por jagvil »
31 Ene 2019, 21:01
0, 2, 0, 3, 0, 9, 5, 0, 15, 0, 2, 15, 8, 9, 6, 2, 10, 6.
Non é ningún xeroglífico nin nada polo estilo. Son os puntos conseguidos por Rudez no que vai de campeonato.
As puntuaciós de 15, 15, 10, son contra Obradoiro, Fuenlabrada e Herbalife.
A sua porcentaxe en tiros de 3 ( 45 intentados por solo 24 de 2 ptos.), é dun 56 %. No partido co Obra, un 67% en triples.
De 23 rebotes collidos ata o de ahora, 7 foron contra nós, 3 deles ofensivos
Poño estes datos, porque é o tipo de xogador que acostumbra facernos dano, e cuando a sua media de minutos durante a temporada é de 12, contra nós e mais contra Fuenla, estivo 23 en pista.
Importante polo tanto parar éste xogador e mais a Askia Booker, que si ben non ten unha boa dirección de equipo, con 2 asistencias de media ata este intre, as suas penetraciós, e si está inspirado o seu tiro de 3, no que tén un 33% de efectividade, pero con partidos do 80%, 60%, e 50 % (porcentaxes con mais de 5 tiros lanzados) poden facernos moito dano.
O saber adaptarse a arbitraxe, paréceme fundamental para este encontro, xa que logo, todos coñecemos a intensidade e dureza deste equipo defendendo, e dependendo dos contactos que permitan os colexiados, terémos que nós plantexar a mesma intensidade ca eles.
Na miña opinión deberíamos ter superioridade na pintura donde eles solo contan con un 5 puro que é Tumba, pero que van bastante ben o rebote ofensivo ( 14 nos fixeron na 1ª volta). Fundamental polo tanto o pechar o rebote no noso aro.
Por último decir que Mitrovic, xogador fichado para sustituir a Delia, parece que non está a entrenar debido a molestias nun xeonllo. O meu deseo é que se recupere, xa que cuando un equipo ven con baixas, non nos suele ir ben. Si a eso lle unimos o de entrenador novo.......
Este é o partido que temos que gañar, asi que a por elo.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad