por rouquinho »
22 Mar 2018, 07:45
Despois do cabreo de onte, hoxe vexo as cousas un pouco máis claras... O partido foi horrible, nefasto, infame... Calquera calificativo que lle queirades poñer. Destaca o nulo acerto na segunda metade e a teima de arreglalo todo desde o triple. Eu non creo que esteamos fundidos, pero si (e é igualmente preocupante) coido que poida ser máis tema mental... e concretamente onte arbitral tamén. O dos árbitros foi absolutamente noxento. Mesmo o HOOLIGAN do comentarista de Mallorca (a narradora nin tan mal, pero o tipo era terrible) dicindo que moito lles favoreceran os árbitros... E coido que así foi. E desde logo, aprender dunha vez que se os triples non entran, ao mellor a mellor solución non é acabar cada xogada cun triple sen rebote. Senon me engano, até o último minuto non metimos un solo triple na segunda metade. E si, non houbo reacción desde o banco. Eu non creo que teña que dimitir nin ser cesado, do mesmo xeito que creo que hoxe non estivo ben, como non estivo ben o equipo en xeral.
No aspecto positivo... Ao principio da xornada facíannos falla 6 vitorias, e agora fannos falla 5. A derrota de Prat demostra que aquí ninguén é invencible e que hai que apretar, especialmente contra os equipos de abaixo que se xogan a vida. Quédannos 6 partidos e temos 4 no Pazo. No Pazo temos os dous seguintes partidos, que hai que sacalos adiante como sexa. E se cae outro agasallo coma os das últimas dúas xornadas, benvido sexa. O Pazo ten que estar co equipo porque quedan 6 xornadas e temos unha vitoria e averaxe co segundo. Coido que aquí teriamolo asinado TODOS a principio de tempada. Preocupa a tendencia? Preocupa. O nivel de xogo actual? Moito. Espellismo o do Barça B? Bueno, segundo se mire... Tamén se pode pensar que inesperado, inesperado... o tropezo contra Palencia... O resto en realidade (polo menos para min) entraban dentro das posibilidades. Palmar en Palma é unha tradición breoganista como o é palmar en Coru. E en Manresa... pois bueno, xogando contra o outro croio da división e no noso peor momento, era algo que podía pasar. Con todo, repito, estamos a seis partidos do final e o Pazo ten que ferver até o último segundo porque temos que sacar estes dous próximos partidos adiante como sexa. Logo xa virá Clavijo. Pero contra Huesca e Araberri... O Pazo das finais, o Pazo que viste de azul. Temos que estar aí. Como dicía algún, o que vaia con ánimo de asubiar a un equipo que perdeu na casa UN partido, que fique na casa e se adique á pintura ou á repostería, por dicir algo. Agora hai que apoiar porque independentemente dos xogadores ou o adestrador, é o noso escudo e a nosa camiseta e estes son os nosos xogadores. E nós somos os primeiros que lles temos que berrar aos xogadores que estamos en Lugo, que isto é o Pazo e que queremos ACB. E logo xa en maio, xa nos queixaremos todo o que queiramos queixarnos. Pero amosémoslles aos xogadores o significado da palabra unidade. Todos co equipo e todos de azul. A por Huesca.
E malia todo... O ceo continúa a ser celeste