Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.
Moderadores: tiko5, hastrakan, der König81

Mari Scada
Mensajes: 490
Registrado: 30 Ene 2017, 18:36

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Mari Scada » 28 May 2018, 11:17

Pois Manresa sen grandes alardes pero 3-0 contra o Palencia e á gran final cun Nacho Martín que parece renacido. Na outra semifinal, total igualdade 2-2 entre Prat e Melilla. Como gañe o Prat, e sexa o que venza na final, xa temos lío montado, habida conta que o equipo de Llobregat xa anunciou que non ia ascender (mudarán de opinión?), co cal nova movida na ACB, que tería que facer invitación ao penúltimo, Bilbao Basket, en concurso de acreedores e cunha situación económica e institucional que ameaza incluso coa súa propia existencia ou pola contra reducir o número de equipos a 17 como xa pretendía o ano pasado e só ao final o Betis Sevilla acadou a permanencia cautelar.
En fin, que si sube o Manresa, problema resolto. Si sube o Melilla, incertidume, e si sube o Prat, lea montada á vista.

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 29 May 2018, 12:14

Para os curiosos, prezos dos abonos dos nosos veciños de Lugo para este ano. Hai que sumarlles que posiblemente teñan dous medios días do club, e que polo tanto son cantidades a maiores que non aparecen nos prezos de inicio. Para min iso é unha engañifa e prefiro que se faga como aquí, porque xa sabemos que eses partidos seguramente serán contra Madrid e Barça, e pagando xa un abono, non vas ir a eses?... Veña, ho.

http://www.cbbreogan.com/o-presidente-d ... bonos-1718

Mari Scada
Mensajes: 490
Registrado: 30 Ene 2017, 18:36

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Mari Scada » 29 May 2018, 13:31

Galizaceive escribió:Para os curiosos, prezos dos abonos dos nosos veciños de Lugo para este ano. Hai que sumarlles que posiblemente teñan dous medios días do club, e que polo tanto son cantidades a maiores que non aparecen nos prezos de inicio. Para min iso é unha engañifa e prefiro que se faga como aquí, porque xa sabemos que eses partidos seguramente serán contra Madrid e Barça, e pagando xa un abono, non vas ir a eses?... Veña, ho.

http://www.cbbreogan.com/o-presidente-d ... bonos-1718

Home vale, en todo caso vexo que o máis caro son 300€, nada que ver cos prezos do Obradoiro. Por non falar das famosas accións que houbo que comprar no seu día para conquerir a conversión en SAD, cartos que por descontado na vida imos recuperar nin amortizar, pero bueno, tod@s o demos por ben investido por aquilo de ter un equipo na ACB e sen dependencias de cartos públicos.
Pero en canto a prezos de abonos, nada que ver entre os do Breogán e os nosos, que nos Fondos do Sar hai que pagar 250 euros, que son cartos.

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 29 May 2018, 22:42

Mari Scada escribió:

Nada que ver, ti o dixeches. E iso que aspiran a 4.000 abonados. Seguimos a ser a aldea gala en canto a carto público. E ben que me alegro, que conste :roll:

Mari Scada
Mensajes: 490
Registrado: 30 Ene 2017, 18:36

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Mari Scada » 31 May 2018, 10:22

Xa que ninguén o comenta, xa temos final na LEB, Manresa-Melilla. Lixeira ventaxa para os manresanos, pero ollo cos norteafricanos que veñen de gañar a domicilio ao coco deste ano, un grandísimo Prat.
Xa que logo, alguén pensou en Samb para ala pívot suplente no Obradoiro?. Ten boa man para o 6.75, de feito é a súa maior ameaza e garante puntos e rebotes, o que me preocupa é que leva unha chea de anos deambulando pola LEB sen asentarse (Breogán, Palencia, Melilla) e ningún clube da ACB parece fixarse nel, igual é por algo que a min se me escapa.

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 31 May 2018, 10:38

Mari Scada escribió:Xa que ninguén o comenta, xa temos final na LEB, Manresa-Melilla. Lixeira ventaxa para os manresanos, pero ollo cos norteafricanos que veñen de gañar a domicilio ao coco deste ano, un grandísimo Prat.
Xa que logo, alguén pensou en Samb para ala pívot suplente no Obradoiro?. Ten boa man para o 6.75, de feito é a súa maior ameaza e garante puntos e rebotes, o que me preocupa é que leva unha chea de anos deambulando pola LEB sen asentarse (Breogán, Palencia, Melilla) e ningún clube da ACB parece fixarse nel, igual é por algo que a min se me escapa.

Falo de memoria e igual me falla, pero coido que tamén estivo no Bilbao B. e nada de nada. Simons é un crack comparado con el.

Avatar de Usuario
txukelinok
Mensajes: 6767
Registrado: 05 Ago 2009, 16:27
Ubicación: Na polémica, sempre na polémica

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por txukelinok » 31 May 2018, 10:57

El problema de Samb es que le tiene alergia a la pintura y al contacto. Yo diría que en defensa es incluso peor que Simons, que ya es decir.
Imagen
Antes de ser escravos ¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos dende a montana ó mar.

¡Ergámonos sin medo! ¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira o pazo siñorial!

Mari Scada
Mensajes: 490
Registrado: 30 Ene 2017, 18:36

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Mari Scada » 31 May 2018, 11:30

txukelinok escribió:El problema de Samb es que le tiene alergia a la pintura y al contacto. Yo diría que en defensa es incluso peor que Simons, que ya es decir.

Pois é incomprensible coa boa planta que ten, pero bueno, por iso falaba de fichalo coma suplente do suplente.

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 31 May 2018, 14:40

Noticias sobre os nosos veciños de Lugo. Non me cadran esa subvención -se non equivoco, este ano en LEB foi superior- e os prezos dos abonos. Joder, ou son uns fenómenos coas contas ou aquí tángannos. E sí, sí, xa sei que nós non temos esas axudas públicas, pero chama a atención o tema. E mirade que aspiran a catro mil abonados, cousa que a nós -non a todos- nos parece pouca cousa no caso do Obra. E sí, sí, tamén sei que comparado cos que eramos é pouco, pero ás veces hai que mirar o que nos arrodea para valorar o que temos un pouco máis.

O importante é que parece que sí teremos derbi por fin. Vai estar chula a cousa.

https://as.com/baloncesto/2018/05/28/ac ... 13093.html

Avatar de Usuario
boinas e zocas
Mensajes: 295
Registrado: 20 Feb 2015, 14:08

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por boinas e zocas » 31 May 2018, 15:12

Galizaceive escribió:Noticias sobre os nosos veciños de Lugo. Non me cadran esa subvención -se non equivoco, este ano en LEB foi superior- e os prezos dos abonos. Joder, ou son uns fenómenos coas contas ou aquí tángannos. E sí, sí, xa sei que nós non temos esas axudas públicas, pero chama a atención o tema. E mirade que aspiran a catro mil abonados, cousa que a nós -non a todos- nos parece pouca cousa no caso do Obra. E sí, sí, tamén sei que comparado cos que eramos é pouco, pero ás veces hai que mirar o que nos arrodea para valorar o que temos un pouco máis.

O importante é que parece que sí teremos derbi por fin. Vai estar chula a cousa.

https://as.com/baloncesto/2018/05/28/ac ... 13093.html

A ver, no puedes comparar Santiago y Lugo ni demográficamente ni en cuanto a comunicaciones. Santiago está ubicada en pleno Eje Atlántico. De los 5000 abonados del Obra, evidentemente la mayoría sois de Santiago y periferia, pero también van a Sar desde Pontevedra, Carballo, Ordes...conozco gente que se desplaza incluso desde Vigo o Coruña.
En Lugo no es así; desgraciadamente estamos mal comunicados y los abonados del Breo somos exclusivamente de Lugo.

Súmale que tienes además como oferta deportiva al Ensino y al CD Lugo...y los 4000 abonados (aunque se van a superar) no están nada mal para una ciudad de 100.000 habitantes.
na costa verdescente

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 31 May 2018, 15:30

boinas e zocas escribió:

Estou totalmente de acordo contigo e o meu comentario non é ningunha crítica. En todo caso buscaba unha reflexión dos compañeiros -unha vez máis- sobre o que temos e a súa xusta valoración, empezando por valorarnos a nós mesmos, que sobradas tempadas van do noso auténtico mérito de estar aí ás duras e ás maduras. E entendo que con máis "competencia" da que nós temos aquí -desgraciadamente para Santiago-, o Breo debe afinar máis cos prezos, pero polo mesmo tamén asume un maior risco de ter un presuposto xustiño e ter que fiar fino (ollo, que o GBC amosou este ano que tamén se pode bordar). Pero insisto, busco a reflexión e a opinión, máis nada.

Pero vaia por diante a satisfacción de que por fin o baloncesto galego volva ter un derbi na máxima categoría. Saúdos.

Mari Scada
Mensajes: 490
Registrado: 30 Ene 2017, 18:36

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Mari Scada » 31 May 2018, 17:00

boinas e zocas escribió:
Galizaceive escribió:Noticias sobre os nosos veciños de Lugo. Non me cadran esa subvención -se non equivoco, este ano en LEB foi superior- e os prezos dos abonos. Joder, ou son uns fenómenos coas contas ou aquí tángannos. E sí, sí, xa sei que nós non temos esas axudas públicas, pero chama a atención o tema. E mirade que aspiran a catro mil abonados, cousa que a nós -non a todos- nos parece pouca cousa no caso do Obra. E sí, sí, tamén sei que comparado cos que eramos é pouco, pero ás veces hai que mirar o que nos arrodea para valorar o que temos un pouco máis.

O importante é que parece que sí teremos derbi por fin. Vai estar chula a cousa.

https://as.com/baloncesto/2018/05/28/ac ... 13093.html

A ver, no puedes comparar Santiago y Lugo ni demográficamente ni en cuanto a comunicaciones. Santiago está ubicada en pleno Eje Atlántico. De los 5000 abonados del Obra, evidentemente la mayoría sois de Santiago y periferia, pero también van a Sar desde Pontevedra, Carballo, Ordes...conozco gente que se desplaza incluso desde Vigo o Coruña.
En Lugo no es así; desgraciadamente estamos mal comunicados y los abonados del Breo somos exclusivamente de Lugo.

Súmale que tienes además como oferta deportiva al Ensino y al CD Lugo...y los 4000 abonados (aunque se van a superar) no están nada mal para una ciudad de 100.000 habitantes.

É unha pasada, niso hai que descubrirse coa fidelidade que arrastrades. Incluso diría que hai menos asistente ao "fubol" no Anxo Carro.

Antón
Mensajes: 14289
Registrado: 13 Sep 2005, 19:28
Ubicación: SCQ/O Milladoiro

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Antón » 31 May 2018, 19:02

É que ao Anxo Carro van tres mil e pico; respecto do que comenta o amigo lugués, é certo; a unha hora de Santiago vivimos dous millós de personas, eso fai que sea doado achegarse; eu teño un viciño de bancada que é de Valdoviño por exemplo.
festivalfeitoaman.gal

Gonder
Mensajes: 768
Registrado: 19 Mar 2018, 19:38

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Gonder » 01 Jun 2018, 18:33

Me ha llamado la atención que Salva Maldonado no seguirá entrenando a Estudiantes. Se suma a que Fisac no sigue en Gipuzkoa, Plaza tampoco en Unicaja, Katsikaris parece que tampoco lo hará en Tenerife, ni Casimiro en Gran Ganaria, el Ché no sigue en Fuenlabrada, Cargol tampoco en Zaragoza... Banquillos asegurados a día de hoy en ACB aparte del Obra me salen Laso en el Madrid, supongo que Pedro Martínez en Baskonia, veremos si Peñarroya en Andorra, Diego Epifanio en Burgos y Durán en Joventut que llegó hace pocos meses.

Menudo baile va a haber en los banquillos ACB este verano.

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 01 Jun 2018, 21:35

Gonder escribió:Me ha llamado la atención que Salva Maldonado no seguirá entrenando a Estudiantes. Se suma a que Fisac no sigue en Gipuzkoa, Plaza tampoco en Unicaja, Katsikaris parece que tampoco lo hará en Tenerife, ni Casimiro en Gran Ganaria, el Ché no sigue en Fuenlabrada, Cargol tampoco en Zaragoza... Banquillos asegurados a día de hoy en ACB aparte del Obra me salen Laso en el Madrid, supongo que Pedro Martínez en Baskonia, veremos si Peñarroya en Andorra, Diego Epifanio en Burgos y Durán en Joventut que llegó hace pocos meses.

Menudo baile va a haber en los banquillos ACB este verano.

O de Moncho pode empezar a ser algo raro mesmo en Europa (falo das ligas importantes) :roll:

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 02 Jun 2018, 00:23

Primeira vitoria do Manresa na final da LEB, con prórroga incluída. Está claro que este ano están por amolar corazóns...

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 03 Jun 2018, 12:24

A FEB cambia o vindeiro ano o sistema de competición para decidir o segundo equipo que ascenda á ACB: haberá final a catro. De seguro que terá tantos afins coma detractores.

http://www.marca.com/baloncesto/basketf ... b45ea.html

Gessler40
Mensajes: 250
Registrado: 07 Jul 2017, 00:23

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Gessler40 » 03 Jun 2018, 13:00

Yo creo que lo mejor sería una liga de 16 con uno sólo ascenso sin PO. No era esa la idea?

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 04 Jun 2018, 00:07

Gessler40 escribió:Yo creo que lo mejor sería una liga de 16 con uno sólo ascenso sin PO. No era esa la idea?

Era, e mesmo se falou dunha de catorce. Pero tranquilo que irán improvisando polo camiño. Se é que o país é o que é... :roll:

Galizaceive
Mensajes: 8761
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 07 Jun 2018, 11:49

Bueno, se non recordo mal nós conseguímolo a falta de horas... Iso sí, ata que non está entendo a inquedanza. :roll:

Los plazos aprietan al Breogán

Quedan ocho días para que se cumpla el tiempo fijado por la ACB sobre los requisitos de entrada y todavía falta el aval

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/d ... 333261.htm

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 1 invitado

Fecha actual 21 Nov 2018, 21:19