por Eru Ilúvatar »
13 Ago 2018, 09:03
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/s ... 71357.html
266 persoas feridas, 5 deles graves, ao ceder parte do paseo marítimo de Vigo no Marisquiño
A gran concentración de público sinalada como a posíbel causa do derrubo, que tivo lugar durante o concerto de Rels B. Desde a súa construción na década dos 90, este paseo era motivo de fricción entre concello e porto por quen era responsábel do seu mantemento.
Parte da pasarela de madeira das Avenidas, no porto de Vigo, derrubouse na pasada medianoite provocando que ducias de persoas caesen ao mar. Miles de persoas agrupábanse na zona para gozar do concerto do Marisquiño, no que ía actuar Rels B. Esa gran afluencia sinálase como posíbel causa do derrubo.
Son 266 as persoas feridas, 5 delas graves -2 menores de idade-. Vivíronse momentos de gran tensión e de caos, mais as autoridades desbotan que haxa desaparecidas. Os bombeiros empregaron cámaras térmcas baixo as augas para localizar calquera posíbel desaparecido.
A parte da plataforma que cedeu é de madeira e ten uns 30 metros de longo por 10 de ancho. Era desde hai anos motivo de fricción entre Concello de Vigo Autoridade Portuaria por causa de quen era responsábel do seu mantemento.
López Veiga, presidente da Autoridade Portuaria, declarou a emisoras de adio que "é difícil dicir que pasou. É un erro da estrutura, haberá que ver o que aconteceu. É unha zona complicada, con competencias de 3 administracións"
Ben, só hai cinco feridos graves que están ingresados nos diferentes hospitais da provincia mais xa dixeron os resposabéis médicos nos medios que as súas vidas non están en perigo.
Sarauj, Latvija!