:: Post en galego ::
La vida al margen del deporte (la hay)

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 28 Abr 2017, 15:53

Zlatan Stojakovic escribió:Boas noites, rapazada.

Preséntome como novo foreiro. Levo moito tempo lendo na sombra, e decidinme a rexistrarme por fin.
Espero estar a vosa altura e sobre todo a altura deste gran foro.

Un saúdo.

Benvido a casa da troula. E ti, de quén ves sendo?
Sarauj, Latvija!

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 28 Abr 2017, 15:57

nabosky escribió:Xa houbo tempos mellores para este post.


Pois é. Este fío está morto.

Avatar de Usuario
Bonder
Mensajes: 18243
Registrado: 14 Jun 2009, 12:59
Ubicación: Grecia, Roma, el cristianismo y Europa.

Re: :: Post en galego ::

por Bonder » 28 Abr 2017, 17:44

Dende cando estar morto na Galiza é un problema? Non o é nin para votar.

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 28 Abr 2017, 17:46

Votan os mortos e a rapazada que está fóra do país a bater nas moscas. Aínda por riba de mel, filloas.

nabosky
Mensajes: 16768
Registrado: 25 Oct 2004, 11:21
Ubicación: Living on a dream. Sen tempo non era

Re: :: Post en galego ::

por nabosky » 29 Abr 2017, 13:49

Mentras haxa desto... Seguiremos vivosImagen

Enviado desde mi MI 4LTE mediante Tapatalk
ImagenImagen

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 29 Abr 2017, 15:57

Sarauj, Latvija!

tululotres
Mensajes: 1502
Registrado: 07 Feb 2010, 15:21

Re: :: Post en galego ::

por tululotres » 29 Abr 2017, 17:45

Paco Le Monde escribió:Isto e tan tradicional como un festival de Jazz en San Sebastian. Viva España , carallo.


Escapáraseme esta xoia cosmopaleta do noso ilustre foreiro máis ignorante.

Paquillo comeza a caerme ben, que carallo. Sempre que o leo escarállome da risa.

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 29 Abr 2017, 17:59

tululotres escribió:
Paco Le Monde escribió:Isto e tan tradicional como un festival de Jazz en San Sebastian. Viva España , carallo.


Escapáraseme esta xoia cosmopaleta do noso ilustre foreiro máis ignorante.

Paquillo comeza a caerme ben, que carallo. Sempre que o leo escarállome da risa.


Vaites, a min tamén se me pasara. Manda carallo co paletismo.

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 29 Abr 2017, 18:28

Heidegger escribió:
tululotres escribió:
Paco Le Monde escribió:Isto e tan tradicional como un festival de Jazz en San Sebastian. Viva España , carallo.


Escapáraseme esta xoia cosmopaleta do noso ilustre foreiro máis ignorante.

Paquillo comeza a caerme ben, que carallo. Sempre que o leo escarállome da risa.


Vaites, a min tamén se me pasara. Manda carallo co paletismo.

Iso púxoo a colación dun partido da selección galega de fútbol gaélico, no seu día pasei de contestar mais é unha frase digna de aparecer nun estudo antropolóxico ou social.
Sarauj, Latvija!

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 01 May 2017, 00:55

"Sicixia", Premio ao Mellor Filme Estranxeiro no WorldFest de Houston

Imagen

Ignacio Vilar e Vía Láctea Filmes seguen a darlle boas novas ao cinema galega. A fita “Sicixia” recibiu na noite do sábado o Premio Platinum Remi Award, o máis alto recoñecemento na categoría de filme estranxeiro, no 50º World Fest de Houston.

Competía con 35 longametraxes procedentes de todo o mundo, e Sicixia, a última película dirixida por Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes, obtivo o Premio Platinum Remi Award, o máis alto recoñecemento á mellor fita estranxeira, nun dos festivais de cinema con máis sona, o World Fest de Houston.

Ignacio Vilar recolleu o galardón diante de medio cento de persoas no terceiro festival de cinema máis lonxevo dos EUA, logo do de San Francisco e New York. Trátase da 50º edición dunha cita que comezou o 21 de abril e remata este mesmo domingo, 30 de abril. Concorreron en Houston filmes dos cinco continentes e o país convidado de honra foi a China. Na tarde do domingo, o director galego presentará a proxección da longametraxe e, ao remate, o público terá a posibilidade de participar nun coloquio con el.

Vía Láctea salienta que o World Fest é “o único festival do mundo que posúe dez categorías superiores á competición e recibe anualmente unha media de 4.500 proxectos audiovisuais dos cales só ao redor dun 15% reciben un galardón”. E Sicixia, o paseo polo amor e a Costa da Morte protagonizado por Monti Castiñeiras e Marta Lado, forma parte xa da historia deste encontro internacional de cinema.
Ignacio Vilar e o seu filme en galego pasan así a formar parte dun palmarés de excepción no que figuran nomes de recoñecido prestixio internacional, como Steven Spilberg, George Lucas, os irmáns Coen, Anga Lee, Ridley Scott ou Brian de Palma.

Sicixia continúa nas próximas semanas dándose a coñecer polo mundo adiante. A sexta 12 de maio estrearase no Cinema Maldà de Barcelona, onde permanecerá en cartel, nun pase diario, até a quinta 18 de maio, coincidindo coa semana das Letras Galegas.




Sarauj, Latvija!

tululotres
Mensajes: 1502
Registrado: 07 Feb 2010, 15:21

Re: :: Post en galego ::

por tululotres » 01 May 2017, 03:19

Nota mental:

Non tomar nunca en serio o Worldfest de Houston

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 01 May 2017, 08:09

Ignacio Vilar é o Spielberg galego, jeiter.
Sarauj, Latvija!

steamroller
Mensajes: 7441
Registrado: 03 Ene 2011, 17:01

Re: :: Post en galego ::

por steamroller » 02 May 2017, 12:11

¿Probáchedes ista ca receita tradicional?¿Que vos pareceu?

Imagen

Un pouca cara (0.80 / botella en super) pero moi moi rica.

vikras
Mensajes: 4483
Registrado: 25 Ago 2009, 23:20

Re: :: Post en galego ::

por vikras » 12 May 2017, 14:45

Bueno rapaces, pois Villar-Mir acaba de poñer o ultimo cravo no ataude da Costa da Morte. Falta por saber se Feijoo lle vai prestar o martelo. Ten toda a pinta de que si:

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 17 May 2017, 09:41

No día das letras galegas, un desexo: que un que eu me sei aprenda a colocación dos pronomes dunha vez.

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 17 May 2017, 15:32

:mrgreen:
Sarauj, Latvija!

Avatar de Usuario
TimRiggins
Mensajes: 16749
Registrado: 21 Jun 2011, 20:33

Re: :: Post en galego ::

por TimRiggins » 17 May 2017, 16:48

Ante o Real Madrid, gran homenaxe ás "Letras Galegas"

Imagen


17 de maio, unha das grandes datas do calendario galego. Este mércores é o "Día das Letras Galegas", unha celebración que desde 1963 homenaxea a unha figura relevante da literatura en galego e que este ano está dedicada ao escritor ourensán Carlos Casares.

Coincide esta festividade coa disputa do partido aprazado ante o Real Madrid, en Balaídos, encontro que o RC Celta aproveitará para render o seu particular tributo á literatura galega. Os xogadores celestes lucirán nas mangas das súas camisetas un parche conmemorativo do "Día das Letras Galegas 2017", deseñado especialmente para a ocasión. Ademais, o once inicial saltará ao campo cunhas camisetas nas que cada xogador homenaxeará a un autor, pezas ornamentadas coa bandeira de Galicia e o nome do escritor ou escritora coa tipografía de Castelao.

A celebración das "Letras Galegas" en Balaídos redondearase a través da megafonía. Á hora de anunciar a aliñación, o 'speaker' acompañará o nome de cada xogador participante no encontro coa mención a un autor ou autora galegos. Finalmente, e tras soar o himno do RC Celta, os futbolistas saltarán ao campo co Himno de Galicia.
Imagen

nabosky
Mensajes: 16768
Registrado: 25 Oct 2004, 11:21
Ubicación: Living on a dream. Sen tempo non era

Re: :: Post en galego ::

por nabosky » 17 May 2017, 17:55

Mencionarán a Marta Rivera de la Cruz, supoño...

Imagen

Enviado desde mi MI 4LTE mediante Tapatalk
ImagenImagen

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 17 May 2017, 18:01

Aí está o truco. Que veñan os do Celta a dicir non-sei-que sobre a galeguidade, cando o uso do galego nin o cheiran ao longo de todo o ano, antóllaseme máis que rexeitable.

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8236
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 17 May 2017, 20:54

Heidegger escribió:Aí está o truco. Que veñan os do Celta a dicir non-sei-que sobre a galeguidade, cando o uso do galego nin o cheiran ao longo de todo o ano, antóllaseme máis que rexeitable.

Iso non é certo, institucionalmente usan o galego, en Balaídos só en galego, as comunicacións aos socios só en galego, a conta oficial de twitter é en galego e puntualmente en castelán as campañas de publicidade son en galego, a páxina web en galego, castelán e inglés.
Sarauj, Latvija!

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 3 invitados

Fecha actual 23 Abr 2024, 06:14