por Mari Scada »
02 Ene 2018, 12:23
Con retraso, pero feliz AniNovo para todos os obradoiristas.
Non puidemos ter unha boa despedida de 2017. Algo se palpaba para que as vibracións non fosen as desexables, e si o partido contra o Madrid (e en igual medida contra o Baskonia) tapou previsibles críticas con dous partidos espectaculares, as infamias contra Estudiantes, Andorra e Betis (por esta orde) fan que podamos dar por entendido que se acenderon as luces vermellas de alarma, non tanto polos resultados senón polo paupérrimo xogo. Si xa ata o presidente López estaba desquiciado no palco, é doado imaxinar como estabamos o resto. Dixen nun par de ocasión que maldito parón polas xanelas FIBA que nos cortou a inspiración, e que por outra banda parece que nublou a sensatez a varios membros da plantilla, que por debutar na selección deben crerse Paul Gasol ou algo así.
Bases: Pozas volve lembrar o xogador da tempada pasada. Protestón, errático e sen frescura. Sábat pois é o que é. Lento, limitadísimo no control de balón, sen capacidade "repartidora" e por riba fallón na tripla. E esta era a parella de bases que quería o corpo técnico. Recuperamos a Nguema?.
Aleiros: Benzius ben no rebote como apuntou un foreiro, pero estiven a fixarme que efectivamente tamén vai moito á súa bola, mesmo na rolda de quecemento. Contra o Andorra empecinado en facer cousas que non lle saen e errático na tripla. Corbacho non valora porque simplemente xa nin xoga (e os adestradores do Obradoiro saberán ben a razón). Laksa como o Guadiana, aparece e desaparece. Thomas, creo que pouco máis hai que pedirlle, é certo que algo acelerado nos últimos encontros e con mala toma de decisións, pero así e todo xogador que non elude a responsabilidade botandose o equipo ás costas, e é un debutante, para min nada que reprocharlle. E para colmo, volvemos ter ao Navarro dos primeiros partidos antes de Murcia, é dicir, desesperante (air ball mediante).
Pívots: Tiñamos unha ventaxa brutal contra o Andorra, e xa non digamos contra Estudiantes, e resulta que as "twin towers" deciden borrarse do partido. A 5ª falta antideportiva (totalmente xusta) feita por Radovic o outro sábado para irse ao banquillo o máis rápido posible é digna de apertura de expediente disciplinario. Artem desde que voltou de Ucraína e xogou o partidazo contra o Baskonia semella que se lle subiron os fumes á testa (con acerto Moncho dixo nunha ocasión que o eloxio debilita) e agora volve parecer o Pustovoy de épocas pretéritas. Tampouco entendo a perda de lucidez de Llovet, outra que foi ás xanelas FIBA e volveu parecendo o irmá malo. Finalmente Spires, que polo menos lle botou intensidade e gañas, e non o digo só polo monumental gorro que colocou sinón pola enerxía e folgos que transmite no banquillo e nos tempos mortos, por non falar que aproveita ben os poucos minutos dos que dispón. Xunto con Thomas do único salvable o sábado.
Perdón polo sermón, precisaba comentalo, igual é opinión persoal e xa que logo equivocada. Confío no equipo de cara a Málaga, que tampouco é que esté moi fino na Liga (na Euroliga xa parece outra cousa), pero é certo que as sensacións que transmite neste intre non son boas e este ano non podemos botarlle a culpa ás baixas, a Yusta que non sabe tirar nin a Matulionis que non tira nunca nin a Triguero que só sabe protestar faltas. Este ano había un equipo compensado e que funcionou dende un principio con alta precisión. Grazas a Deus gañouse en finais apretados (algo que nunca pasaba) e temos 7 vitórias, algo impensable e que cómpre valorar na súa xusta medida para ter claro cunha santa vez que o noso obxetivo é a salvación e si pode ser con certa folgura mellor, pero máis nada.
Por último, darlle os parabéns ao Andorra polo magnífico plantexamento de partido. Unha defensa ao límite do permitido (alén máis diría eu) que bloqueou totalmente as ideas do equipo, aparte de contar cunha plantilla excelsa a pesar das 5 baixas que tiña e un xogador en particular, Jaime Fernández, en particular estado de graza. Cando xogan mellor ca ti e peganche un meneo, pois hai que recoñecelo e punto.