por jagvil »
17 Nov 2020, 20:48
Para mín, partido moi complicado. Burgos confeccionou unha plantilla sen fisuras en ningunha das suas lineas.
Contan con unha parella de bases complementarios, e moi difícil de defender, especialmente Renfroe, que ademais de estar nun gran estado de forma, está utilizando moi ben as penetraciós, cousa que non é a nosa especialidade a sua defensa.
Nos escoltas Mcfadden xa vimos o que nos fixo o ano pasado, e que cuando entra en ebullición é moi difícil de parar e Benite que cada ano vai medrando mais se cabe.
O mesmo se podería decir de Salvó que está facendo unha gran temporada, e ten de complemento a un Rabaseda moi aplicado en defensa e que non desentona en ataque.
Polivalencia na posición de 4 con un todoterreno como Rivero, que o mesmo tira de 3 como castiga perto da canastra, e un seguro sempre no rebote, e coa particularidade de que si fora preciso, fai sen problemas a posición de 5. Horton pola sua banda, un gran especialista no tiro de 3 con un nada despreciable 44,7% de porcentaxe, e aportando unha media de 4,4 rebotes por partido e 1,5 recuperaciós, que non é pouco.
E ahora chamádeme tolo. Para mín a posición mais vulnerable a pesares da presencia de Kravic, e precisamente a de 5.
Sakho non é un dechado de virtudes en ataque, e a Kravic pásalle o mesmo en defensa. Se conseguimos sacar do partido a Kravic, cousa que conseguiu Murcia tanto o ano pasado cuando xogaba con nós como este ano que o deixou en 3 ptos. e 1 rebote en solo 16 min. de xogo, a vida pode ser mais fácil para Birutis si é que chega ó partido, cousa que vendo os precedentes das recuperaciós no noso club, dubido que aconteza.
O dito, partido moi complicado con ou sen Birutis, pero que loxicamente hai que disputar.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad