Precisamente por iso me sorprendeu máis. Non sei, igual contaba con ser él o heroi, que a min a verdade non me importaría e incluso o preferiría, porque a súa foi unha temporada moi complicada e dalgún xeito "pagaba" a débeda co lanzamento errado o día do Delteco Guipúzcoa.fonte escribió:Parabéns por unha tempada máis na ACB. Que luxo de equipo técnico.
Non sei se o de Corbacho sería cansazo, non vou entrar niso. Ao fin e ao cabo, a remontada culminouna el e a asistencia final tamén foi súa (e a do alley-oop a Spires, despois das bandexas falladas, tiña moita clase).Mari Scada escribió:Estiven vendo o vídeo de novo e notei algo raro
http://www.acb.com/redaccion.php?id=140362
O que si me chamaron a atención dese vídeo foron dúas cousas:
-Como Víctor Pérez sae do asento e dá unhas palmadas para que Pustovyi, a estas alturas, espabile (Paulov total).
-O contraste entre Matt Thomas (que pide a bola para sentenciar el cunha tripla, e ve, sorprendido, que tira Sàbat), que unha vez que mete Sàbat é dos primeiros que corren a defender, e queda manifesto como o partido para el non acabou até comprobar que o Bilbao falla o derradeiro lanzamento, mentres que Sàbat queda chantado no sitio, dando o partido por gañado (e despois é o derradeiro en reaccionar).
Ben, a verdade é que o chimpo que mete Llovet ao celebrar a tripla, tamén me sorprendeu, porque tivo que quedarlle o pé mancado fervendo.
No partido fronte ao Murcia no Sar, no que non disputou un só segundo, foi dos primeiros en ir correndo xunto a Thomas para felicitalo, pero tamén lembro os primeiros partidos gañados nos que non daba pe con bola e saía do pavillón con cara de funeral como si se perdera o encontro.