Broncazo de Moncho a Maxime
https://www.youtube.com/watch?time_cont ... 4eDDCa4PWI
Hai fórmulas, hai. Comezar con dous grupos, logo cruces dos primeiros....botando contas podes reducir o nùmero de encontros para os mellor clasificados. È cuestión de poñerse a pensar e hai moitas combinacións ao estilo mundial ou europeo de paìses por exemplo.Antón escribió:Pois todor, sen redución de clubes non sei moi ben como farán, unha volta so para os equipos euroligueiros?; eu che digo unha cousa, opinión persoal; prefiro xogar contra Manresa, GBC ou Betis que contra Telstar Ostende, Frankfurt Skyliners ou Buyukmece (perdón roloj senón se escribe así.
Hai fórmulas para contentar a Movistar aportando a pasta cono ata agora e aos grandes.lovelesss escribió:Témome que non é tan sinxelo xa que con esa reducción os dereitos televisivos da ACB perderían moito valor, ao quedarse sen enfrontamentos directos entre Barcelona, Real Madrid e Baskonia. Xa sei que as dúas competicións comparten operador, pero á hora da negociación de renovacións e demais cada unha pelexa polo seu.
Persoalmente eu quitaríalle ao líder da ACB o xogares a primeira ronda, dáslle un premio máis xeitoso que a mera vantaxe de campo e podería aumentar a pelexa por gañar a liga regular. Por suposto, non reduciría significativamente o número de partidos pero creo que sería positivo.
Usuarios navegando por este Foro: Bing [Bot] y 3 invitados