:::------ C.B. Breogán ------:::

JaviBreogan
Mensajes: 1232
Registrado: 02 Ene 2017, 22:21

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JaviBreogan » 03 Dic 2017, 11:58

JohnElGrande escribió:O meigallo da Galega. Está medio equipo con gripe. Sulejmanovic xa a tiña e o resto colleuna camiño de Huesca, incluso Lezkano. Non viaxou tampouco Fuzaro e Lofberg tivo que pasar polo hospital.
O partido non parece que se vaia aprazar, pese a telo pedido o club.
O partido seguramente se xogue. Se fora ao revés xa estaba suspendido. Nesta liga xa se sabe a solidaridade que hai, a ver se toma nota o Breo. Haberá que tirar de épica para conservar a racha.

rigal
Mensajes: 6095
Registrado: 03 Oct 2002, 13:29
Ubicación: Lucus Augusti

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por rigal » 03 Dic 2017, 12:02

Xa tardaba a cousa en complicarse.

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 03 Dic 2017, 13:54

Pois, como era visto, caeu a primeira derrota. Con rotación curta e enferma contra un Huesca de talento máis ben escaso, pero con moi mala hostia e, ademais, permiso arbitral para meter máis mans ca un carteirista no San Froilán.
Algunha vez tiña que pasar. Agora, volver para acó e durmir ata mañá.

Breogan42
Mensajes: 390
Registrado: 05 Nov 2011, 23:07

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por Breogan42 » 03 Dic 2017, 14:12

JohnElGrande escribió:Pois, como era visto, caeu a primeira derrota. Con rotación curta e enferma contra un Huesca de talento máis ben escaso, pero con moi mala hostia e, ademais, permiso arbitral para meter máis mans ca un carteirista no San Froilán.
Algunha vez tiña que pasar. Agora, volver para acó e durmir ata mañá.
Tendo en conta o estado da plantilla, era imposible ganar se os árbitros "deixaban xogar" porque o Breogán non podería igualar esa intensidade. Ca leña que repartiu Huesca, parece incrible que acabasen con 15 faltas.
De todas formas mui meritorio todo o que consiga Huesca nesta liga porque dos 12 partidos que xogou Breogán diría que é o equipo menos talentoso que vin (basta decir que Van Wijk é o referente do equipo). Pero son unhos guerreiros todos e saben perfectamente ó que teñen que xogar. Tocounos o peor rival posible para afrontar o partido co plantel en cuadro.
Cambiando de tema, outra victoria fácil de Prat (+22 en Cáceres). Se siguen así, haberá que sumalos a Manresa e Melilla para a pelexa polo 1º posto. A ver se hoxe Coruña da a sorpresa en Manresa...

Breogan42
Mensajes: 390
Registrado: 05 Nov 2011, 23:07

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por Breogan42 » 03 Dic 2017, 14:21

Aínda que si é verdade que Huesca non quixo aplazar o partido non lles desexo nada bon por falta de deportividade. En igualdade de condiciós Breogán é infinitamente superior e Huesca sábeo e aproveitou a oportunidade que lle deu a gastroenterite, pero non deixa de ser un un detalle mui feo. Solo espero que non se olviden desto na 2ª volta e lles poñan o partido no peor horario posible para eles. Un bo horario sería un domingo ás 12:00 para obligalos a durmir en Lugo ou a xogar despois do viaxe de autobús.

jmarvaz1
Mensajes: 176
Registrado: 02 Mar 2011, 14:54

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por jmarvaz1 » 03 Dic 2017, 14:35

No pasa nada.Se hizo lo que se pudo.
Las circunstancias mandan.
¡¡ FORZA BREO ! !

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 03 Dic 2017, 15:02

Breogan42 escribió:
JohnElGrande escribió:Pois, como era visto, caeu a primeira derrota. Con rotación curta e enferma contra un Huesca de talento máis ben escaso, pero con moi mala hostia e, ademais, permiso arbitral para meter máis mans ca un carteirista no San Froilán.
Algunha vez tiña que pasar. Agora, volver para acó e durmir ata mañá.
Tendo en conta o estado da plantilla, era imposible ganar se os árbitros "deixaban xogar" porque o Breogán non podería igualar esa intensidade. Ca leña que repartiu Huesca, parece incrible que acabasen con 15 faltas.
De todas formas mui meritorio todo o que consiga Huesca nesta liga porque dos 12 partidos que xogou Breogán diría que é o equipo menos talentoso que vin (basta decir que Van Wijk é o referente do equipo). Pero son unhos guerreiros todos e saben perfectamente ó que teñen que xogar. Tocounos o peor rival posible para afrontar o partido co plantel en cuadro.
Cambiando de tema, outra victoria fácil de Prat (+22 en Cáceres). Se siguen así, haberá que sumalos a Manresa e Melilla para a pelexa polo 1º posto. A ver se hoxe Coruña da a sorpresa en Manresa...
Prat, se mantén este plantel, é equipo de play-off con certa facilidade. Atreveríame a dicir que no top 5.

tarzan
Mensajes: 907
Registrado: 01 Ago 2014, 14:54

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por tarzan » 03 Dic 2017, 15:12

Enhorabuena a los jugadores, lucharon pese a las circunstancias adversas de las enfermedades. A recuperarse
Última edición por tarzan el 03 Dic 2017, 15:21, editado 1 vez en total.
:rodarbalon:

JaviBreogan
Mensajes: 1232
Registrado: 02 Ene 2017, 22:21

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JaviBreogan » 03 Dic 2017, 15:18

Nada que reprochar ao equipo. Loitaron o que puideron, ata que no último cuarto se lles acabou a gasolina. O mellor do partido sen dúbida foi oír aos comentaristas de Aragón TV queixarse das baixas de Huesca e culpar do baixón do último cuarto do Breo á idade dos nosos xogadores. Ver para crer. A ver se deixamos de unha vez de ser os parvos da liga porque xa está ben, Nesta liga se despois de ter confirmado o calendario pos un concerto no teu pavillón non pasa absolutamente nada e aprázase, en cambio se tes medio equipo no hospital hai que xogar. Espero que non volvamos a aprazar un partido no que queda de liga.

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 03 Dic 2017, 18:55

Deixo aquí unha pregunta que se facían hoxe nas redes sociais algúns breoganistas:
Para que lle estamos dando 25 ou 30.000€ euros ó ano ó Estudiantes por dous vinculados que non nos son útiles cando fai falta?

asirafa
Mensajes: 5823
Registrado: 27 Dic 2003, 23:54
Ubicación: A Mariña

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por asirafa » 03 Dic 2017, 20:26

JohnElGrande escribió:Deixo aquí unha pregunta que se facían hoxe nas redes sociais algúns breoganistas:
Para que lle estamos dando 25 ou 30.000€ euros ó ano ó Estudiantes por dous vinculados que non nos son útiles cando fai falta?
O salto de Eba e en particular do grupo no que está Estudiantes, (polo que lín no foro soe ser un grupo con menos nivelo que outros), semella demasiado grande. Ademais esos vinculados deberían entrenar a cotío co Breogán, non sei se o fan
Non entro en si está ben ou mal que o Breogán pague eses cartos, pero eses rapaces poden ser útiles para completar entrenos e pouco máis, ainda por riba coas exixencias de resultados que ten o Breogán.

Sobre o partido de hoxe non sei cantos estaban realmente enfermos, pero a baixada de brazos dalgun xogador non me gustou nada, e Huesca tivo o día no triple, veremos cantas veces o repite ainda con tiros liberados. Hemos ter máis partidos con baixas e hai que ter alternativas defensivas e cabeciña, ademáis de vixiar e coidar moi ben a condición física.
Stainbrook hoxe moi ben e amosando un estado físico óptimo.
http://www.cbbreogan.com la web oficial del Rio Breogan

proigravshii
Mensajes: 13646
Registrado: 26 Mar 2010, 19:33
Ubicación: Acb:Breogan y GBC .Leb Oro.Equipo corazon Bilbao Basket ,equipo corazon foro COB Ourense

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por proigravshii » 03 Dic 2017, 21:05

El que pienso que es vuestro gran rival no ha aprovechado vuestro tropiezo .Ojo con la copa no sea un Breo -Prat.Un saludo
,Lisardo Gómez un Breoganista luchador y valiente. Hazte fan de Bilbao Basket,y serás siempre joven.En 2014 hablaron de 3 años de economía de guerra,aún no hemos llegado al 2017.Que lento pasa el tiempo en Miribilla

Imagen

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 03 Dic 2017, 21:07

asirafa escribió:
JohnElGrande escribió:Deixo aquí unha pregunta que se facían hoxe nas redes sociais algúns breoganistas:
Para que lle estamos dando 25 ou 30.000€ euros ó ano ó Estudiantes por dous vinculados que non nos son útiles cando fai falta?
O salto de Eba e en particular do grupo no que está Estudiantes, (polo que lín no foro soe ser un grupo con menos nivelo que outros), semella demasiado grande. Ademais esos vinculados deberían entrenar a cotío co Breogán, non sei se o fan
Non entro en si está ben ou mal que o Breogán pague eses cartos, pero eses rapaces poden ser útiles para completar entrenos e pouco máis, ainda por riba coas exixencias de resultados que ten o Breogán.

Sobre o partido de hoxe non sei cantos estaban realmente enfermos, pero a baixada de brazos dalgun xogador non me gustou nada, e Huesca tivo o día no triple, veremos cantas veces o repite ainda con tiros liberados. Hemos ter máis partidos con baixas e hai que ter alternativas defensivas e cabeciña, ademáis de vixiar e coidar moi ben a condición física.
Stainbrook hoxe moi ben e amosando un estado físico óptimo.
É bastante evidente que non custan eses cartos.
Sobre o da baixada de brazos dalgún hoxe, eu vexo máis ben un declive físico por enfermidade. Moitos pasarían mala noite (Arco tivo vómitos, din, e Demetrio non ía nin xogar, pero tivo que facelo a collóns) e andarían con febre e o ventre solto. Ademais de todo isto, xuntouse que Huesca compensou a diferencia de calidade con máis rotación e hondonadas de hostias, como diría Manquiña en Airbag. Vin tamén algún deles, coma o tal Pablo Pérez, que seguro que na vida tivo mellor puntería. Parecía a Bomba Navarro.

rouquinho
Mensajes: 947
Registrado: 30 Dic 2010, 13:11

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por rouquinho » 03 Dic 2017, 21:29

proigravshii escribió:El que pienso que es vuestro gran rival no ha aprovechado vuestro tropiezo .Ojo con la copa no sea un Breo -Prat.Un saludo
A Prat ahora le viene Melilla en casa, TAU fuera (ojo a ese partido), Palencia en casa, Manresa fuera y terminan la primera vuelta en casa con el Barça B... Se les complica el calendario desde mi punto de vista, sobre todo los últimos cuatro partidos del año.
E malia todo... O ceo continúa a ser celeste

asirafa
Mensajes: 5823
Registrado: 27 Dic 2003, 23:54
Ubicación: A Mariña

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por asirafa » 03 Dic 2017, 23:04

JohnElGrande escribió: Vin tamén algún deles, coma o tal Pablo Pérez, que seguro que na vida tivo mellor puntería. Parecía a Bomba Navarro.
é un xogador da canteira do estudiantes e do valencia, que adestrou bastante en acb, foi internacional en categorías inferiores e ía para ogador acb, pero quedou estancado. Nun partido coma o de hoxe sairía hipermotivado para demostrar e ainda por riba se lle deron moitos tiros liberados e se demostrou que non se lle fio un bo scouting e/ou os seus defensores andaban nas berzas.
Co o da actitude referíame a quintela e a díaz, que supostamente non estaban enfermos. Arco ó parecer estaba enferno, pero voltou a amosarse coma o xogador atolondrado e fallón en ataque e mal en defensa dalgúns momentos da temporada pasada.
Demetrio tivo moito mérito tamén, pero ten que mellorar moito o xogo 5x5, é un xogador que vive do rebote ofensivo e algo do xogo por riba do aro que lle xeran os bases.
http://www.cbbreogan.com la web oficial del Rio Breogan

rigal
Mensajes: 6095
Registrado: 03 Oct 2002, 13:29
Ubicación: Lucus Augusti

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por rigal » 04 Dic 2017, 00:08

Christian Díaz se comió una bronca de Lezkano que fue para cagarse encima. En un partido tan complicado como este tiene que jugar con más cabeza.
Quintela no deja de ser un chico en crecimiento. Hoy, más exigido, no estuvo fino en ataque.

No haría mucha sangre por lo de hoy, es muy complicado tener la cabeza fría cuando el cuerpo te va de aquella manera.

rouquinho
Mensajes: 947
Registrado: 30 Dic 2010, 13:11

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por rouquinho » 04 Dic 2017, 00:45

rigal escribió:Christian Díaz se comió una bronca de Lezkano que fue para cagarse encima. En un partido tan complicado como este tiene que jugar con más cabeza.
Quintela no deja de ser un chico en crecimiento. Hoy, más exigido, no estuvo fino en ataque.

No haría mucha sangre por lo de hoy, es muy complicado tener la cabeza fría cuando el cuerpo te va de aquella manera.
Eu estaba xusto detrás do banquillo e a bronca ven porque non sei que xogador do Huesca foi (coido que Motos) fixo duas penetracións polo medio coa mesma finalización e con idéntico resultado sen que ninguén lle chegase sequeira a puntea-lo tiro... E á segunda colleu a Christian e lle explicou como se defendía, algo que polo visto xa lles tiña que ter dito unhas cantas veces... O bo de Christian puña cara de non entender nada... :mrgreen:
E malia todo... O ceo continúa a ser celeste

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 04 Dic 2017, 09:26

asirafa escribió:
JohnElGrande escribió: Vin tamén algún deles, coma o tal Pablo Pérez, que seguro que na vida tivo mellor puntería. Parecía a Bomba Navarro.
é un xogador da canteira do estudiantes e do valencia, que adestrou bastante en acb, foi internacional en categorías inferiores e ía para ogador acb, pero quedou estancado. Nun partido coma o de hoxe sairía hipermotivado para demostrar e ainda por riba se lle deron moitos tiros liberados e se demostrou que non se lle fio un bo scouting e/ou os seus defensores andaban nas berzas.
Co o da actitude referíame a quintela e a díaz, que supostamente non estaban enfermos. Arco ó parecer estaba enferno, pero voltou a amosarse coma o xogador atolondrado e fallón en ataque e mal en defensa dalgúns momentos da temporada pasada.
Demetrio tivo moito mérito tamén, pero ten que mellorar moito o xogo 5x5, é un xogador que vive do rebote ofensivo e algo do xogo por riba do aro que lle xeran os bases.
Non os vin mal a ningún dos dous, dentro do que son. Díaz é un Franch en potencia, e Quintela é o máis suplente deste equipo, sen ofender, un escolta defensivo para rotación. O problema quizais é que se viron desbordados.

catedratico
Mensajes: 7561
Registrado: 21 Mar 2005, 09:59
Ubicación: LUGO

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por catedratico » 04 Dic 2017, 09:49

JohnElGrande escribió:Deixo aquí unha pregunta que se facían hoxe nas redes sociais algúns breoganistas:
Para que lle estamos dando 25 ou 30.000€ euros ó ano ó Estudiantes por dous vinculados que non nos son útiles cando fai falta?
Porque no Estudiantes hai moito vividor,e temos que mantelos os tontos. :((

asirafa
Mensajes: 5823
Registrado: 27 Dic 2003, 23:54
Ubicación: A Mariña

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por asirafa » 04 Dic 2017, 13:51

rouquinho escribió:
rigal escribió:Christian Díaz se comió una bronca de Lezkano que fue para cagarse encima. En un partido tan complicado como este tiene que jugar con más cabeza.
Quintela no deja de ser un chico en crecimiento. Hoy, más exigido, no estuvo fino en ataque.

No haría mucha sangre por lo de hoy, es muy complicado tener la cabeza fría cuando el cuerpo te va de aquella manera.
Eu estaba xusto detrás do banquillo e a bronca ven porque non sei que xogador do Huesca foi (coido que Motos) fixo duas penetracións polo medio coa mesma finalización e con idéntico resultado sen que ninguén lle chegase sequeira a puntea-lo tiro... E á segunda colleu a Christian e lle explicou como se defendía, algo que polo visto xa lles tiña que ter dito unhas cantas veces... O bo de Christian puña cara de non entender nada... :mrgreen:
Foron creo que duas xogadas seguidas nas que Marzo rompeu a zoa penetrando entre os dous defensores da cabeceira e deixou duas bombas, estaba a cámara enfocando o banco e Lezkano chegou a tirar o rotulador ó chan ós pes de Christian Diaz.
http://www.cbbreogan.com la web oficial del Rio Breogan

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 3 invitados

Fecha actual 29 Abr 2024, 02:04