por Mari Scada »
22 Mar 2018, 18:12
Está animada a Liga LEB Ouro. Semellaba que o Breogán tíñao feito pero non, vai perdendo gas e como se descoide moito vai ser sobrepasado por Manresa ou Prat. Claro que vendo o nivelón no que o pechacancelas lle gaña ao líder, o Clavijo derrota aos lucenses, etcétera, etcétera, todo pode pasar. Sen querer resultar pesada co tema, pero qué baixada de calidade tan grande pegou esta competición, onde ata a plantilla do Breogán (a quen lle desexo de todo corazón o anceiado ascenso, xa toca derbi para o ano) está a anos luz da que tiña no ano 2011 sen ir máis lonxe Betinho, Feldeine, Forcada, Arteaga, casi nada, con esta plantilla podería estar competindo hoxendía en ACB sen maiores complicacións.
O caso é que os recén ascendidos, Guipúzcoa e Burgos, mantendo a base das plantillas, están a competir e a facelo realmente ben, así que algo pasa que se me escapa. Aínda a día de hoxe non entendo cómo coa plantilla que ten o equipo donostiarra esté aí con 9 victorias. Parabéns para Fisac e para o corpo técnico e xogadores dese equipo, non se pode facer máis con menos.