Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.
Moderadores: tiko5, hastrakan, der König81

Galizaceive
Mensajes: 10459
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 17 May 2019, 11:29

Mañá pola tarde supoño que seremos moitos obradoiristas os que esteamos pendentes dos partidos de Murcia e Breo, e como non, tamén o domingo agardando un triunfo do Barça. Xornada quente, vaia.

Avatar de Usuario
Todor Lazic
Mensajes: 2349
Registrado: 03 Jul 2013, 21:17
Ubicación: Santiago

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Todor Lazic » 18 May 2019, 01:48

Este venres 17 de maio cumpríronse 25 anos da última temporada do Oar Ferrol na ACB. O descenso foi administrativo, non deportivo. Non se deu reunido un aval duns corenta millóns de pesetas que a Liga pedía como garantía para seguir.

Galizaceive
Mensajes: 10459
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 18 May 2019, 05:51

Todor Lazic escribió:Este venres 17 de maio cumpríronse 25 anos da última temporada do Oar Ferrol na ACB. O descenso foi administrativo, non deportivo. Non se deu reunido un aval duns corenta millóns de pesetas que a Liga pedía como garantía para seguir.


Manda carallo, corenta millóns de pesetas hai vintecinco anos aínda eran moita pasta. O equivalente en euros hoxe soaría mesmo ridículo para unha competición como esta... Que coño lle pasou a este país?.... :roll:

Por certo, unha maldade... Se o Madrid deixase a ACB, agora mesmo xa non tería nada máis por xogar, non?.. Sería o que se di un "ano en branco"... :demonio:

El CSKA apea al Madrid y se jugará la corona continental contra el Efes

El ex de los blancos Sergio Rodríguez, decisivo para la victoria de los rusos

https://www.elcorreogallego.es/deportes ... a-1183579/

Avatar de Usuario
wazousky
Mensajes: 1839
Registrado: 15 Jun 2011, 19:27
Ubicación: Cerca de Sar

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por wazousky » 18 May 2019, 22:30

A can fraco...o Breo xogando ben en Andorra pero de máis a menos, remóntanlle o partido e acaba palmando de 7. Futuro negro o dos amig@s lugueses.
Imagen

Antón
Mensajes: 15862
Registrado: 13 Sep 2005, 19:28
Ubicación: SCQ/O Milladoiro

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Antón » 18 May 2019, 22:33

Unha mágoa o do breo; deron a cara ata o final. Xa vemos o dificilisimo que é manterse.
O andorra gañou por rafa luz, viaselle motivadisimo
http://santiagodecompostela.gal/
https://www.concellodeames.gal/

Galizaceive
Mensajes: 10459
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 23 May 2019, 09:01

Gañou Baskonia ao Joventut, e coido que nos ben estupendamente para que estes saian a por todas o domingo...

Avatar de Usuario
mundografico
Mensajes: 223
Registrado: 08 Nov 2009, 18:46
Ubicación: Santiago de Compontelas como puedas

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por mundografico » 23 May 2019, 10:18

Galizaceive escribió:Gañou Baskonia ao Joventut, e coido que nos ben estupendamente para que estes saian a por todas o domingo...
É certo que a derrota do Joventut veunos moi ben, sigo pensando que vamos a salvar a categoría gracias o traballo do Joventut ou do Madrid, xa que nos temos un bloqueo mental ou doutra cousa que non atino a entender, que non é normal. Aínda así, creo que ahora non corresponde pero a partir do luns teremos moitas cousas que analizar, para empezar ¿porqué despois do penúltimo partido na casa se organiza para o domingo seguinte unha QUEDADA, e o deste domingo contra o Barça que é a derradeira opción non se organiza nada?.
FORZA OBRADOIRO....
[img]https://marketingok.es/obradoiro.jpg[/img]

Avatar de Usuario
lovelesss
Mensajes: 1892
Registrado: 26 Ago 2010, 14:25

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por lovelesss » 24 May 2019, 14:30

Estamos en campaña electoral, e como promesa hai que tomala, aínda que en vez de conta do PP usan a da Deputación

Baltar garante que se o COB ascende á ACB a Deputación de Ourense achegará o 50 % da contía necesaria para ascender e o 50 % do orzamento da tempada 2019-2020 na ACB

http://www.depourense.es/index.php/actu ... 020-na-acb
Imagen

Antón
Mensajes: 15862
Registrado: 13 Sep 2005, 19:28
Ubicación: SCQ/O Milladoiro

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Antón » 24 May 2019, 15:32

Pero non quedaramos que esas cousas non se podían facer?, a figura das diputacións é incríble, organos creados para dar servizos aos concellos que non poden chegar a eles, e na realidade son órganos de colocación de colegas (sei do que falo) e de potenciar as capitais das provincias correspondentes. Noxento.
http://santiagodecompostela.gal/
https://www.concellodeames.gal/

Avatar de Usuario
Todor Lazic
Mensajes: 2349
Registrado: 03 Jul 2013, 21:17
Ubicación: Santiago

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Todor Lazic » 24 May 2019, 16:43

Antón escribió:Pero non quedaramos que esas cousas non se podían facer?, a figura das diputacións é incríble, organos creados para dar servizos aos concellos que non poden chegar a eles, e na realidade son órganos de colocación de colegas (sei do que falo) e de potenciar as capitais das provincias correspondentes. Noxento.



Home, benvido ao clube, porque ás veces síntome coma un eremita. O noxento é que nunha provincia con 92 concellos, a meirande parte deles sin chegar aos 5000 habitantes nin de lonxe, cun medio rural que cubre máis do 95% do seu territorio, os alcaldes de todos eles (incluidos os 57 do PP) teñan que soportar noticias coma ésta e tentar bosquexar un sorriso agora que estamos nas eleccións........Terrible.


Saúdos.

Gessler40
Mensajes: 434
Registrado: 07 Jul 2017, 00:23

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Gessler40 » 24 May 2019, 17:07

lovelesss escribió:Estamos en campaña electoral, e como promesa hai que tomala, aínda que en vez de conta do PP usan a da Deputación

Baltar garante que se o COB ascende á ACB a Deputación de Ourense achegará o 50 % da contía necesaria para ascender e o 50 % do orzamento da tempada 2019-2020 na ACB

http://www.depourense.es/index.php/actu ... 020-na-acb

Vergonzoso.

Antón
Mensajes: 15862
Registrado: 13 Sep 2005, 19:28
Ubicación: SCQ/O Milladoiro

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Antón » 24 May 2019, 17:08

Pois sería porque non saíu o tema, porque che aseguro que é unha cousa que me encende bastante, como facer que unha boa idea como crear unha administración que de servizos a concellos que polo que sexa non tiñan posibilidade de chegar a eles, transformase nun órgano clientelar (e da igual o partido).
http://santiagodecompostela.gal/
https://www.concellodeames.gal/

Mari Scada
Mensajes: 714
Registrado: 30 Ene 2017, 18:36

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Mari Scada » 27 May 2019, 19:30

Diego Epifanio non continuará no Burgos
https://encestando.es/las-ultimas-horas ... ntrenador/
Seica eran o 8º orzamento da categoría e aspiraban a algo máis que quedar con 15 vitorias, e ollo que a plantilla que lles quedou ao final non era moco de pavo, tras cortar a Jaramaz, Kratsov e Radoncic e trala "fuga" ao Kaunas de Thompson, van e fichan a Benite, Lima, Zipser e Dominic Sutton. Casi nada.
Cada ano temos que loitar por reinventarnos e con equipos que xa deixan a parcela de loitar pola permanencia. Este ano Manresa deu un par de pasos e xogará playoff e non foi cun grande presuposto. Andorra xa fai tempo que está instalado na clase media/alta da liga, e agora Burgos. A ver qué pasa con Betis e o outro equipo que suba (oxalá sexa Ourense), pero repito, para nós a permanencia un ano máis na ACB é un título inapreciable.

Galizaceive
Mensajes: 10459
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 27 May 2019, 21:20

Mari Scada escribió:Diego Epifanio non continuará no Burgos
https://encestando.es/las-ultimas-horas ... ntrenador/
Seica eran o 8º orzamento da categoría e aspiraban a algo máis que quedar con 15 vitorias, e ollo que a plantilla que lles quedou ao final non era moco de pavo, tras cortar a Jaramaz, Kratsov e Radoncic e trala "fuga" ao Kaunas de Thompson, van e fichan a Benite, Lima, Zipser e Dominic Sutton. Casi nada.
Cada ano temos que loitar por reinventarnos e con equipos que xa deixan a parcela de loitar pola permanencia. Este ano Manresa deu un par de pasos e xogará playoff e non foi cun grande presuposto. Andorra xa fai tempo que está instalado na clase media/alta da liga, e agora Burgos. A ver qué pasa con Betis e o outro equipo que suba (oxalá sexa Ourense), pero repito, para nós a permanencia un ano máis na ACB é un título inapreciable.


Persoalmente sigo a pensar que en Burgos queren correr moito e de contado. Outros parecidos houbo hai anos e xa sabemos como acabaron. Entendo que foron anos quedando ás portas de subir e agora hai pasta e subidón lóxico, que en dous anos non se enfría, pero non sei eu se non van moi a correr... :roll:

Galizaceive
Mensajes: 10459
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 03 Jun 2019, 18:04

Alguén dalle valor a este titular?... :roll:

https://bilbaobasket.elcorreo.com/80000 ... 49-nt.html

Avatar de Usuario
OARFOREVER
Mensajes: 7143
Registrado: 28 Ago 2010, 19:10

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por OARFOREVER » 03 Jun 2019, 19:51

Galizaceive escribió:Alguén dalle valor a este titular?... :roll:

https://bilbaobasket.elcorreo.com/80000 ... 49-nt.html



Muy poco...
2006.- ESP.
2010.- USA
2014 - USA
2019 - ESP.

España. Mas de 20 años de alegrias. Since 1998. Gracias a todos los que lo habeis hecho posible.

Galizaceive
Mensajes: 10459
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 05 Jun 2019, 10:57

Rumoroloxía de movementos noutros equipos da ACB...

https://www.solobasket.com/liga-endesa/ ... ah-andorra

Antón
Mensajes: 15862
Registrado: 13 Sep 2005, 19:28
Ubicación: SCQ/O Milladoiro

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Antón » 12 Jun 2019, 15:57

Envexa da ver os bloqueos que agora non son falta de Pustovyi
http://santiagodecompostela.gal/
https://www.concellodeames.gal/

Avatar de Usuario
Todor Lazic
Mensajes: 2349
Registrado: 03 Jul 2013, 21:17
Ubicación: Santiago

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Todor Lazic » 12 Jun 2019, 16:52

Antón escribió:Envexa da ver os bloqueos que agora non son falta de Pustovyi

:lol: :lol: :lol: :lol:

A frase da semana no foro do Obra.

E ollo ás saídas en flash defensivo....tampouco son falta. :todos a botar:

Galizaceive
Mensajes: 10459
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Parrochas, churrasco e pelos no peito!

Re: Actualidad del resto de equipos ACB, FEB o FIBA.

por Galizaceive » 12 Jun 2019, 17:12

Todor Lazic escribió:
Antón escribió:Envexa da ver os bloqueos que agora non son falta de Pustovyi

:lol: :lol: :lol: :lol:

A frase da semana no foro do Obra.

E ollo ás saídas en flash defensivo....tampouco son falta. :todos a botar:


Xa o dixera Moncho non hai moito nun tempo morto. Era algo así como "tranquilo, que eso ya te lo pitarán -neste caso, o contrario- cuando lleves su camiseta" :mrgreen: Cosas veredes... :oops:

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 8 invitados

Fecha actual 06 Jul 2020, 22:35