Pretemporada 21/22
Moderadores: tiko5, hastrakan, der König81

Antón
Mensajes: 18912
Registrado: 13 Sep 2005, 19:28
Ubicación: SCQ/O Milladoiro

Re: Pretemporada 21/22

por Antón » 03 Sep 2021, 23:23

17-10 de Ellenson en 18 minutos, carallo para a presentación.
E micah downs ainda xogando, rexuvenecín
http://santiagodecompostela.gal/
https://www.concellodeames.gal/

Avatar de Usuario
Vilar
Mensajes: 887
Registrado: 14 Feb 2014, 15:16

Re: Pretemporada 21/22

por Vilar » 04 Sep 2021, 00:03

Dáme que imos pasalo ben este ano con Hobbs, toquemos madeira coas lesións

O que amosou tamén detalles foi Scrubb, xa máis metido no xogo do equipo en ataque, ten que aproveitar ese primeiro paso poderoso de cara ó aro.

E por certo, non sei se vos fixastes, segue a ser o mesmo proveedor de camisetas do ano pasado?

Enviado desde mi GT-I9301I mediante Tapatalk

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: Pretemporada 21/22

por Galizaceive » 04 Sep 2021, 03:45

Primera victoria de un Obra por fin ‘al completo’ en Lisboa

El equipo santiagués superó al Sporting en su segunda cita de pretemporada con Ellenson y Hobbs ya en pista // El Benfica, próximo rival

https://www.elcorreogallego.es/deportes ... -XI8875725

Enorme presentación de Ellenson, pero coño, 17 puntos de Beliauskas :shock: A ver se o chaval se vén arriba por fin.

Todor Lazic
Mensajes: 2566
Registrado: 03 Jul 2013, 21:17
Ubicación: Santiago

Re: Pretemporada 21/22

por Todor Lazic » 04 Sep 2021, 10:39

O partido foi infumable. Lembro pachangas de maior calidade no campo da leña......... :D :D Ellenson estivo moi unidimensional pero é un partido, pronto para valorar, e Beliauskas dispuxo de moito tiro liberado e en transición, estaba na súa salsa, hai que velo en partidos serios, non en pachanguitas.......... :P

Encantoume a versatilidade de Scrubb, sabe xogar de costas ao aro, ten envergadura, é rápido, con zancada. Moi bo recambio de Czera.

Por outra banda, xa están á venda os novos abonos para Vilagarcía e eu xa pesquei un.

Antón
Mensajes: 18912
Registrado: 13 Sep 2005, 19:28
Ubicación: SCQ/O Milladoiro

Re: Pretemporada 21/22

por Antón » 04 Sep 2021, 11:32

Comentame un colega, que parece ser que zurbrigen e moncho tiveron un par de discusións acaloradas. Vichedes algo?
http://santiagodecompostela.gal/
https://www.concellodeames.gal/

Todor Lazic
Mensajes: 2566
Registrado: 03 Jul 2013, 21:17
Ubicación: Santiago

Re: Pretemporada 21/22

por Todor Lazic » 04 Sep 2021, 11:39

Antón escribió:Comentame un colega, que parece ser que zurbrigen e moncho tiveron un par de discusións acaloradas. Vichedes algo?
Eu non vin nada, nin o comentou o comentarista, e estiven atento case todo o partido. O que sí é certo é que Zurbriggen non fai máis que falar, con Moncho, cos árbitros e con todo o mundo. Ë un rapaz visceral, que xoga cada partido coma se non houbera un mañá, tanto si lle salen ben as cousas como si lle salen mal.

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: Pretemporada 21/22

por Galizaceive » 04 Sep 2021, 11:43

Antón escribió:Comentame un colega, que parece ser que zurbrigen e moncho tiveron un par de discusións acaloradas. Vichedes algo?
E as que lle quedarán :mrgreen: Eu tampouco puiden ver o partido, pero polo que contades tampouco parece que me perdese moito. O importante é que por fin están todos e que empecemos a rodar en serio nas dúas semanas que quedan ata o primeiro encontro. Iso sí, gañar, aínda que sexa como onte, sempre suma.

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: Pretemporada 21/22

por Galizaceive » 04 Sep 2021, 11:44

Todor Lazic escribió:
Antón escribió:Comentame un colega, que parece ser que zurbrigen e moncho tiveron un par de discusións acaloradas. Vichedes algo?
Eu non vin nada, nin o comentou o comentarista, e estiven atento case todo o partido. O que sí é certo é que Zurbriggen non fai máis que falar, con Moncho, cos árbitros e con todo o mundo. Ë un rapaz visceral, que xoga cada partido coma se non houbera un mañá, tanto si lle salen ben as cousas como si lle salen mal.
É arxentino. Suponse que a cousa virá de serie :mrgreen:

UltraSar
Mensajes: 1690
Registrado: 03 Jul 2009, 11:12
Ubicación: D.C.

Re: Pretemporada 21/22

por UltraSar » 04 Sep 2021, 12:17

Creo que tiene mucha prisa para ser el Facu. Mucha prisa para todo. Espero que su carácter no le impida tener la humildad necesaria para aprender todo lo que le queda por aprender, que es mucho.

Nate:Davis
Mensajes: 1857
Registrado: 14 Oct 2009, 20:13

Re: Pretemporada 21/22

por Nate:Davis » 04 Sep 2021, 17:53

Antón escribió:Comentame un colega, que parece ser que zurbrigen e moncho tiveron un par de discusións acaloradas. Vichedes algo?
O dia do Breo, en un tempo morto a falta de dous minutos para o descanso, votoulle un broncazo de ordago, ate o punto que todos os compañeiros e demáis membros da expedición pasaron xunto a Fernando para darlle ánimos, o rapaz quedou descolocado e na segunda parte coido que exallerou o golpe no tobillo para borrarse temporalmento do partido. Parceume moita bronca para un rapaz xoven que acaba de sair do seu pais por primeira vez.

Avatar de Usuario
Vilar
Mensajes: 887
Registrado: 14 Feb 2014, 15:16

Re: Pretemporada 21/22

por Vilar » 04 Sep 2021, 18:04

Retrásase ás 7 o partido contra o Benfica

Avatar de Usuario
gusloira
Mensajes: 1647
Registrado: 02 Jul 2007, 12:53

Re: Pretemporada 21/22

por gusloira » 04 Sep 2021, 18:35

Vilar escribió:Retrásase ás 7 o partido contra o Benfica

Si hubiese algún enlace se agradece, no encuentro nada por la red.

Saudos

Avatar de Usuario
Vilar
Mensajes: 887
Registrado: 14 Feb 2014, 15:16

Re: Pretemporada 21/22

por Vilar » 04 Sep 2021, 18:47

gusloira escribió:
Vilar escribió:Retrásase ás 7 o partido contra o Benfica

Si hubiese algún enlace se agradece, no encuentro nada por la red.

Saudos
https://www.fpbtv.pt/app/

Tes que rexistrarte previamente

Avatar de Usuario
King in the North
Mensajes: 74
Registrado: 27 Nov 2016, 12:31

Re: Pretemporada 21/22

por King in the North » 04 Sep 2021, 19:17

Menudo recital de tiro levamos :D Esperemos que nun mes lles dea tempo a ir quentando a man...

Avatar de Usuario
Vilar
Mensajes: 887
Registrado: 14 Feb 2014, 15:16

Re: Pretemporada 21/22

por Vilar » 04 Sep 2021, 19:24

Indixerible 1Q, creo que non metemos nin un só balón na pintura

jagvil
Mensajes: 5171
Registrado: 05 Ene 2010, 23:08

Re: Pretemporada 21/22

por jagvil » 04 Sep 2021, 19:24

Nos 12 primeiros ataques, 10 lanzamentos triples, solo 1 metido e duas perdas de balón. En todo o 1º cuarto solo 3 lanzamentos de 2 ptos . Si contei ben fixemos 15 intentos triples para convertir 1.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad

Avatar de Usuario
Vilar
Mensajes: 887
Registrado: 14 Feb 2014, 15:16

Re: Pretemporada 21/22

por Vilar » 04 Sep 2021, 19:49

Bos minutos de Zurbriggen, parece menos ansioso que en partidos anteriores

Que bo sería tamén que mantivese este nivel Beliauskas con certa regularidade

Ellenson :amor:

Avatar de Usuario
gusloira
Mensajes: 1647
Registrado: 02 Jul 2007, 12:53

Re: Pretemporada 21/22

por gusloira » 04 Sep 2021, 19:55

Vilar escribió:
gusloira escribió:
Vilar escribió:Retrásase ás 7 o partido contra o Benfica

Si hubiese algún enlace se agradece, no encuentro nada por la red.

Saudos
https://www.fpbtv.pt/app/

Tes que rexistrarte previamente
Muito obrigado

Todor Lazic
Mensajes: 2566
Registrado: 03 Jul 2013, 21:17
Ubicación: Santiago

Re: Pretemporada 21/22

por Todor Lazic » 04 Sep 2021, 19:59

Outro encontro infumable, a arbitraxe ao mesmo nivel. No partido anterior do Sporting co Betis apunto estiveron os de gris de roubarlle a victoria ao Betis, despois dunha persoal que ninguén veu, precedida duns pasos clamorosos dun xogador rival.

A ver si se mellora un pouco en actitude, en entrega, cualidades que se ven no rival portugués.

Avatar de Usuario
Vilar
Mensajes: 887
Registrado: 14 Feb 2014, 15:16

Re: Pretemporada 21/22

por Vilar » 04 Sep 2021, 20:32

Ollo co Broussard este, váiselle quedar pequena a liga portuguesa

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 3 invitados

Fecha actual 25 Abr 2024, 02:49