por Mari Scada »
03 Oct 2017, 11:24
Todos fixestes uns análises moi axeitados, nada que engadir. Si acaso comentar
Cousas que non me gustaron
-A ansiedade de Corbacho por tirar triples. Ao final do partido a súa faciana máis que de celebración parecía de derrota. Non fixo un bó partido, pero hai que pensar no conxunto e non no individual. Ben por él por ser tan autoesixente, pero debe pensar que hai outras opcións aparte del.
-O terceiro cuarto do equipo. Horrible por completo. De ter máis acerto o Zaragoza, agora mesmo falaríamos de derrota bastante clara.
-Sábat. Vale, boas estatísticas e era o primeiro partido pero diante tiña a Bellas e Sergi García. Non me transmitiu confianza, pero hai que darlle tempo, igual pasaba o ano pasado con MacConell e acabou en modo MVP.
-David Navarro. Lembroume a Santi Yusta, vertical e de cara ao aro, pero moitas veces a xogada rematando en perda ou balón para o rival. Igual que Sábat, paciencia, eu confío moito en David.
-Simmons. Extracomunitario que apenas xogou, esperemos que non sexa Barlow 2.0.
-Para non variar con respecto a anos pasados, o concurso de triplas do equipo rival, e para non variar tampouco, con acerto para eles. Neal, Dragovic, Barreiro, Blums (tremendo, con 35 anos menudo partidazo). Por sorte, efectos minimizados ao final.
Cousas que sí me gustaron:
-A fe e a crenza en poder gañar, incluso cando pintaban bastos.
-Todo o equipo aportou. Non sei si é a primeira vez na historia do equipo que os 12 xogadores que sairon anotaron, e non xogando minutos do lixo. Magnífica nova.
-Pozas. Dirixindo ben, con ritmo e soltura e por riba acerto nas decisións. Estupendo que o noso segundo base volva ao nivel da 1ª temporada.
-A sobriedade de Pustovoyi. Fai doado o que non é tanto, 15-9. Gustoume moito.
-Llovet e o traballo escuro. 6-7 rebotes, o último en ataque fundamental. Mal en ataque, pero en defensa non se pode poñer un pero. Espíritu Obra ao cen por cen.
-A dirección de Moncho. Agás ocasionales ramalazos de histeria, pareceume ver a un Moncho algo máis sereno e comprensivo.