por Galizaceive »
20 Ago 2018, 11:37
A ver, por puntualizar un pouquiño nada máis, que tampouco teño moitas ganas de escribir con esta calor... Primeiro, a pesares de ter unha boa relación con Moncho, hai cousas que comparto máis e outras que comparto menos, pero asumo que quen entende do tema é el e que as decisións que toma son sempre para ben aínda que poida equivocarse. Pero coño, é que está aí para tomalas, que para iso lle pagan. En Sar hai cinco mil adestradores en cada partido -eu entre eles-, pero só o que está abaixo é o que carga coa responsabilidade das decisións, e dubido moito que queira tirar pedras contra o seu tellado nunca. Que acerta? Todos contentos. Que non? Pois a facer crítica todo cristo, e eu entre todos. Son afeccionado, e bastante vehemente en moitas ocasións. Nin bico por onde pasa Moncho nin deixo de bicar. Sei separar moi ben o persoal do outro. E fágoo extensivo ao seu corpo técnico, cos cales me prezo de levarme ben tamén.
En canto a Mateo, máis caña da que lle dei eu aquí cando tocou, tanto a el coma á parte administrativa do clube, non a deu ninguén. Igual, pode ser, pero máis, ninguén. Pero ao igual ca co corpo técnico, o que ten que tomar decisións xunto con eles é este señor. E come diso. Dubido moito que xogue co seu pan, así que tentará acertar sempre, aínda que lamentablemente para nós -e ollo, sobre todo para el-, non o faga. Pero entendo que é humano. E mesmo así, se non fallase case nunca tampouco creo que estivese no Obra.
E no que toca ao de "se nos salvamos este ano acabáronse as críticas, etc, etc", é un conto chinés. Iso xa o teño lido unhas cantas veces por aquí en tempadas anteriores. E quen queira apoquinar para unha estatua xa pode facelo, porque a merecen hai algún tempo. E xa de paso, a afección, outra.
Non vos enganedes, algúns "rajaredes" sempre, porque todo vos vale: porque fichamos a este e non ao outro, porque tiñamos equipo para quedar aquí e quedamos alí, porque fixeron isto e non o outro, porque en Sar facía calor ou porque facía frío..., polo que sexa. Vai na natureza de cada un o ser dun xeito ou do outro. E insisto por enésima vez: estades no voso dereito, sempre e cando se faga con respecto, por suposto.
Señores, que levamos oito anos seguidos en ACB e se repasamos o foro semella o día da marmota: este equipo tal, este equipo cal, se nos salvamos patatín, se non nos salvamos patatán.
Eu non son pelota de ninguén, nin no foro nin na vida. Son íntegro, ín-te-gro. E sobre todo HONESTO, HO-NES-TO. E ben que o pago. Ir de fronte acostuma ter unha alta peaxe no mundo actual. Entendo que o foro é terapéutico para algúns, ou mesmo para moitos. Pois perfecto, que xa non é pouca función a que fai.
Pero mellor deixalo aquí. Supoño -SUPOÑO- que todos queremos o mellor para o clube, aínda que está claro que non compartimos o xeito de como buscalo.