Se me permitides un pouco de spam, pero bastante ao caso, aproveito para avisarvos de que comecei unha campaña para conseguir a publicación da miña primeira novela, na que non sendo o tema principal, o basket, e en particular, o Obradoiro, si que son unha parte importante da trama.
Así que se algún de vós vos apetece lela, agradecería que a apoiárades en Indiegogo ou que , cando menos, lle désedes difusión ao link.
https://igg.me/at/o-coala/x/6788997
Póñovos un par de parágrafos, para que vexades o estilo e que non me invento o da temática Obradoirista
"Avanzado o terceiro cuarto, co Obradoiro mandando por apenas tres puntos, o home duns 50 anos que se sentaba á miña esquerda e máis eu comezamos a charlar como se fósemos vellos amigos. Eu facía comentarios do estilo de "vamos!" ou "hoxe gañamos!" para que non se me notase moito que era debutante. El ía algo máis lonxe. Opinaba que "Corbacho hoxe está inspirado" ou "mágoa que Oriol non teña dez anos menos!" e os dous asentiamos para mostrar complicidade e, de paso, camuflar a nosa respectiva falla de coñecementos tácticos."
" - Camiño do Multiusos, let´s go Obra!
Bruno prometera manterme informado de todo o que sucedese no Fontes do Sar. A tempada do Obradoiro estaba a resultar case triunfal. 13 vitorias e 16 derrotas, catro vitorias por riba dos postos de descenso e a só dúas do oitavo posto que permitía disputar os play-off polo título. Se gañabamos esa mañá a Murcia asegurariamos matematicamente o obxectivo da permanencia. Ademais, quedarían aínda catro encontros para soñar con rematar a Liga Regular oitavos e con enfrontarnos, ao mellor de tres encontros, co Real Madrid.
Lizzy comezou a sentir as primeiras contraccións cara as oito e cuarto. Dende a cociña escoitei como chamaba por min."
E, de novo, pido desculpas se a alguén lle molesta o contido do post.
Saúdos