XORNADA 31 OBRADOIRO CAB (12-18) - RETABET BILBAO BASKET (8-22)
Moderadores: tiko5, hastrakan, der König81

Mari Scada
Mensajes: 728
Registrado: 30 Ene 2017, 18:36

Re: XORNADA 31 OBRADOIRO CAB (12-18) - RETABET BILBAO BASKET (8-22)

por Mari Scada » 08 May 2018, 19:38

fonte escribió:Parabéns por unha tempada máis na ACB. Que luxo de equipo técnico.
Mari Scada escribió:Estiven vendo o vídeo de novo e notei algo raro
http://www.acb.com/redaccion.php?id=140362
Non sei se o de Corbacho sería cansazo, non vou entrar niso. Ao fin e ao cabo, a remontada culminouna el e a asistencia final tamén foi súa (e a do alley-oop a Spires, despois das bandexas falladas, tiña moita clase).

O que si me chamaron a atención dese vídeo foron dúas cousas:

-Como Víctor Pérez sae do asento e dá unhas palmadas para que Pustovyi, a estas alturas, espabile (Paulov total).

-O contraste entre Matt Thomas (que pide a bola para sentenciar el cunha tripla, e ve, sorprendido, que tira Sàbat), que unha vez que mete Sàbat é dos primeiros que corren a defender, e queda manifesto como o partido para el non acabou até comprobar que o Bilbao falla o derradeiro lanzamento, mentres que Sàbat queda chantado no sitio, dando o partido por gañado (e despois é o derradeiro en reaccionar).


Ben, a verdade é que o chimpo que mete Llovet ao celebrar a tripla, tamén me sorprendeu, porque tivo que quedarlle o pé mancado fervendo.
Precisamente por iso me sorprendeu máis. Non sei, igual contaba con ser él o heroi, que a min a verdade non me importaría e incluso o preferiría, porque a súa foi unha temporada moi complicada e dalgún xeito "pagaba" a débeda co lanzamento errado o día do Delteco Guipúzcoa.
No partido fronte ao Murcia no Sar, no que non disputou un só segundo, foi dos primeiros en ir correndo xunto a Thomas para felicitalo, pero tamén lembro os primeiros partidos gañados nos que non daba pe con bola e saía do pavillón con cara de funeral como si se perdera o encontro.

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: XORNADA 31 OBRADOIRO CAB (12-18) - RETABET BILBAO BASKET (8-22)

por Galizaceive » 08 May 2018, 22:33

É que é un pouco... "especial" na súa maneira de ser. Pero se lle serve de consolo, para min foi o revulsivo o outro día. Alégrome por Sabat, que ben merecía un momento de gloria, pero tamén por el, xa que cando enchufou as súas triplas de oito metros meteunos no partido. Pero o importante é que ámbolos dous sumasen de xeito tan importante e que o equipo sacase o partido adiante. Coido que non lle hai que dar máis importancia.

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 2 invitados

Fecha actual 19 Mar 2024, 08:09