por jagvil »
27 Mar 2021, 07:36
Partido fundamental para o que resta de temporada por 2 motivos : 1- En caso de gañar deixamos a Acunsa a 2 victorias mais basket average, e 2- Polo aporte de confianza que nos daría para os seguintes encontros, e moi especialmente o que se disputará a semán seguinte ante Fuenlabrada.
Encontro para mín claramente gañable, por plantilla e a maiores pola baixa dun xogador para eles importante como é Pere Tomás.
Na miña opinión, no xogo interior somos claramente superiores, e o único que nos pode facer algo de dano por dentro, un Okouo que nos derradeiro encontros está facendo bos números, tende a cargarse con certa facilidade de faltas, polo que de inicio habería que cargar o xogo sobre os pivots, para tentar de sacalo de partido.
Radoncic que está facendo unhos números aceptables, dado a cantidade de minutos que xoga, normalmente xoga na posición de 4, pero coa baixa de Pere Tomás imaxino que pasará a de 3, alternando coa de 4, e xogarán moitos minutos con 3 pequenos.
A ter en conta as rachas que pode coller Johnny Dee, que nun momento dado pode dinamitar o partido.
Polo demais, non vexo que teñan ese tipo de xogador que nos suele facer tanto dano e non somos capaces de defender, polo que para mín podemos sacar o partido adiante. A única pega é que tradicionalmente cuando xogamos contra equipos que teñen baixas, non solemos aproveitar a ocasión. Con todo, eu son optimista.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad