por JohnElGrande »
26 May 2017, 23:29
Pois, como deixara dito, tempada finiquitada. Con boa imaxe, polo menos, pero coa mesma impotencia. As arbitraxes? Vale. Pero, sobre todo, a nosa falta de intelixencia. Edito: unido a que estabamos reventadiños.
Eu, para a tempada que vén, de regalo de Reis anticipado, quero xente dura e intelixente. Só iso.
Por outra banda, con isto todos gañan excepto nós:
-gaña FEB: quedan en LEB con equipos e afeccións coma a nosa, Burgos, Palencia...
-e gaña ACB: liga de 16 e ninguén sube.
Agora, o que importa de aquí en adiante: a xunta de dentro dun mes.