por jagvil »
23 Sep 2022, 22:41
Partido moi bo en defensa e con excesivos fallos no triple. Encontro de probaturas nas que salimos con Leo e Phil, que eu creo que non está no mellor momento, e na 1ª rotación entra Fer de base que o fai moi ben, e coa segunda unidade remontamos a desventaxa que levabamos acumulada.
Moi ben tamén Vicedo na 1ª rotación de Bender, non se pode decir o mesmo das rotaciós que deu Alex, do que sigo pensando que está nunha baixa forma alarmante.
Paige que escomenzou mal no 1º tempo entonouse no 2º conquerindo un par de triples. Curioso que na parte final do encontro estabamos en pista con Alvaro, Vicedo e Walker, que cada partido que pasa, gústame mais.
De Blacevic e Weaterman, solo fai falta poñer a sua anotación. 20 e 17 ptos. respectivamente.
Como non comentei nada de Thomas, empezou fallando 3 triples, pero non se cortou e meteu 2 a continuación. Do resto, o traballo de sempre.
Esperemos que a responsable de prensa poña as estadisticas de final de partido, que non sempre o fai.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad