por migbouzas2502 »
21 Jul 2021, 18:43
Bueno pois unha vez cerrada a plantilla e revisado estadísticas, evolución e algún partido comparto algunhas impresións sobre a plantilla deste ano.
O primeiro de todo é que creo que se sigue unha liña continuista respeto ao ano pasado e que se alonxa do pimpampum do Obradoiro de Kostas ou Thomas. Ao igual que o ano pasado hai moitos xogadores polivalentes e unha gran variedade de recursos ofensivos na plantilla. Será un equipo que xogue con ritmo e onde hai xogadores cunha gran visión de xogo. Penso que o punto débil pode volver a ser a defensa do 1 vs 1 dos exteriores explosivos e rápidos.
Indo por partes. No posto de base o ano pasado Ozmizrak-Pozas era unha boa parella para equipo de zona media baixa. O problema, o dos últimos anos. Ozmizrak lesiónase e Pozas ten que asumir un rol para o que non da o nivel. Fíchase a Oliver como parche que dura toda a temporada. Kartal ofrece grandes minutos a pesares das súas moi evidentes limitacións físicas. Este ano cambiamos a Ozmizrak por Hobbs. Un xogador máis estilo Albert Sabat, con menos desborde que Calloway e Ozmirak. Parécese a estes dous últimos en que é un base que fai xogar ao equipo, pero que en momentos puntuais pode asumir el os seus propios tiros para ser decisivo. O que máis me preocupa é a pouca tendencia que ten a tirar de 2 e a pouca capacidade atlética que lle fai sufrir en ataque e defensa. Polo menos a diferencia de Sabat é un xogador grande e pode usar ese tamaño para facerse grande. O ano pasado promediou por partido 2,48 tiros anotados, dos cales 1,88 eran triples. Esa tendencia cara o lanzamento de 3 foise esaxerando nos últimos anos. Ao seu favor, dicir que parece que ven nun gran estado físico. O ano pasado na BBL xogou 38 partidos (practicamente todos). De suplente cambiamos a POzas por Fer. Para min a gran aposta do equipo. Por tipoloxía e físico recórdame a Sergi Quintela, sendo o noso un xogador máis base que o lucense. Ven de facer unhas estadísticas impresionantes en Arxentina. Pero aínda así consideroo unha gran aposta. Pedro Barral, que era o outro base do equipo na 19-20 promediaba 17 ppp e este ano desembarcou na ProB francesa e en Gerona con máis pena que gloria. Zubriggen véxolle marxe de progresión ademáis de ser un perfil moi necesario en Obradoiro (un exterior eléctrico e activo e defensa e con desborde en ataque), pero non deixa de ser unha incógnita. Oliver de terceiro base é un luxo.
No posto de escolta repiten Kass e Beliauskas e as alas son para Muñoz e a nova incorporación Scrubb. Scrubb vaise un pouco da liña de 3 alto con capacidade de postear que Obradoiro tivo con Bendzius, Singler ou czerapowicz. É un perfil diferente pero dunha gran calidade. Ven de ser importante nun equipo forte da Eurocup. É un defensor aceptable e en xeral completo en todos os apartados de xogo.
Por dentro repítese esquema do ano pasado. 4 aberto que pode facer de 3; 4,5 blandengue e Suárez. Ellenson pode ser unha bomba en ataque, tanto por muñeca como por búsqueda de espacios. Caenlle os puntos das mans e a temporada pasada fixo numerazos en G league, tanto anotando como reboteando. De 5 pode abrir moito o campo. Un luxo poder contar con este xogador. Para cubrirlle as espaldas por se falla está Filipovity. Un "Rosco Allen" por estilo de xogo pero con máis IQ. O seu xogo a campo aberto non é o máis idóneo para un equipo como Obradoiro. Sin embargo abre o campo (tirador de rachas), xenerando espacios para Birutis e ten bo tacto para finalizar. Non é moi dado sin embargo a penetrar e asistir, promediando apenas media asistencia o ano pasado. Tamén pode sufrir na defensa de 4s con xogo ao poste máis habituais en España que en Italia. Aínda así é un xogador curtido en Europa que aportará minutos de moita calidade.
Os dous centers veñen a complementar un pouco a falta dese 4 físico (estilo de Zeeuw) con capacidade para protexer o aro. Ambos son dous grandes reboteadores, con xogo ao poste, grandes e capacidade para intimidar. Okuo pode ter unha boa progresión, con ese físico. Debe aprender a controlarse en pista xa que de cabeciña anda algo xusto. Como center suplente para un Obradoiro por detrás de Biru, sobrado. Breogán de feito tanteouno para facer parella con Larsen.
Globalmente, paréceme un luxo reter aos dous mellores xogadores do ano pasado. Robertson é do mellor que pasou por aquí. Fai de todo: tiro, desborde, asiste e este último ano foi o mellor defensor de exteriores que tiñamos. Birutis se volve a coller o estado físico e a confianza dos dous primeiros meses do ano pasado será o faro do equipo. Scrubb, Ellenson, Filipo e Hobbs (e ollo a Okuo co paso dos meses e o traballo de Víctor) serán esa segunda liña de xogadores que deben estar cerca das dobles cifras de puntos/valoración