:: Post en galego ::
La vida al margen del deporte (la hay)

Hay_sinla
Mensajes: 66391
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 12 Mar 2017, 01:57

El Bloque y Marea descartan "de momento" un pacto en el Ayuntamiento de Pontevedra

BNG se muestra abierto a "acuerdos en el futuro" La Coordinadora de Marea Pontevedra se ha comprometido a seguir trabajando para que, "en un nuevo clima de diálogo y colaboración", sus propuestas sean asumidas por el gobierno municipal. El concejal de Marea Pontevedra, Luís Rei, y el coordinador de esta formación, Xoan Hermida, comparecieron en rueda de prensa para ratificar que están "en un nuevo tiempo político que es irreversible" y que "obliga" tanto a Marea como al BNG "a tender puentes".
http://www.elcorreogallego.es/galicia/e ... a-1044741/
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Hay_sinla
Mensajes: 66391
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 16 Mar 2017, 20:25

Por si a alguien le interesara
Entrevista a Xosé Manuel Beiras
https://youtu.be/WxVrmB5IsVU
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 16 Mar 2017, 20:36

Escoitar ao Beiras en castelán dame a mesma sensación de cando Antonio Banderas dobraba a súas peliculas de seu.
Sarauj, Latvija!

nabosky
Mensajes: 16767
Registrado: 25 Oct 2004, 11:21
Ubicación: Living on a dream. Sen tempo non era

Re: :: Post en galego ::

por nabosky » 16 Mar 2017, 20:39

Eu escoitei a entrevista o luns.

Non foi das mellores que vin.
ImagenImagen

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 18 Mar 2017, 15:11

As 16:45 pola TVG2 fútbol gaélico Galiza-Francia, antes xogan as mozas. Apoiade ao voso equipo nacional monicreques!!
Imos Galiza!!! A gañar!!!
Imagen
Sarauj, Latvija!

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 18 Mar 2017, 15:18

Ás 18:30 é o encontro masculino.
Sarauj, Latvija!

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 19 Mar 2017, 12:08

Ao final as rapazas empataron coas francesas, melloraron moito dende Dublin anque comezaron se cadra un pouco durmidas e os mozos xogaron moi mal ante unha gran selección francesa, que na miña opnión semellaban un equipo da elite irlandesa, vaia forma de xogar os galos, chapeau, mallaronnos. Xuntouse a súa mellor versión con unha selección galega descoñecida. Na TVG dixeron que o mundial do 2018 vai ser finalmente en Dublin e non en Nova Iorque. Por certo, onte foi o primeiro partido de fútbol gaélico retransmitido na tv fora de Irlanda.
Sarauj, Latvija!

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 19 Mar 2017, 12:16

Sen entradas para #oNosoDerbi en Riazor: Dépor e Celta chegan nun momento doce

Imagen

Cheo total en Riazor para acoller a volta de #ONosoDerbi este domingo, a partir das 18.30 horas. As últimas cen entradas á venda esgotáronse en cuestión de horas, segundo informou o club nun comunicado, e todo fai prever que o estadio coruñés rexistrará a mellor entrada da temporada.



O Deportivo vén de recuperar as súas mellores sensacións. A vitoria fronte o Barcelona e oito puntos nos últimos catro partidos, que lle permitiron afastarse da zona de descenso, testemuñan o estado de forma do equipo herculino. A chegada de Pepe Mel como adestrador cambiou a perigosa tendencia de principios de ano. Con 27 puntos, ocupa a 15ª posición, nove por riba da permanencia.

Terá diante un Celta tamén motivado despois de acadar a clasificación para os cuartos de final da UEFA Europa League. Un éxito que contrasta coas últimas actuacións en Liga. Na 10ª posición, con 35 puntos, os de Eduardo Berizzo precisan dos tres puntos para non perder de vista os postos europeos, logo de dous empates e dúas derrotas no campionato estatal.

Os celestes buscarán repetir a tónica do encontro de ida (4-1), aínda que acoden con maior carga de partidos. As estatísticas recentes decantan o derbi galego a favor do Dépor en Riazor, onde nos últimos 16 anos non houbo ningún empate entre ambos.

A previa: recibimento, mosaico e o himno nacional


Outro dos grandes atractivos do encontro estará nas bancadas. Co aforo de 32.200 persoas pechado, o conxunto herculino chamou os seus siareiros a acudir antes do inicio para recibir os equipos e formar un mosaico coas cores do club. Cando os xogadores salten o campo, soará o himno nacional como vén sendo tradición nos últimos anos. Todo listo para un novo derbi galego.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/de ... 55833.html
Sarauj, Latvija!

High/Low
Mensajes: 171
Registrado: 18 Mar 2017, 15:57

Re: :: Post en galego ::

por High/Low » 19 Mar 2017, 16:39

2-4.

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 19 Mar 2017, 22:12

0-1 :brindo por eso:
Sarauj, Latvija!

High/Low
Mensajes: 171
Registrado: 18 Mar 2017, 15:57

Re: :: Post en galego ::

por High/Low » 20 Mar 2017, 15:10

Se chega a ser un Leganés - Eibar non aturo nin media parte.

claudiolopezip
Mensajes: 2
Registrado: 20 Mar 2017, 15:29

Re: :: Post en galego ::

por claudiolopezip » 20 Mar 2017, 15:43

Eso dixeron todos os que foron o partido que Pepe Mel plantexou un partido ultradefensivo. Menudo cagón.

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 20 Mar 2017, 15:47

claudiolopezip escribió:Eso dixeron todos os que foron o partido que Pepe Mel plantexou un partido ultradefensivo. Menudo cagón.

Saíulle ben contra o Barça, se Borges non houbera errado a súa ocasión, estaríamos falando doutra cousa.
Sarauj, Latvija!

Hay_sinla
Mensajes: 66391
Registrado: 05 May 2007, 16:30
Ubicación: Hétenos aquí, entrando juntos a un bar

Re: :: Post en galego ::

por Hay_sinla » 24 Mar 2017, 16:36

Un concejal de A Coruña, imputado por un cartel de carnaval en el que aparecía un disfraz de Papa

Tendrá que acudir a los juzgados en abril tras una denuncia de la Asociación de Viudas de Lugo, que lo acusa de un delito contra los sentimientos religiosos.

Imagen
Ya va tomando el camino su arambol.
Somos Gary Cooper y Sara Montiel

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 25 Mar 2017, 21:56

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/po ... 56017.html

Pontón aposta nun nacionalismo coas portas abertas "a todas as persoas que senten a Galiza"

Imagen

Un BNG con capacidade para agrandar a "base social" do nacionalismo, como unha ferramenta de "modernización" do país. Un BNG que una Galiza, que a vertebre. Esas foron as ideas forza do discurso de abertura de Ana Pontón na asemblea de Palexco. "O PP leva anos sementando discordias e nós temos que sementar a unidade das galegas e dos galegos", dixo.

Unha certa sensación colectiva de que Palexco vai ver o nacimento dun novo BNG, xeracionalmente renovado e con máis capacidade para conectar coa sociedade galega neste momento histórico. Iso é o que se respirou esta tarde en Palexco na sesión inaugural da XVI Asemblea Nacional. Un BNG tranquilo, un BNG unido. Iso é o que transparentou o conclave nos seus primeiros compases. Moitas homenaxes tamén. Tributos a Avilés de Taramancos e Carvalho Calero -evocados por Ana Pontón no seu discurso- , mais tamén a Francisco Jorquera, gabado por Rosana Pérez, condutora do acto; Bieito Lobeira, na súa defensa do informe de xestión; e a a propia Ana Pontón, que acabou por lle entregar unha figura de porcelana de Rosalía de Castro, nun momento de grande emotividade. Lobeira, cuxo talento para semear de comicidade os discursos políticos é indiscutíbel, chegou a esclarecer perante o auditorio que Jorquera estaba ben de saúde e que non ía marchar a ningures, o que provocou non poucos risos no público. Hai tan pouco costume na política de render tributos a políticos en activos que o comentario humorístico de Lobeira viña realmente a conto.

Hai novo BNG, mais non nace do baleiro nen por xeración espontánea. Esa idea tamén foi subliñada quer por Francisco Jorquera -no discurso de benvida ás persoas participantes na asemblea- quer por Ana Pontón. O BNG é fillo dunha corrente histórica centenaria, desde as Irmandades da Fala até o Partido Galeguista. "O nacionalismo galego non é flor dun día. Non é un experimento para quitar réditos dunha determinada conxuntura. Non é un invento de catro iluminados ou catro oportunistas", dixo Jorquera, presidente da Fundación Galiza Sempre e candidato a facer parte do Consello Nacional entrante.

Pontón tamén estabeleceu un elo entre o Partido Galeguista -daí a evocación a Carvalho Calero, no seu 27 cabodano- e o proxecto nacionalista do BNG, mais tamén puxo o retrovisor para resgatar da memoria a loita das Encrobas, a marcha contra a nuclear de Xove, as mobilizacións contra a NATO e, por suposto, o Nunca Máis, un dos fitos da auto-organización do país contra a incuria do Estado español.

Mais o discurso da portavoz nacional saínte e única candidata á portavocía nacional ollou basicamente para o futuro, para a construción dunha alternativa política que teña a capacidade de arrebatar a hexemonía ao PP. Esa idea latexou no fundo do seu discurso.

E como se constrúe esa alternativa? Diso vai realmente esta asemblea nacional, veu dicer Pontón, que ten como propósito "pór a ponto o BNG" e "sementar a confianza neste proxecto". A Asemblea do Relanzamento visa abrir, salientou, "un tempo novo para o BNG e para Galiza". Un BNG que se propón ser a voz política das maiorías sociais e que se propón vertebrar o país face un PP que "sementa discordias".

E a alternativa constrúese tamén agrandando a base social do nacionalismo, dun proxecto político coas "portas abertas a todas as persoas que senten a Galiza e que pensan que merecemos un futuro mellor que deixe atrás a corrupción do réxime e o empobrecimento das traballadoras e dos traballadores".

Un nacionalismo aberto e unido. Ese é un mantra para Pontón, quen emprazou ás e aos asembleístas a facer do "diálogo e a unidade" a carta de presentación do BNG. A portavoz nacional puxo aínda en valor o Proceso Adiante -a dinámica de debate aberta a persoas non militantes desenvolvida durante o último ano- e animou a continuar a traballar na revisión e reactualización dos métodos do BNG.

Cambiar o que fixer falta, sen tabús. Mais o que non debe mudar é o esencial. "O que non cambiamos é que somos nacionalistas e que somos unha organización asemblear. Unha organización en que decide a militancia. A militancia é quen máis ordena no BNG".

Unha organización unida e renovada son, veu argumentar Pontón, rasgos indispensábeis de calquera alternativa que desde o nacionalismo se plantexe derrotar o hexemónico PP. A portavoz nacional procurou no final do seu discurso o corpo a corpo co combo conservador. Foi nese momento cando deslizou o que ten aspecto de ser unha das palabras de orde desta Asemblea Nacional: o PP sementa discordia, o BNG debe sementar unidade. Unidade entre aquelas galegas e galegos que teñen confianza "na Galia e no pobo galego".

"E non hai que ter medo a voar. Non temos que ter medo e tomar as nosas propias decisións. Porque ese é o camiño para avanzar, progresar e modernizar Galiza", dixo.
Sarauj, Latvija!

Paco Le Monde
Mensajes: 12677
Registrado: 21 Nov 2012, 13:38

Re: :: Post en galego ::

por Paco Le Monde » 25 Mar 2017, 22:18

Eru Ilúvatar escribió:As 16:45 pola TVG2 fútbol gaélico Galiza-Francia, antes xogan as mozas. Apoiade ao voso equipo nacional monicreques!!
Imos Galiza!!! A gañar!!!
Imagen


Isto e tan tradicional como un festival de Jazz en San Sebastian. Viva España , carallo.
Imagen

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 26 Mar 2017, 10:40

Defensoría del Pueblo inicia expediente pola requisa de ‘estreleiras’ a celtistas no campo do Leganés

Imagen

Porase en contacto co Consello Superior de Deportes e a Federación Española de Fútbol para solicitarlles información. Seareiros celtistas denunciaron que se lles prohibía acceder ao estadio de Butarque coa bandeira galega coa estrela vermella.



O Defensor del Pueblo iniciou un expediente pola requisa a seareiros do Celta de ‘estreleiras’ e bufandas con trísceles no estadio do Leganés o pasado mes de xaneiro. Así o notifica esta entidade a Dereitos Civís, asociación que presentara unha queixa ao respecto. Na comunicación, o Defensor del Pueblo informa que se vai poñer en contacto co Consello Superior de Deportes e a Real Federación española de Fútbol “ao efeito de solicitarlles información sobre os feitos descritos na súa queixa”.

Desde Dereitos Civís lembran que un xulgado de Madrid pronunciouse a respecto da prohibición de esteladas nun estadio da comunidade afirmando que “En ningún caso resultou probado neste momento procesal que a exhibición da chamada "estelada" pode incitar á violencia, o racismo, a xenofobia ou cualquera outra forma de discriminación que atente contra la dignidade humana”.

A través das redes sociais, seareiros e peñas do Celta (Colectivo Nós, Tropas de Breogán ou Cigarróns Celestes) denunciaban a requisa no estadio do leganés destas bandeiras, así como de bufandas e outros elementos, como camisolas con tríscele e mesmo unha bandeira das 7 nacións celtas.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/de ... 55907.html
Sarauj, Latvija!

Avatar de Usuario
Eru Ilúvatar
Mensajes: 8227
Registrado: 25 Jun 2015, 18:43

Re: :: Post en galego ::

por Eru Ilúvatar » 10 Abr 2017, 23:01

Irmandinhos e Fillas de Breogán, campións e campioas da Liga Galega de Fútbol Gaélico

Imagen

Os da Estrada conquistan o título masculino ao imporse aos tricampións do Estrela Vermalha. As coruñesas conquistan o campionato feminino por segundo ano consecutivo.

Os Irmandinhos da Estrada e as Fillas de Breogán da Coruña proclamáronse este sábado, 9 de abril, campións e campioas, respectivamente, da Liga Galega de Fútbol Gaélico. Os estradenses fanse co título após derrotar o tricampión Estrela Vermelha, de Compostela nun partido decisivo para facerse coa Liga. Ao descanso, os Irmandinhos xa se impoñían 15-8. O resultado final: Irmandinhos 03-11 (20) e Estrela Vermelha 01-13 (16).

Imagen

En categoría feminina o triunfo foi para as Fillas de Breogán, que conquistan a Liga por segundo ano consecutivo. As coruñesas puxeron o ramo a unha tempada perfecta, na que venceron todos os partidos. “O tempo porá a perspectiva necesaria para valorar na xusta medida o que están a facer as breoganeiras”, sinalan desde o club.

O fútbol gaélico continúa a arraigar con forza en Galiza. En poucos anos xurdiron clubes en diferentes comarcas do país e a selección galega compite a nivel internacional en pé de igualdade con outras seleccións e cun nivel moi alto.

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/de ... 56471.html
Sarauj, Latvija!

Zlatan Stojakovic
Mensajes: 437
Registrado: 28 Abr 2017, 04:22

Re: :: Post en galego ::

por Zlatan Stojakovic » 28 Abr 2017, 04:32

Boas noites, rapazada.

Preséntome como novo foreiro. Levo moito tempo lendo na sombra, e decidinme a rexistrarme por fin.
Espero estar a vosa altura e sobre todo a altura deste gran foro.

Un saúdo.

nabosky
Mensajes: 16767
Registrado: 25 Oct 2004, 11:21
Ubicación: Living on a dream. Sen tempo non era

Re: :: Post en galego ::

por nabosky » 28 Abr 2017, 13:49

Zlatan Stojakovic escribió:Boas noites, rapazada.

Preséntome como novo foreiro. Levo moito tempo lendo na sombra, e decidinme a rexistrarme por fin.
Espero estar a vosa altura e sobre todo a altura deste gran foro.

Un saúdo.


Xa houbo tempos mellores para este post.
ImagenImagen

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 3 invitados

Fecha actual 29 Mar 2024, 06:29