por JohnElGrande »
19 Jun 2018, 20:03
asirafa escribió:JohnElGrande escribió:GeloMetal escribió:
Poco se le va a ver con dos aleros por delante. O mucho se tuercen los planes o así va a ser.
É que un equipo con Arco, Quintela, Lofberg e incluso Emir en ACB sería un coladeiro. Xa poden traer xente intensa en defensa para tirar do carro.
Home Quintela cun rol de debutante ACB para sair e dalo todo en defensa, creo que xa amosou que pode ser un bo defensor de escoltas ou incluso bases, no resto estou dacordo, incluso Diaz en moitos momentos desconecta e defende coa mirada, algo que en Acb non se vai poder permitir.
Quería dicir Díaz, de feito. A Quintela, dado o que se leva dito (proxecto de Lezkano con 3 bases e Arco cun posto garantido como escolta), non lle vexo sitio. Único que se cambie de rumbo e vaiamos a 2 bases con 3 escoltas, que aí entraría, pero como cupo, sen minutos apenas. Explico por que, aínda que xa falei diso onte, co dos especialistas defensivos en ACB:
-Quintela é un 11 sobre 10 en actitude, na categoría que lle boten. Pero carece de físico para ACB, na que os escoltas de menos de 1,90 son ofensivos, e el non ten tampouco tanto tiro exterior. E como queira penetrar, chapa en 0,5 segundos.
-Tampouco é polivalente, a diferencia dos especialistas defensivos ACB. Sería só un 2, e débil.
-A súa posición natural en ACB é a de base, por tamaño. Para iso,tería que estar un par de anos en LEB ou categoría semellante xogando nesa posición. Puido ter sido suplente de Uriz e ir aprendendo del este ano, pero mandaban os obxectivos.
-Un ano en ACB frearía a súa progresión. Ten que pensar na súa carreira. Esperar, mellorar, reconvertirse e volver.
Non o coñezo de nada, pero dígoo por ben del.