Mismamente a temporada pasada tivemos unha xeira terrible despois de darlle aire ao Betis que levaba 10 derrotas consecutivas, cando todo o mundo xa estaba reservando abono para o Copa do Rei. Logo gañouse a trancas e barrancas a Murcia e Joventut e respiramos. Por non falar do ano de MacConnell, cun equipo feito para aspirar a algo máis que evitar o descenso pero no que a lesión de Corbacho e os problemas físicos de Urtasun fixeron estragos. E xa por concluir a temporada de MacGrath, Alec Brown e Tyler Haws, cunha serie de derrotas terrible, creo que peor aínda que a temporada de Curro Segura.Antón escribió:Por ahora; que yo recuerdo temporadas de estar dos meses sin ganar, y no es poner el carro antes que los bueyes, es que es así; ¿qué estamos en el muy buen camino?, sin duda, pero aún hay tela que cortar, yo sigo mirando la distancia al descenso, de hecho no sé a cuantos partidos estamos del octavo, y repito que creo que tenemos más equipo de lo que nosotros mismos creemos.
En fin, con isto quero dicir igual que Antón que eu non me fío de ninguén, nin sequera do Araberri. E as boas dinámicas poden torcerse con algún lesionado, fichaxes á desesperada dos contrarios, etcétera. Falando diso, hai que ver o grande rendemente de Dominique Sutton no Burgos e de Zielsloft no Delteco.