XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)
Moderadores: tiko5, hastrakan, der König81

Avatar de Usuario
Vilar
Mensajes: 883
Registrado: 14 Feb 2014, 15:16

XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Vilar » 05 May 2022, 13:12

Imagen
Multiusos Fontes do Sar. Aforo: 6.000 espectadores | Venda de entradas online

Domingo, 8 de maio, 18:00 h; Movistar+:

Imagen VS Imagen

OBRADOIRO CAB
Clasificación: 14º (11-20)
MVP: L. Birutis, 15’4 val.
Máximo anotador: K. Robertson, 14’5 p.p.p.
Máximo reboteador: T. Scrubb, 5'3 r.p.p.
Máximo asistente: B. Hobbs, 4'4 a.p.p.
Últimos partidos: D D V V D


Bases: #3 B. Hobbs, #5 F. Zurbriggen, #6 A. Oliver
ImagenImagen Imagen

Escoltas: #30 K. Robertson, #23 P. Scrubb, #9 L. Beliauskas
Imagen Imagen Imagen
Aleiros: #1 T. Scrubb, #33 Á. Muñoz
Imagen Imagen
Ala-pívots: #8 H. Ellenson , #00 E. Vicedo, #93 A. Suárez
Imagen Imagen Imagen
Pívots: #11 L. Birutis, #2 V. Okouo
Imagen Imagen

Entrenadores: M. Fernández, G. Rodríguez, V. Pérez, D. Petts

ÚLTIMO QUINTETO INICIAL: B. Hobbs, K. Robertson, T. Scrubb, E. Vicedo, L. Birutis


REAL MADRID
Clasificación: 2º (22-9)
MVP: E. Tavares, 16’1 val.
Máximo anotador: G. Yabousele, 11’5 p.p.p.
Máximo reboteador: E. Tavares, 6’9 r.p.p.
Máximo asistente: S. Llull, 2’4 a.p.p.
Últimos partidos:D D V V V


Bases: #0 N. Williams-Goss, #23 S. Llull, #12 C. Alocén (baixa), #2 J. Núñez
Imagen Imagen Imagen Imagen
Escoltas: #1 F. Causeur, #6 A. Abalde
Imagen Imagen
Aleiros: #8 A. Hanga, #5 R. Fernández, #44 J. Taylor
Imagen Imagen Imagen
Ala-pívots: #28 G. Yabusele, #3 A. Randolph
Imagen Imagen
Pívots: #22 W. Tavares, #17 V. Poirier
Imagen Imagen

Entrenadores: P. Laso, J. Mateo, P. Redondo, L. Calín

ÚLTIMO QUINTETO INICIAL: N. Williams-Goss, F. Causeur, A. Hanga, G. Yabusele, W. Tavares


ESTATÍSTICAS COMPARADAS
Imagen

Últimos enfrontamentos:
ACB 19/20, X5: Monbus Obradoiro - Real Madrid 76 - 83
ACB 20/21, X5: Real Madrid - Monbus Obradoiro 84 - 77
ACB 20/21, X20: Monbus Obradoiro - Real Madrid 71 - 87
ACB 21/22, X3: Real Madrid - Monbus Obradoiro 78 - 68

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Galizaceive » 05 May 2022, 14:40

Penúltimo partido na casa esta tempada, e vaia partido. Cos ollos postos noutras canchas, pero por que non dar un sorpresón. Motivación máxima -permanencia e gañar ao Madrid- xunto ao apoio de Sar deben ser uns extras que nos dean pulos neste partido. A ver se vemos a mellor versión como locais. Por desgraza non poderei asistir por traballo. Non me queda nada que sufrir na distancia :(

Andorra e Fuenla enfróntanse nun partido a vida ou morte o sábado. Zaragoza xoga contra Baskonia en Vitoria ese mesmo día, e Burgos xoga na casa fronte a Unicaja unha antes ca nós o domingo. Betis quedará como está xa que leva un partido máis. Mimadriña, que tolemia. Se alguén está por botar contas, xornada propicia. :roll:

FORZA OBRA!

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Galizaceive » 05 May 2022, 20:53

Carlos Peruga, Arnau Padrós y Esperanza Mendoza, árbitros para el duelo de Sar entre el Obradoiro y el Real Madrid
:roll:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/s ... 887295.htm

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Galizaceive » 06 May 2022, 09:21

Ya se cumplieron nueve años del único triunfo del Obradoiro en la pista del Real Madrid

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/s ... 201116.htm


Fun un dos que tivo a sorte de estar alí. Foi grandioso :amor:

jagvil
Mensajes: 5156
Registrado: 05 Ene 2010, 23:08

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por jagvil » 06 May 2022, 13:57

hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Galizaceive » 06 May 2022, 14:31

jagvil escribió:https://www.youtube.com/watch?v=iq56f0cI2xA

Roda de prensa de Moncho
Mías ca rolda de prensa é conversa con Reigosa, non? :mrgreen:

Antón
Mensajes: 18874
Registrado: 13 Sep 2005, 19:28
Ubicación: SCQ/O Milladoiro

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Antón » 06 May 2022, 14:33

O domingo salvados, nos, non o programa de Evole
http://santiagodecompostela.gal/
https://www.concellodeames.gal/

matedetres
Mensajes: 2194
Registrado: 07 Sep 2009, 18:30
Ubicación: Preto de Compostela

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por matedetres » 08 May 2022, 20:02

Antón escribió:O domingo salvados, nos, non o programa de Evole
Profeta!

jagvil
Mensajes: 5156
Registrado: 05 Ene 2010, 23:08

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por jagvil » 08 May 2022, 20:22

Despois do inmellorable traballo de Moncho durante todo o partido, creo que se equivoca mantendo en pista a Hobbs e Kassius na derradeira xogada. Non son precisamente os mellores defensores.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad

daleobra
Mensajes: 989
Registrado: 03 Oct 2010, 21:23

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por daleobra » 08 May 2022, 20:42

Independientemente del final, no se pueden fallar tantos tiros libres en partidos como este, una constante este año. También me parece falta a Birutis en la última canasta del obra, lo que sería un 2 + 1, pero lo veré repetido, en directo me parecía clara. Vamos a tener el récord de partidos casi perdidos o decididos en la última jugada, esperemos que nos quedemos en ACB, pero es de traca.

Avatar de Usuario
Vilar
Mensajes: 883
Registrado: 14 Feb 2014, 15:16

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Vilar » 08 May 2022, 21:02

Mazazo terrible, por dúas fodidas décimas non demos selado a permanencia. A xestión final do partido para min pouco que dicir, a falta de volver ver repetida a xogada, simplemente cauelle o 'marmelo' de Llull á persoa menos indicada no momento menos indicado. Poucas veces sentín tanto desacougo coma hoxe. Pero bueno, ó fin e ó cabo seguimos en boa posición.

Sobre o resto, por fin vimos unha zona, e con bos resultados, quitando un par de minutos ó inicio do último cuarto cun par de triplas consecutivas de Taylor non estivo cómodo o RM no partido.

Enviado desde mi GT-I9301I mediante Tapatalk

daleobra
Mensajes: 989
Registrado: 03 Oct 2010, 21:23

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por daleobra » 08 May 2022, 21:20

jagvil escribió:Despois do inmellorable traballo de Moncho durante todo o partido, creo que se equivoca mantendo en pista a Hobbs e Kassius na derradeira xogada. Non son precisamente os mellores defensores.
Y no quiero ser oportunista, pero aparte de lo que comentas, para evitar lo que pasó, dejar en el banco a Birutis con el tipo de defensa planteada, tampoco es un acierto. Oportunismos a un lado, el final es un churro y punto, le salió bien al madrid, pero mala suerte para nosotros y buenísima para ellos, aunque no defendimos el aro, solo el tiro.

Birutis pierde muchos enteros con minutadas de más de 30 minutos, que no, que no puede con el culo tantos minutos! Si después de 32 jornadas, aún no vale Okouo para dar 5-6 minutos… inexplicable.

ObradoiristadoLérez
Mensajes: 49
Registrado: 27 Sep 2012, 14:43

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por ObradoiristadoLérez » 08 May 2022, 22:12

Coleime,perdón!
Última edición por ObradoiristadoLérez el 09 May 2022, 13:33, editado 1 vez en total.

migbouzas2502
Mensajes: 471
Registrado: 29 Sep 2018, 23:49

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por migbouzas2502 » 09 May 2022, 00:22

Como comenta alguén máis arriba tremendo mazazo. Poucas veces un partido do Obradoiro me deixou tan j0dido. Un pouco na liña das caras que se vían o final do partido. Quedamos a 5 décimas da salvación matemática. Obradoiro xogou moi ben, con garra, c0ll0ns e acerto. Incluso Moncho 32 xornadas máis tarde por fin se atreveu a plantear unha zona e a pedir tempos mortos para frenar o ritmo do rival. Perdemos muy dignamente e incluso diría que cun ápice de mala sorte ante un Real Madrid a bo nivel. Solo queda pensar nos partidos de Joventut e Valencia. Especialmente no de Badalona para non ter unha auténtica final en Santiago contra o Valencia. Esperemos que o corpo técnico planteee igual de ben o partido e os xogadores salan igual de enchufados.

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Galizaceive » 09 May 2022, 11:33

Por razóns de traballo non puiden ir a Sar, pero unha vez visto o resultado, as imaxes e os comentarios, coido que evitei un colapso anímico e físico en toda regra. Outro partido que se marcha no último suspiro, e xa van... O noso non é deste mundo; que afán por sufrir, señor. Sigo confiando en que se gaña alomenos un dos que quedan. Oxalá o de onte sirva para estimular aos xogadores. Ánimo a todos! Vamos! FORZA OBRA!

Por certo, que tal a arbitraxe? Na última canastra de Birutis parece que podería ser un 2+1 e que dubido protestase ninguén se pitasen esa falta da defensa (bueno, Laso igual sí :demonio: )



Abalde mata al Obradoiro al meter una canasta en el último segundo

A falta de dos jornadas, ante Joventut y Valencia, el Obra suma once triunfos, igual que tienen Betis y Zaragoza, por delante de un trío formado por Andorra, Burgos y Fuenlabrada, con 10 ganados cada uno

https://www.elcorreogallego.es/deportes ... DF11141673


El Obradoiro no pudo con todos los reveses: 88-89

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/a ... 519561.htm


Moncho Fernández, entrenador del Obradoiro: «Solo estaré deprimido 30 segundos»

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/s ... 565173.htm

mundografico
Mensajes: 282
Registrado: 08 Nov 2009, 18:46
Ubicación: Santiago de Compontelas como puedas

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por mundografico » 09 May 2022, 12:22

Desde a miña posición no campo da a sensación de que fan falta sobre Birutis na última canasta, pero non vin a repetición.
E penso que dende o banquillo non protestaron xa que estaban centrados en armar a defensa, de feito nese intre sacan a Birutis e meten no sitio a Álvaro, o cal non sei si valorar como acerto ou non. A toro pasado, parece que foi un erro xa que non tiñamos un pivot que protexera o rebote, pero si non poñemos 5 defendendo o perímetro, o mellor xa nos meteran un triple antes dese último fatídico segundo.

Enviado desde mi CPH2145 mediante Tapatalk
FORZA OBRADOIRO....
[img]https://marketingok.es/obradoiro.jpg[/img]

jagvil
Mensajes: 5156
Registrado: 05 Ene 2010, 23:08

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por jagvil » 09 May 2022, 12:39

mundografico escribió:Desde a miña posición no campo da a sensación de que fan falta sobre Birutis na última canasta, pero non vin a repetición.
E penso que dende o banquillo non protestaron xa que estaban centrados en armar a defensa, de feito nese intre sacan a Birutis e meten no sitio a Álvaro, o cal non sei si valorar como acerto ou non. A toro pasado, parece que foi un erro xa que non tiñamos un pivot que protexera o rebote, pero si non poñemos 5 defendendo o perímetro, o mellor xa nos meteran un triple antes dese último fatídico segundo.

Enviado desde mi CPH2145 mediante Tapatalk
Para mín o fallo non está tanto en sentar a Birutis , senon como xa dixen, manter a Hobbs e Kassius. De feito Abalde aparece totalmente libre de marca, porque o seu par, Robertson, abandonaa para facer unha suposta axuda sobre Llul, a que non chega, e que ademais estaba ben defendido por Scrubb.

Si se ven os partidos repetidos, observase claramente que os erros defensivos de Kassius son bastante frecuentes, cousa que compensa coa sua aportación ofensiva. O tema é que o non necesitar esta, a sua presencia era prescindible.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad

jagvil
Mensajes: 5156
Registrado: 05 Ene 2010, 23:08

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por jagvil » 09 May 2022, 12:40

Con respecto a personal sobre Birutis, teño claro que de haber fallado a canasta, houberan pitado falta.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad

Galizaceive
Mensajes: 12798
Registrado: 09 Oct 2012, 11:27
Ubicación: Sar Lake City

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Galizaceive » 09 May 2022, 12:49

jagvil escribió:Con respecto a personal sobre Birutis, teño claro que de haber fallado a canasta, houberan pitado falta.
No resume coido que se ve ben que Poirier non defende moi "ortodoxamente".

https://www.youtube.com/watch?v=ed1CHG1gaic

Avatar de Usuario
Vilar
Mensajes: 883
Registrado: 14 Feb 2014, 15:16

Re: XORNADA 32: OBRADOIRO CAB (11-20) - REAL MADRID (22-9)

por Vilar » 09 May 2022, 13:05

jagvil escribió:
mundografico escribió:Desde a miña posición no campo da a sensación de que fan falta sobre Birutis na última canasta, pero non vin a repetición.
E penso que dende o banquillo non protestaron xa que estaban centrados en armar a defensa, de feito nese intre sacan a Birutis e meten no sitio a Álvaro, o cal non sei si valorar como acerto ou non. A toro pasado, parece que foi un erro xa que non tiñamos un pivot que protexera o rebote, pero si non poñemos 5 defendendo o perímetro, o mellor xa nos meteran un triple antes dese último fatídico segundo.

Enviado desde mi CPH2145 mediante Tapatalk
Para mín o fallo non está tanto en sentar a Birutis , senon como xa dixen, manter a Hobbs e Kassius. De feito Abalde aparece totalmente libre de marca, porque o seu par, Robertson, abandonaa para facer unha suposta axuda sobre Llul, a que non chega, e que ademais estaba ben defendido por Scrubb.

Si se ven os partidos repetidos, observase claramente que os erros defensivos de Kassius son bastante frecuentes, cousa que compensa coa sua aportación ofensiva. O tema é que o non necesitar esta, a sua presencia era prescindible.
Desde o meu punto de vista era unha acción moi difícil de defender, xa o dixo Álvaro Muñoz nunha entrevista tralo partido, tivese sido máis sinxelo bloquear o rebote de ter tocado aro o balón, que non neste tipo de accións, onde non sabes onde vai acabar, ademais de que tes que tomar decisións en décimas de segundo. Por riba o atacante ten vantaxe 'posicional', xa que vén de cara, por non falar da vantaxe física de Abalde sobre Kass.

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 2 invitados

Fecha actual 30 Mar 2024, 02:54