por lovelesss »
19 Sep 2011, 01:18
Outro que sae moi pesimista coa imaxe do equipo, con esa zona non imos a case ningures, creo que mesmo algún dos interiores nas pachangas obradoiristas faría algo frente a Cabanas e Junyent hoxe. Ao final Oriol celebrou o título regalando o recordo, esperemos que reflexione. Joer Cabanas, un pouco de sangue!
Lasme non estivo mal... pero tampouco ben. Agardo que aporte máis e que lle bote máis huevos contra o seu par.
Milt e Ere máis que ben, aínda que nos momentos quentes o "balóns a Ere" semellaba o sistema "pasársela a Will", resulta curioso que con Corby en boa posición, e hoxe non estivo mal, non lla pasaron nun par de ocasións neses últimos minutos.
Por certo, Milt tamén ten que ter coidado porque as veces perde algúns balóns que...
Tuky poucos minutos, cumplindo o expediente sen alardes, cando semellaba que pasaba desapercibido deu un par de pasos adiante.
Nguema estivo reguleiro, non foi nin de lonxe dos peores, pero creo que coincidiron os seus minutos en pista coas reaccións ourensanistas.
Deron deixoume satisfeito. Está claro que non estivo ao cento por cento fisicamente, saíu dende o banquillo e inmediatamente baixou o cú e púxose de can de presa defensivo. Non se tirou pedradas.
O Cob, por actitude, sentido do xogo e clarividencia mereceu gañar. A ver se suben a LEB. A entrada foi reguleira, seguro que se empezasen de mutuo acordo o encontro antes iríalle mellor á organización, igual que se o speaker tivese menos afán de protagonista.
PD: Moncho, tes que rachar un par de pizarras!