo é do máis paradoxal, o das súas respotas á oposición nas distintas cámaras. O de analizar a súa xestión, xa se tal, fica para outro día.

Avatar de Usuario
Martin Eden
Mensajes: 6362
Registrado: 24 Ene 2019, 18:46

Re: :: Post en galego ::

por Martin Eden » 17 Sep 2020, 20:25

https://twitter.com/Parrulinha/status/1 ... 2864869376

:roll:
Imagen

mormonroller
Mensajes: 5054
Registrado: 01 Jul 2017, 23:38

Re: :: Post en galego ::

por mormonroller » 30 Oct 2020, 10:08

Deteñen a un veciño de Oza-Cesuras que entregou á Garda Civil un permiso de condución da «República Errante Menda Lerenda»
https://galego.lavozdegalicia.es/notici ... 179465.htm

Imagen

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: Bing [Bot], Google [Bot] y 3 invitados

Fecha actual 23 Abr 2024, 17:02