txukelinok escribió:Pois nada. Enfrente estaba o Madrid e como últimamente cumprimos. Metimos moito e a esperar que eles non meteran. O que pasa e que hoxe sí que meteron e ahí se acabou. Nada que obxetar.
Soamente un apunte. Poucas veces vin un banquillazo máis merecido que o de Sàbat. Gustaríame que algún dos seus defensores a principio de tempada pasase agora a dicir algo, porque ter un base titular sobrepagado, que non é quen de pasar o balón botando se o achuchan un pouco, que a defensa para él significa ver como corren os demáis e arrancar 2 segundos tarde continuamente, e que tirando está discreto por decir pouco (cando era a sua especialidade...). Menudo lastre de fichaxe. PAra min xa sobrepasa a Triguero.
En canto a Radovic eu xa dixen que non me gusta, pero admito que o tipo ten clase... cando lle salen as cousas. En canto se lle torce un pouquiño desaparece totalmente.
En canto a Spires, creo que é a noticia do partido. Temos un 5 que nos pode dar uns minutiños apañadetes...
Por certo, que carallo tendrá Bendzius contra o Madrid???? JAJAJAJAJA
Suscribo totalmente as túas palabras. Nada que obxetarlle ao equipo, cumpriu con nota alta, loitou e non tirou a toalla cando era o máis doado. Esa tripla de Bendzius cando estabamos a -4, e nuns segundos o Madrid anota 6 puntos e adeus partido.
Négome a comentar nada sobre Sábat. Eu ata era comprensiva con Xanthopoulos, pero o deste xogador sobrepasa os límites da paciencia. Xa non é que botemos de menos a McConell, é que por extensión xa temos morriña de Rafa Luz incluso.
Llovet e Radovic, banquillazo tamén máis ca merecido. Partido de espanto do 1º, parecía unha sombra do xogador que coñecemos. Radovic, pois polo estilo, sobrepasado, igual ca Artem. Supoño que terán mellores xornadas.
Sorpresa agradable a de Spires, para min con que xogue a metade de ben o resto dos partidos, chapeau. Xa aportou máis cousas en 10 minutos ca Pechacek en toda a xornada pasada.
Moi ben Simmons e Laksa, pero precisamos que teñan regularidade e de máis xogadas para lanzar, quedou demostrado que non son nada mancos.
En canto ao Madrid, pois pouco que dicir. 19 triplas, varias delas con defensor enriba, Felipe Reyes impartindo clínics na pintura, Carrol facendo de Jay-sí-sí cada vez que ven ao Sar, Rudy can de presa, Campazzo xogando de fantasía (de verdade botan de menos a Sergio Rodríguez?), Thompkins que vei aro como unha piscina. E o luxo de deixar sen xogar a Caseur e Randle que aquí serían titulares indiscutibles. Os 30 millóns de orzamento algo terán que ver. E así e todo, non esquezamos que a semana pasado gañaron na casa ao Murcia de casualidade.