:: Post en galego ::
La vida al margen del deporte (la hay)

rigal
Mensajes: 6093
Registrado: 03 Oct 2002, 13:29
Ubicación: Lucus Augusti

Re: :: Post en galego ::

por rigal » 22 Oct 2016, 21:33

The Amazing Eru escribió:e ao que importa... mañá Celta-Depor vos con quen ides? como vivides a rivalidade?

Como lugués futboleiro, tócame os fuciños que lle chame "o noso derbi" porque creo que despreza ao resto de equipos de fútbol da comunidade. Sí, é certo que son os máis grandes de Galicia por historia, palmarés...
Ben temos á TVG dándolles o 90% do tempo de deportes (que non chupan Madrid e Barcelona, cos que teñen a loita a perdida) cada día, xoguen ou non, pero non fai falta que lle chames así.

Algún poderá dicir "Pero o speaker do pazo presenta ó Breogán coma o equipo de Galicia". Certo, pero é un apelativo que non comparto.

En canto ó derbi en sí: Que non se lien a paus e pouco máis. Gústame como cidade máis a Coruña que Vigo, pero no tocante ó fútbol caeme algo mellor o Celta (supoño que polas cores celestes).

Avatar de Usuario
The Amazing Eru
Mensajes: 58
Registrado: 22 Oct 2016, 15:50

Re: :: Post en galego ::

por The Amazing Eru » 22 Oct 2016, 21:46

Home, é o derbi galego con máis tradición e rivalidade... o do tempo no telexornal tes toda razón, tamén están outros deportes....
Eu son do Celta mais cando xogaron a final da copa no Bernabeu, fun co Depor, como a maioría das miñas amizades, celtistas todos.
Imagen

Avatar de Usuario
The Amazing Eru
Mensajes: 58
Registrado: 22 Oct 2016, 15:50

Re: :: Post en galego ::

por The Amazing Eru » 22 Oct 2016, 22:50

http://www.galiciaconfidencial.com/noti ... ntar-derbi

O Himno para quentar o derbi


A cantante galega Andrea Pousa interpretará en directo unha versión sinfónica do himno galego nos prolegómenos do Celta-Dépor. O club vigués repartirá 30.000 bandeiras celestes para dar colorido as bancadas.

Xa case é unha tradición... que arrincou o ano pasado: o Himno galego soará en Balaídos antes do Celta-Dépor deste domingo ás 12.00 horas. Pero por primeira vez soará en directo, na voz da cantante galega Andrea Pousa. O RC Celta anuncia uns minutos previos ao derbi “cargados de emotividade e simbolismo”.

Coincidindo coa saída ao céspede dos dous equipos, a cantante de Tomiño Andrea Pousa interpretará o Himno de Galicia en directo sobre un arranxo sinfónico gravado pola Macedonian Symphonic Orchestra e músicos galegos, nunha versión aínda inédita. “Será unha honra”, escribiu Pousa no seu twitter.

Mentres, nas bancadas, haberá 30.000 bandeiras celestes co escudo do RC Celta, patrocinadas pola empresa galega Copasa, para que os afeccionados se suman ao momento enchendo de cor o estadio de Balaídos.

Riazor puxo en marcha a pasada tempada a iniciativa de interpretar o himno galego antes dos derbis, iniciativa que foi secundada na segunda volta polo Celta en Balaídos. No partido do regreso da Selección Galega en maio pasado fronte a Venezuela en Riazor, a cantante Rosa Cedrón interpretou tamén en directo a peza de Eduardo Pondal.

O Celta anima a todos os socios e afeccionados a acudir a Balaídos con tempo dabondo para participar nos actos previos. Ao partido, declarado de alto risco pola Comisión Antiviolencia malia a ausencia de incidentes nas últimas citas, acudirán máis de 700 afeccionados deportivistas.
Imagen

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 24 Oct 2016, 13:37

Clúster da automoción ou clúster da precarización?

10/11/2016
Mentiras, precariedade e empobrecemento: a realidade do sector fronte a propaganda oficial, segundo a CIG-Industria

A Federación de Industria da CIG presentou hoxe en Vigo unha campaña na que pretende desvendar a realidade do sector do automóbil fronte ás mentiras que sementan multinacionais como PSA-Citroën e organismos como o Clúster da Automoción. Un día a día de maior explotación e precariedade baixo a excusa de criterios fabricados á medida das necesidades da patronal, coa continuidade de ETTs e introdución masiva de emprezas de servizos.

Aínda que as cifras macroeconómicas sosteñan que a automoción xa superou a crise, a CIG-Industria denuncia que os traballadores/as do sector malviven con salarios de hai vintecinco anos, ritmos de traballo inhumanos e convenios miserábeis, ao que hai que sumar a incapacidade de conciliar vida laboral e persoal como resultado das últimas reformas laborais.

Durante a comparecencia, que decorreu xunto a delegados da CIG en empresas do sector como Copo Ibérica, Viza, GKN, Alymosa, TRW, Faurecia Interior, Componentes de Vehículos, Plastic Omnium, Borgwarner ou Gestamp, o secretario nacional da federación, Xoán Xosé Bouzas Aboi, debullou diferentes tácticas empresariais das que se vale PSA-Citroën e as auxiliares, coordinados desde o Clúster. “Todo isto durante unha época de crise na que se pretendeu aumentar a produtividade das plantas a custa de atacar os dereitos laborais”, denunciou.

Entre elas, sementar a idea dunha falsa competencia entre empresas -moitas veces do mesmo grupo- para coaccionar o persoal e lograr rebaixar as condicións laborais, cando na realidade “teñen todo planificado previamente”. Tamén a de ameazar con deslocalizacións para lograren vantaxes da administración, tal e como o abaratamento do chan industrial ou cuantiosas subvencións a custa do erario público.

http://www.tercerainformacion.es/articu ... carizacion
Última edición por Hay_sinla el 17 Nov 2016, 20:38, editado 1 vez en total.
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Avatar de Usuario
The Amazing Eru
Mensajes: 58
Registrado: 22 Oct 2016, 15:50

Re: :: Post en galego ::

por The Amazing Eru » 24 Oct 2016, 16:00

Hay_sinla escribió:El presidente del Parlamento de Galicia anuncia que vigilará la vestimenta de los diputados

Paréceme moi ben.
Imagen

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 27 Oct 2016, 20:29

A Asociación de Veciños de Teis presentará as firmas pedindo un autobús directo para o Hospital Álvaro Cunqueiro

Ernesto Ilkermn / Roberto Solano
11/11/2016
O pasado 8 de novembro, e a pesar do frío e a persistente choiva, os veciños de Teis voltaron a manifestarse polas rúas do barrio, tras non seren recibidos polo alcalde da cidade, Abel Caballero, ó que lle piden un autobús direto dende Teis ó Complexo Hospitalario Álvaro Cunquiero.

http://www.tercerainformacion.es/articu ... -cunqueiro
Última edición por Hay_sinla el 17 Nov 2016, 20:40, editado 1 vez en total.
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 28 Oct 2016, 14:23

‘Eu tamén navegar’, por XOHANA TORRES


PENÉLOPE


Declara o Oráculo:

"Que a banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.

Que ramas de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.

Que acades disas Patrias a vendima.
Que amaine o vento, beberás o viño.

Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.


Así falou Penélope:


Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?

EU TAMEN NAVEGAR"
Última edición por Hay_sinla el 17 Nov 2016, 20:45, editado 1 vez en total.
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 31 Oct 2016, 20:24

Vivir é só alzarse á dureza da hora

dende o recanto escuro

dalgún patio

Xohana Torres, Tempo de ría
Última edición por Hay_sinla el 17 Nov 2016, 20:47, editado 1 vez en total.
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 01 Nov 2016, 11:22

Na terra chan mais longa,
longa sen fin, terriblemente longa,
circular e tirante como un tambor de aceiro
onde o sol non é Pai nin irmán nin amigo
senón un viaxante galopín e sinistro
que ensome con carraxe os ósos temperados.
Na terra do xoropo, do xaguar, do papaio,
nas ribeiras do Guaviare, do Meta, do Vichada,
no corazón da selva, no corazón do mundo
a un mil e cincocentos kilómetros do home
chegou cheo de brétema a visitarme o mar.

E chorei como un home, como un lobo atrapado:
non chorei de saudade nin de amor nin de ira,
foi o pranto dun tigre malferido e lonxano
o agromar do home mariñeiro que un día
acorei no burato mais fondo do meu sangue.

Veu a visitarme o mar:
o mar de Finisterre, o mar da Vida
o mar maior dos pailebotes áxiles,
arrecendendo a aceite de liñaza de roupa mariñeira,
a saín e argazo
a escuma fresca, a brea, a galipote.
E foi un temporal o meu alento:
oceánicas foulas abalaran a selva
porque me veu a visita-lo mar.

Ouh que salgado orballo me atereceu o corpo
a un mil e cincocentos quilómetros do home:
o amigo, o compañeiro de perfecta entraña
o capitán dos meus veleiros claros
o mar feliz arrolador de dornas
tan amado de meu que non me esquece.

Mariñeiro: Unha noite cantarémo-los dous
bébedos como Ulises no malecón dun porto
cubertos de salitre e de sueste, os dous
ulindo a mar, a libertade, a viño.
Unha noite cantarémo-los dous
e o mar estará ledo como un pai regresado.

Unha noite cantarémo-los dous tan barilmente
que estalará o amor mais poderoso
un atómico amor de forza única
nado á beira do mar e da tenrura.

Hoxe o meu esqueleto é un gran estaleiro
a onde chegan feridos os navíos de antano,
as altas proas de brancura intacta
con nomes de muller, nomes de rosa,
nomes cheos de azul, de sal, de ondas:
—Olga — Flor do Barqueiro — Lealdade—
que agora os homes brosmos do progreso
fan navegar a gas-oil e odio.

(Eu amo os paquebotes silandeiros,
as agudas corvetas vixiantes,
amo a máquina en si,
amo a enerxía.
Pero aborrezo o crime tan escuro
de asesiñar veleiros triunfadores.)

Ouh irmán mar:
eiquí na inmensa eira
na eira do Vaupés, do Casenare,
chegoume a apreta honrada do teu brazo
e ouveei na selva, aqueloutrado,
ata que o sal das bágoas me arrepuxo
unha ribeira extensa polo labio.

Antón Avilés de Taramancos
Última edición por Hay_sinla el 17 Nov 2016, 20:53, editado 1 vez en total.
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 03 Nov 2016, 00:17

Miña Patria:
Eu son o teu soldado máis forte.
A túa lingua é a miña espada
e cando debullo unha canción,
cando florece unha palabra,
canta en min o labrego cavador,
o emigrante e poeta,
o mariñeiro,
o home que amasa o pan e moxe o leite.
¡Non son un home: son un pobo,
e ninguén me pode domear!

Antón Avilés de Taramancos
Última edición por Hay_sinla el 17 Nov 2016, 20:57, editado 1 vez en total.
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 04 Nov 2016, 16:29

En Marea presentou unha Proposición non de lei na que insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno do Estado e aos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados levar a cabo unha modificación do artigo 74.2 TRLRFL para permitir aos Concellos regular unha bonificación de ata o 90 por cento da cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) a favor daquelas persoas que acrediten unha situación económica de insuficiencia de rendas familiares.

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, considera este imposto inxusto e perxudicial para os que teñen unha pior situación económica, porque non ten en conta a situación das persoas e das familias que o pagan. Nos últimos anos a recadación aumentou de xeito moi importante por decisións do Goberno do Estado, que utilizou o incremento do IBI como xeito e compensar a reducción de trasferencias aos concellos despois da crise.

De acordo coa normativa legal vixente (artigos 9.1, 12.2 e 15.2 RDL 272004, de Texto Refundido da Lei reguladora de facendas locais, TRLRFL) os concellos poden establecer nas súas Ordenanzas fiscais o réxime de cotas tributarias de conformidade co disposto legalmente, o que inclúe o réxime de bonificacións fiscais (art. 71 TRLRFL) , que no caso do IBI remite ao disposto no art. 74.2; apartado e artigo que non prevé bonificación potestativa ningunha en relación coa situación económica do suxeito pasivo nin tampouco en función do Valor Catastral (VC) do inmoble.

Sendo certo que hai concellos que si teñen establecido ditas bonificacións en forma de subvencións, tanto a literalidade do TRLRFL como especialmente os pronunciamentos xudiciais ao respecto (STS de 19 de maio de 2014, por exemplo) non amparan normativamente coa debida seguridade xurídica ditas subvencións/bonificacións aprobadas.

Tendo en conta que o IBI pode resultar moi gravoso para moita xente en condicións de especial vulnerabilidade, e tendo en conta o incremento que dito imposto tivo nos anos da chamada crise, o grupo parlamentario de En Marea considera necesario protexer aqueles casos de persoas con maiores problemas económicos. Para elo rexistrou no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei na que se insta á Xunta de Galiza a solicitar ao Goberno do Estado e aos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados a levar a cabo e a apoiar a modificación do art. 74.2 TRLRFL aos efectos de incluír como bonificación potestativa de ata o 90 por cento da cota íntegra do imposto a favor daqueles suxeitos pasivos que acrediten unha situación económica de insuficiencia de rendas familiares.


http://www.tercerainformacion.es/articu ... economicos
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 06 Nov 2016, 17:33

CHACHAHUÍ

Ter unha casa en Chachahuí sobre do cume
do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachahuí
e ver no fondo do precipício o Putumaio
brincar como un regueiro pequeniño.

Ter unha casa en Chachahuí
e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocuios, o canto do turpial
e o míar estremecedor do puma negro.

Ter unha casa en Chachahuí,
esquecerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo
amigo do sol.

Ter unha casa en Chachahuí.
Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador,
brillan as flores ventureiras.
Pero as estrelas son máis grandes.

Ter unha casa en Chachahuí.

Antòn Avilés de Taramancos
Última edición por Hay_sinla el 17 Nov 2016, 20:59, editado 1 vez en total.
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Avatar de Usuario
TimRiggins
Mensajes: 16749
Registrado: 21 Jun 2011, 20:33

Re: :: Post en galego ::

por TimRiggins » 06 Nov 2016, 23:44

Imagen
Imagen

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 10 Nov 2016, 13:48

Última edición por Hay_sinla el 17 Nov 2016, 21:02, editado 1 vez en total.
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Heidegger
Mensajes: 28376
Registrado: 13 Ago 2006, 22:27

Re: :: Post en galego ::

por Heidegger » 15 Nov 2016, 21:26

Este fío está a perder o de "en galego" a un ritmo abraiante.

Deixounos Narf. Vaia xeito de rematar o día, infinda tristura.

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 20 Nov 2016, 16:26

A Santiago voy Los Tamara
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Avatar de Usuario
TimRiggins
Mensajes: 16749
Registrado: 21 Jun 2011, 20:33

Re: :: Post en galego ::

por TimRiggins » 24 Nov 2016, 14:56

Imagen
Imagen

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 24 Nov 2016, 19:45

O Parlamento aproba a proposta de En Marea de solicitar unha reforma legal que permita bonificar o IBI para as familias con rendas baixas

A PNL de En Marea é a primeira iniciativa aprobada pola Cámara Galega nesta lexislatura

A proposta de En Marea, o Parlamento galego instará á Xunta de Galicia a acordar coa Federación Galega de Municipios e Provincias unha solicitude conxunta ao Goberno deo Estado para modificar o artigo 74.2 da lei reguladora das facendas locais. O obxectivo é que os concelllos poidan aplicar unha bonificación de ata o 90% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) a favor das familias con rendas máis baixas e modulable en función do valor catastral do inmoble.

A iniciativa (PNL), a primeira aprobada nesta lexislatura e que recolle a enmenda plantexada do PPdG de que se consensue un acordo previo coa FEGAMP, foi formulada por En Marea para protexer ás capas sociais máis desfavorecidas, pois segundo recolle o propio texto “a recadación do IBI foi o instrumento máis utilizados para facer fronte á caída de ingresos dos concellos e resulta moi prexudicial para os suxeitos pasivos que teñen unha peor situación económica”.

O encargado de defender a iniciativa, o deputado Antón Sánchez, denunciou as políticas do PP “consolidaron un sistema fiscal inxusto e regresivo, que nada ten que ver co que se recolle no Artigo 31.1 da Constitución” e destacou que a reforma fiscal da Lei Montoro beneficiou sobre todo ás rendas altas.
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 01 Dic 2016, 15:48

La justicia obliga a En Marea a pagar 3,5 millones de deudas del PP y PSOE en Santiago

El alcalde, Martiño Noriega, ironiza sobre "los buenos gestores" socialistas y populares que han forzado una modificación presupuestaria de casi un millón de euros para hacer frente a las deudas.

JUAN OLIVER
SANTIAGO.— El Ayuntamiento de Santiago calcula que tendrá que pagar alrededor de 3,5 millones de euros para cumplir con los pagos a los que le obligan varias sentencias derivadas de otros tantos casos judiciales iniciados durante los gobiernos del PSOE y el PP. De esa cantidad, unos 500.000 euros corresponden a los intereses de mora derivados de uno solo de esos asuntos.

El pleno del Ayuntamiento, que preside Martiño Noriega, de Compostela Aberta —la marca con la que En Marea ganó las municipales del 2015 en la capital gallega—, tuvo que aprobar este miércoles una modificación presupuestaria de casi un millón de euros para hacer frente a tres de esos fallos. Lo hizo en solitario con sus votos y la abstención del populares, socialistas y el BNG.

Seguir leyendo:

http://www.publico.es/politica/justicia ... eudas.html
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Hay_sinla
Mensajes: 66436
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 04 Dic 2016, 18:57

El hito de "A Esmorga": primera película en gallego que emitirá la televisión pública española

Este domingo 4 de diciembre a las 23.00 horas en el programa Versión Española, presentado por Cayetana Guillén-Cuervo en La 2 de TVE.

El director será el encargado de presentar el largometraje, acompañado por los actores protagonistas de "A Esmorga". Además, TVE ofrecerá la película en su versión doblada al castellano y en versión gallega.

http://www.laregion.es/articulo/ourense ... 68393.html
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 3 invitados

Fecha actual 25 Abr 2024, 05:44