matedetres escribió:Algúns non vivimos en Santiago ou estábamos no traballo. Non pode ser que en pleno século XXI a solución sexa ter que ir á oficina.Galizaceive escribió:Pois eu optei polo de ir polas oficinas. Vale que tiven que ir alí, pero en dous minutos finiquitado. O da páxina xa o vía vir.
Claro, claro. Pero como a min me pilla aquí xa me curei en saúde. Probei onte a entrar na páxina e xa vin que tiña problemas co usuario, etc, etc. Así que dixen "Se hoxe xa está así o conto, non quero nin pensar mañá cando abra a veda". Solución? Facer o de toda a vida. Sabía que se hoxe me poñía na casa, acabaría mosca e indo polo sitio, polo tanto atallei e aforrei un cabreo.
Xa o comentei hai días: que me poñía a venda antes cá ferida. Agora, tampouco era necesario agardar á víspera. Se hai un par de semanas se puidese ir xestionando o asunto, agora mesmo igual non había este lío. Ou si
De tódolos xeitos eu confío en que todos os que queiramos ir acabaremos indo. E por suposto agardo que para o segundo partido xa non haxa este problema. Mención especial para a Xunta e á súa non contestación (polo menos ata o día de hoxe) á petición do clube. Manda carallo.