por jagvil »
03 Oct 2020, 20:55
17 perdas de balón, 19 rebotes menos que Bilbao, e por si fora pouco fallando 8 tiros libres, seguramente un dos partidos pésimos que teremos ao longo da temporada, e que esperemos que sean poucos.
Temos normalmente un problema cos bases rápidos, ós que temos dificultade para defender, e que coa presencia de Oliver no equipo, esto acentúase todavía mais.
Este ano temos dificultades engadidas, pola irregular pretemporada que fixemos, e as ausencias de Cohen e Ozmirak, que nun equipo pequeno como o noso, nótanse moito.
Vendo o lado positivo, no pouco que levamos vese unha pequena progresión de Enoch, e a consistencia dos escoltas. Fáltanos a mellora de Cohen, Alvaro Muñoz e a incorporación, que seguramente será lenta de Ozmirak.
E falando de futuro, cuidado con Guipuzcoa, que fan unha defensa que non deixa xogar, e o outro día sacaron do partido a Kravic, ó que se non recordo mal deixaron en 0 ptos.
Con respecto a Moncho, todos valoramos a sua calidade como entrenador, pero hai cousas que tería que cuidar mais. Non é nin moito menos normal, que se escoite en TV un me cago en D..., como pasou nun anterior partido, nin esas broncas normalmente ó xogador mais débil, que son sen dubida pequenas cousas a correxir pola sua banda.
Estamos escomenzando a liga, e hai que ser positivos e ver o bó, e como decia Kosta, todos firmábamos hai duas semanas co 3-1 que temos neste intre, e mais coas circunstancias que se deron. Que non sea nada o de Daum, que en principio non parecía grave, pero nunca se sabe.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad