por JohnElGrande »
15 Jul 2018, 21:12
asirafa escribió:asirafa escribió:JohnElGrande escribió:
Os bases serán o titular, despois Uriz e, cando sexa posible Díaz. Isto dará unha idea do nivel de esixencia en ACB: Díaz foi un base top en LEB que chegou á final dun play-off polo ascenso dirixindo ó seu equipo, non de suplente para momentos puntuais. Pois un xogador así vai ser terceiro base en ACB. Hai que pensar nisto.
Por moito que me pese, Don Natxo ten razón: entre Lofberg, Quintela e Stainbrook, o menos malo é Lofberg. O menos malo, repito.
Diaz no lo hizo mejor que Sabat, Bassas, Rupnik, Dani Perez o Costa en Oro y mira lo que les cuesta a estos dar un buen nivel acb. A mi de Diaz me preocupa su actitud cuando vea que va a tener que dejarse la piel para poder dar un mínimo de nivel y su cabeza cuando vengan mal dadas.
Y si decides tener a Diaz y Uriz pues vale, negocias con Quintela una cesión y el chaval es muy probable que la acepte. Pero que luego resulte que renuevan a Löfberg, pues es un jarro de agua fría, porque yo al menos lo que espero es que hagan esos movimientos para traer dos escoltas de cierto nivel y un alero de buen nivel, quedando Arco de cuarto exterior, porque a pesar de su talento ofensivo y de su experiencia, vimos como su defensa hacía aguas ante jugadores de nivel medio Oro y como le costaba mucho hacer daño a defensores Oro. Y Diaz como escolta pues es cierto que no tiene mala mano, pero en ACB no sé si te dejarán tirar con los dos pies en el suelo y a la velocidad que arma el tiro Diaz.
En todos os casos estamos a falar de xogadores xa feitos e bastante completos, aínda que a min Sabat ou Dani Pérez tampouco me parecerían grande cousa no meu equipo de ACB; suplentes decentiños como moito, e Bassas ou Rupnik aínda teñen unha irregularidade natural. Díaz ten potencial nese sentido, pero carece de experiencia na categoría, por iso é normal que vaia como terceiro base. E se ó final non rendira e houbera que desprenderse del, que non creo, non quedaría coxa ningunha liña, porque o peso da de bases caerá no titular e en Uriz.
Lofberg é un aleiro, non ten que ver cos escoltas nin cos bases. Como dixen, se decidiron renovalo será porque lles sae máis barato ca fichar dous aleiros. A min tampouco me convence, como non me convence ter a Arco, pero era moi previsible que se acabara facendo. Don Natxo avisou cincuenta e sete millóns de veces: renovar case todo o que dea un mínimo nivel e fichar catro cousiñas.
De Quintela non teño moito máis que dicir do que xa dixen. Contan del que é un rapaz con moito sentidiño, polo que non dubido que sabe que o mellor para a súa carreira é seguir en LEB, reconvertirse a base, asumir galóns, mellorar técnica, táctica e lanzamento (un pouco se é base, un moito se quere seguir sendo escolta, porque con ese tamaño en ACB necesitaría ser un metralleta) e volver. Díaz vai debutar en ACB con 26 anos e non se acabou o mundo. Cada cousa ó seu tempo.