:::------ C.B. Breogán ------:::

breo_lugo42
Mensajes: 2096
Registrado: 31 May 2009, 23:42

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por breo_lugo42 » 14 Feb 2018, 13:20

Sea quien sea el que se fiche deberia ser ya porque es fundamental que esté para el partido de la semana que viene en Castellon.

catedratico
Mensajes: 7558
Registrado: 21 Mar 2005, 09:59
Ubicación: LUGO

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por catedratico » 14 Feb 2018, 13:37

boinas e zocas escribió:
catedratico escribió:Si,es necesario fichar....Y hoy mejor que mañana....

Vuelven las ventanas FIBA(al parecer contra TAU Castelló no estarán ni Sule ni Lofberg),esta semana jugamos contra Melilla,que en caso de perder se pondrían a dos y seguramente con basket average a su favor(y ellos tienen un calendario muy asequible hasta final de liga),pueden surgir lesiones que por suerte hasta ahora nos fueron respetando....¿Qué se enfadan algunos jugadores?....No sé,yo suponía que estamos en un deporte profesional y son adultos,no niños teniendo una pataleta....

P.D. ¿Urtasun o Peña?.Si físicamente estuviera en condiciones,preferiría a Txemi porque me parece más jugador de equipo(Dago necesita más protagonismo),aunque con cualquiera de ellos daría palmas con las orejas....
Es cierto, estamos en un deporte profesional y son adultos; e igual de cierto es que un jugador te puede reventar un vestuario, ya sea en baloncesto, fútbol o cualquier otro deporte; ejemplos los hay a patadas.
Si,del mismo modo un club, si un determinado jugador te "revienta" el vestuario,cuando otros equipos te pidan informes sobre él,les dices que es un hijo de pvta y pista....

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 14 Feb 2018, 15:27

Pero quen se opón a que fichemos sabe, primeiro, que temos un xogo exterior algo irregular, coa metade dos xogadores enchéndose de persoais con demasiada facilidade e sen demasiada ameaza de 6,75, dependendo moito dos bases para iso, e que Arco non pode xogar tanto, e que este mes Lofberg e Sulejmanovic non van estar en Castelló? Pregunto, porque xa non sei.

Wanys45
Mensajes: 5176
Registrado: 24 Ene 2010, 20:46
Ubicación: Fogar de Breogán.

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por Wanys45 » 14 Feb 2018, 16:17

Qué importante é o partido vs. Melilla, tiña que estar o Pazo como na Copa. :demonio:
Imagen

JaviBreogan
Mensajes: 1232
Registrado: 02 Ene 2017, 22:21

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JaviBreogan » 14 Feb 2018, 16:26

JohnElGrande escribió:Pero quen se opón a que fichemos sabe, primeiro, que temos un xogo exterior algo irregular, coa metade dos xogadores enchéndose de persoais con demasiada facilidade e sen demasiada ameaza de 6,75, dependendo moito dos bases para iso, e que Arco non pode xogar tanto, e que este mes Lofberg e Sulejmanovic non van estar en Castelló? Pregunto, porque xa non sei.
Eu non me opoño a fichar simplemente non o vexo como unha obligación como o vedes algúns. Se aparece unha boa opción pois adiante, pero sempre deixando unha marxe para posibles contratempos na tempada, porque os vai haber.De momento estamos tendo moita sorte nese sentido pero queda moito.
En canto a xogo irregular eu véxoo doutro modo. Temos a sorte de ter un equipo tan profundo que cando un non ten o día sempre aparece outro. O do tiro de 3 levámolo dicindo toda a tempada pero o certo é que levamos 22 partidos e seguimos sendo o terceiro mellor equipo de toda a liga en porcentaxe. A solución ás minutadas de Arco téñoa na casa: Fuzaro e Quintela están demostrando de sobra que están para máis minutos. Cumplen case sempre e atrás sempre dan un plus de intensidade.
No tema das ventás FIBA o caso de Sule non inflúe moito na fichaxe porque xa sería o colmo que se traera outro interior habendo o que hai. E digo eu que Kabasele viría para algo máis que para entrenar, por que xogue un partido 10 minutos non vai pasar nada, non é un drama nin moito menos. E no caso de Johan aínda dudo que vaia convocado. Na convocatoria está na reserva e respectp á última convocatoria volveron de lesión o capitán Lindqvist e Marcus Eriksson que comparte posición con Johan, así que está por ver se queda.

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 14 Feb 2018, 16:47

JaviBreogan escribió:

Fuzaro e Quintela son precisamente dous dos que moitas veces non paran na pista porque os cosen a faltas. A Lofberg pásalle igual. Ó final tense que poñer Arco. Normal que estea canso, como parece.
Conta con que Lofberg e Emir vaian coas seleccións, porque seguramente será o que pase. Fai falta outro exterior. A min paréceme indiscutible. Por dentro haberá que asumir colectivamente os minutos de Emir, porque Kabasele non parece que vaia xogar moito. Pero por fóra non temos a ninguén.

catedratico
Mensajes: 7558
Registrado: 21 Mar 2005, 09:59
Ubicación: LUGO

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por catedratico » 14 Feb 2018, 18:06

Polas túas palabras,paréceme que non sabes que o prazo para fichaxes finaliza o día 28/02.....Non hai tempo,hai que fichar para o partido contra Castelló.

asirafa
Mensajes: 5821
Registrado: 27 Dic 2003, 23:54
Ubicación: A Mariña

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por asirafa » 14 Feb 2018, 18:26

rouquinho escribió: E que falas de Trías coma se fora calquer chaíñas... Cando é un xogadorazo TOP para a categoría! Normal que faga dano... E con todo estivo a metade do partido (falo da Copa Princesa) inédito. Aparte, un interior, por moi aberto que sexa, tendo no xogo interior a Sule, Demetrio, Guille, Matt e Kabasele, parece mesmo soberbia...
Dixen Trias porque foi o que se me veu á mente,e precisamente estivo inédito ata que decidiu sair xogar a 4 ou 5 metros do aro e lanzar dende alí. Nacho Martín tamén empezou facendo moito dano dende fora, en Melilla están Samb e Javi Lucas, Martí o de Prat, Hoftgarner o de Valladolid, Fornás, Van wijk, Kaminski, Maynard, Charles... De momento á maioria se lles freou ben, pero son un perfil de xogador que eu penso que poden facer moito dano.

¿Kabasele?, que o incluas dende o punto de vista económico, vale, porque é un xogador ó que hai que pagarlle o soldo e demáis cotizacións, pero por aportación nos partidos eu non o contaría, e coñecendo un pouco a Lezkano coido que non vai a ter moitas oportunidades de entrar na rotación máis alá de partidos con todo moi moi decidido.

E eu falo dun 3 que poida xogar de 4 aberto, son consciente de que non se pode nen deportivamente nen económicamente ter 5 interiores no plantel máis Kabasele, un Matulionis, un Gilling, un Feliu por exemplo, e logo tácticamente tentar de solucionar que os catros rivais lle xoguen ó poste. A Kabasele víñalle de perlas unha cesión en Prata.
Última edición por asirafa el 14 Feb 2018, 18:36, editado 2 veces en total.
http://www.cbbreogan.com la web oficial del Rio Breogan

asirafa
Mensajes: 5821
Registrado: 27 Dic 2003, 23:54
Ubicación: A Mariña

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por asirafa » 14 Feb 2018, 18:34

JaviBreogan escribió: E no caso de Johan aínda dudo que vaia convocado. Na convocatoria está na reserva e respectp á última convocatoria volveron de lesión o capitán Lindqvist e Marcus Eriksson que comparte posición con Johan, así que está por ver se queda.
¿E Emir é fixo que vai?, porque na outra ventá apenas participou, ainda que foi cando estaba con gripe ¿non?.
Pois oxalá quede Löfberg fora da lista, se vai Eriksson apenas vai a participar e xa vimos como voltou da primeira ventá.
http://www.cbbreogan.com la web oficial del Rio Breogan

Wanys45
Mensajes: 5176
Registrado: 24 Ene 2010, 20:46
Ubicación: Fogar de Breogán.

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por Wanys45 » 14 Feb 2018, 18:36

Kabasele ten que ser un favor que debemos, unha Cristinada ou algo así, senon non hai quen o entenda porque é tirar os cartos o lume.
Imagen

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 14 Feb 2018, 19:18

asirafa escribió:
JaviBreogan escribió: E no caso de Johan aínda dudo que vaia convocado. Na convocatoria está na reserva e respectp á última convocatoria volveron de lesión o capitán Lindqvist e Marcus Eriksson que comparte posición con Johan, así que está por ver se queda.
¿E Emir é fixo que vai?, porque na outra ventá apenas participou, ainda que foi cando estaba con gripe ¿non?.
Pois oxalá quede Löfberg fora da lista, se vai Eriksson apenas vai a participar e xa vimos como voltou da primeira ventá.
Emir vai, é oficial. E Lofberg ponlle que tamén. Que si,que ó final xogarán entre 0 e 5 minutos, pero irán. A sorte é que temos certo colchón, que xa non hai máis fiestras FIBA ata final de xuño e que o seguinte partido logo de Castelló xa sería o 4 de marzo, creo.

asirafa
Mensajes: 5821
Registrado: 27 Dic 2003, 23:54
Ubicación: A Mariña

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por asirafa » 14 Feb 2018, 19:22

JaviBreogan escribió: Eu non me opoño a fichar simplemente non o vexo como unha obligación como o vedes algúns. Se aparece unha boa opción pois adiante, pero sempre deixando unha marxe para posibles contratempos na tempada, porque os vai haber.De momento estamos tendo moita sorte nese sentido pero queda moito.
O do tiro de 3 levámolo dicindo toda a tempada pero o certo é que levamos 22 partidos e seguimos sendo o terceiro mellor equipo de toda a liga en porcentaxe. A solución ás minutadas de Arco téñoa na casa: Fuzaro e Quintela están demostrando de sobra que están para máis minutos. Cumplen case sempre e atrás sempre dan un plus de intensidade.
Logo do 28/2 non vale que sexa un contratempo, ten que ser unha lesión grave coma a de Fakuade, e xa vimos o que custou que aceptasen permitir unha fichaxe. Temos que apostar polo ascenso directo ó final da liga regular.
O do tiro de 3 pois coido que os bases están axudando máis do que deberían, bastante teñen con dirixir ó equipo, Fuzaro e Quintela apenas anotan de 3 e vexo poucos tiros liberados de Arco e dun Lofberg que tampouco é un bo anotador de 3. Está tamén o tema de Sule, que está moi acertado, pero que tamén fai moita falla preto do aro.
E estou de acordo en que Fuzaro e Quintela semella que van a máis, pero teñen as súas virtudes e os seus defectos, e se quitas minutos a Arco pois ainda menos ameaza de 3, ainda qu estou de acordo en que está para menos minutos.
http://www.cbbreogan.com la web oficial del Rio Breogan

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 14 Feb 2018, 19:25

Wanys45 escribió:Kabasele ten que ser un favor que debemos, unha Cristinada ou algo así, senon non hai quen o entenda porque é tirar os cartos o lume.
É un 5 moi prometedor. O malo é que se lle trouxo moi tarde e aínda está aprendendo a comer el só, por dicilo así. Despois, que xa sabemos o que lle pasa a Lezkano coa xestión de banco. En Palencia tiña 11 ou 12 xogadores moi válidos todos e xogaba só con 7/8 (así lle pasou despois que se lle lesionaron a metade). O ano pasado, Quintela 2 minutos e Arco 35. Romero case sen xogar. Cabanas nin digo, e disque aprobou el mesmo a fichaxe e aínda foi a Coruña falar con el antes... Kabasele, con outro adestrador, estaría facendo xa os seus 5-6 minutos ou máis. Non é todo culpa do rapaz.

JaviBreogan
Mensajes: 1232
Registrado: 02 Ene 2017, 22:21

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JaviBreogan » 14 Feb 2018, 19:48

catedratico escribió:
JaviBreogan escribió:
JohnElGrande escribió:Pero quen se opón a que fichemos sabe, primeiro, que temos un xogo exterior algo irregular, coa metade dos xogadores enchéndose de persoais con demasiada facilidade e sen demasiada ameaza de 6,75, dependendo moito dos bases para iso, e que Arco non pode xogar tanto, e que este mes Lofberg e Sulejmanovic non van estar en Castelló? Pregunto, porque xa non sei.
Eu non me opoño a fichar simplemente non o vexo como unha obligación como o vedes algúns. Se aparece unha boa opción pois adiante, pero sempre deixando unha marxe para posibles contratempos na tempada, porque os vai haber.De momento estamos tendo moita sorte nese sentido pero queda moito.
En canto a xogo irregular eu véxoo doutro modo. Temos a sorte de ter un equipo tan profundo que cando un non ten o día sempre aparece outro. O do tiro de 3 levámolo dicindo toda a tempada pero o certo é que levamos 22 partidos e seguimos sendo o terceiro mellor equipo de toda a liga en porcentaxe. A solución ás minutadas de Arco téñoa na casa: Fuzaro e Quintela están demostrando de sobra que están para máis minutos. Cumplen case sempre e atrás sempre dan un plus de intensidade.
No tema das ventás FIBA o caso de Sule non inflúe moito na fichaxe porque xa sería o colmo que se traera outro interior habendo o que hai. E digo eu que Kabasele viría para algo máis que para entrenar, por que xogue un partido 10 minutos non vai pasar nada, non é un drama nin moito menos. E no caso de Johan aínda dudo que vaia convocado. Na convocatoria está na reserva e respectp á última convocatoria volveron de lesión o capitán Lindqvist e Marcus Eriksson que comparte posición con Johan, así que está por ver se queda.
Polas túas palabras,paréceme que non sabes que o prazo para fichaxes finaliza o día 28/02.....Non hai tempo,hai que fichar para o partido contra Castelló.
Co de marxe para posibles contratempos refírome a lesións de longa duración. Nese caso si que se pode incorporar a un xogador despois desa data.

JaviBreogan
Mensajes: 1232
Registrado: 02 Ene 2017, 22:21

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JaviBreogan » 14 Feb 2018, 20:04

asirafa escribió:
JaviBreogan escribió: E no caso de Johan aínda dudo que vaia convocado. Na convocatoria está na reserva e respectp á última convocatoria volveron de lesión o capitán Lindqvist e Marcus Eriksson que comparte posición con Johan, así que está por ver se queda.
¿E Emir é fixo que vai?, porque na outra ventá apenas participou, ainda que foi cando estaba con gripe ¿non?.
Pois oxalá quede Löfberg fora da lista, se vai Eriksson apenas vai a participar e xa vimos como voltou da primeira ventá.
Sule si que está entre os 12 convocados por Bosnia. Johan está de reserva nunha lista que xa ten a 3 aleiros convocados. Veremos a ver que pasa.

asirafa
Mensajes: 5821
Registrado: 27 Dic 2003, 23:54
Ubicación: A Mariña

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por asirafa » 14 Feb 2018, 20:07

JohnElGrande escribió:
Wanys45 escribió:Kabasele ten que ser un favor que debemos, unha Cristinada ou algo así, senon non hai quen o entenda porque é tirar os cartos o lume.
É un 5 moi prometedor. O malo é que se lle trouxo moi tarde e aínda está aprendendo a comer el só, por dicilo así. Despois, que xa sabemos o que lle pasa a Lezkano coa xestión de banco. En Palencia tiña 11 ou 12 xogadores moi válidos todos e xogaba só con 7/8 (así lle pasou despois que se lle lesionaron a metade). O ano pasado, Quintela 2 minutos e Arco 35. Romero case sen xogar. Cabanas nin digo, e disque aprobou el mesmo a fichaxe e aínda foi a Coruña falar con el antes... Kabasele, con outro adestrador, estaría facendo xa os seus 5-6 minutos ou máis. Non é todo culpa do rapaz.
Penso que nin el nin eu lle botamos a culpa ó xogador.
http://www.cbbreogan.com la web oficial del Rio Breogan

Avatar de Usuario
JohnElGrande
Mensajes: 1661
Registrado: 02 Ene 2017, 17:53

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JohnElGrande » 14 Feb 2018, 20:45

asirafa escribió:
JohnElGrande escribió:
Wanys45 escribió:Kabasele ten que ser un favor que debemos, unha Cristinada ou algo así, senon non hai quen o entenda porque é tirar os cartos o lume.
É un 5 moi prometedor. O malo é que se lle trouxo moi tarde e aínda está aprendendo a comer el só, por dicilo así. Despois, que xa sabemos o que lle pasa a Lezkano coa xestión de banco. En Palencia tiña 11 ou 12 xogadores moi válidos todos e xogaba só con 7/8 (así lle pasou despois que se lle lesionaron a metade). O ano pasado, Quintela 2 minutos e Arco 35. Romero case sen xogar. Cabanas nin digo, e disque aprobou el mesmo a fichaxe e aínda foi a Coruña falar con el antes... Kabasele, con outro adestrador, estaría facendo xa os seus 5-6 minutos ou máis. Non é todo culpa do rapaz.
Penso que nin el nin eu lle botamos a culpa ó xogador.
Dígoo porque parece coma se se lle fixera de menos, coma se fora un mal xogador. As circunstancias da fichaxe son outro conto. Non as coñezo e non descarto que houbera algún chanchullo. Xa se sabe o que pasa cos axentes e demais.

rouquinho
Mensajes: 947
Registrado: 30 Dic 2010, 13:11

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por rouquinho » 15 Feb 2018, 00:55

Sigo dicindo o mesmo. Fichar por fichar é unha parvada e sen sentido. Que o plantel é mellorable? Si... e os Bulls de Jordan tamén... Pero iso non significa que o noso xogo exterior sexa irregular. Para min, e volvo dicir que é unha opinión persoal (se é que se poden dar, que vendo como algúns sentenciades por aquí, mesmo o dubido) se xorde unha oportunidade, xenial, pero senon co plantel que hai agora mesmo e coa situación que temos na liga, non é necesario "arriscar" cunha fichaxe. Se ven alguén que sexa para mellorar o que hai, eses pequenos retoques que se lle poden dar ao plantel, pero senon... Este plantel tal e como está ten que ser o máximo favorito para o ascenso directo.
E malia todo... O ceo continúa a ser celeste

JaviBreogan
Mensajes: 1232
Registrado: 02 Ene 2017, 22:21

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por JaviBreogan » 15 Feb 2018, 01:37

JohnElGrande escribió:
JaviBreogan escribió:
JohnElGrande escribió:Pero quen se opón a que fichemos sabe, primeiro, que temos un xogo exterior algo irregular, coa metade dos xogadores enchéndose de persoais con demasiada facilidade e sen demasiada ameaza de 6,75, dependendo moito dos bases para iso, e que Arco non pode xogar tanto, e que este mes Lofberg e Sulejmanovic non van estar en Castelló? Pregunto, porque xa non sei.
Eu non me opoño a fichar simplemente non o vexo como unha obligación como o vedes algúns. Se aparece unha boa opción pois adiante, pero sempre deixando unha marxe para posibles contratempos na tempada, porque os vai haber.De momento estamos tendo moita sorte nese sentido pero queda moito.
En canto a xogo irregular eu véxoo doutro modo. Temos a sorte de ter un equipo tan profundo que cando un non ten o día sempre aparece outro. O do tiro de 3 levámolo dicindo toda a tempada pero o certo é que levamos 22 partidos e seguimos sendo o terceiro mellor equipo de toda a liga en porcentaxe. A solución ás minutadas de Arco téñoa na casa: Fuzaro e Quintela están demostrando de sobra que están para máis minutos. Cumplen case sempre e atrás sempre dan un plus de intensidade.
No tema das ventás FIBA o caso de Sule non inflúe moito na fichaxe porque xa sería o colmo que se traera outro interior habendo o que hai. E digo eu que Kabasele viría para algo máis que para entrenar, por que xogue un partido 10 minutos non vai pasar nada, non é un drama nin moito menos. E no caso de Johan aínda dudo que vaia convocado. Na convocatoria está na reserva e respectp á última convocatoria volveron de lesión o capitán Lindqvist e Marcus Eriksson que comparte posición con Johan, así que está por ver se queda.
Fuzaro e Quintela son precisamente dous dos que moitas veces non paran na pista porque os cosen a faltas. A Lofberg pásalle igual. Ó final tense que poñer Arco. Normal que estea canso, como parece.
Conta con que Lofberg e Emir vaian coas seleccións, porque seguramente será o que pase. Fai falta outro exterior. A min paréceme indiscutible. Por dentro haberá que asumir colectivamente os minutos de Emir, porque Kabasele non parece que vaia xogar moito. Pero por fóra non temos a ninguén.
Se ven nalgún partido se cargaron de faltas non o vexo un caso alarmante coma ben podía ser Lobito o ano pasado. Para min temos unha plantilla moi boa e equilibrada. Sobradamente preparada para ascender de forma directa. E que un (ou dous) xogadores se vaian a perder un partido tampouco o vexo motivo de peso para traer un xogador para o resto da tempada. Veremos a ver que pasa.

tarzan
Mensajes: 907
Registrado: 01 Ago 2014, 14:54

Re: :::------ C.B. Breogán ------:::

por tarzan » 15 Feb 2018, 09:31

Se está hablando poco de un partido tan importante como el de este fin de semana, melilla viene ahí detrás, últimamente llevan una racha muy buena y tienen un equipo con muy buenos jugadores que empezaron la liga algo mal pero que ahora están arrasando, para mi este es uno de los partidos más importantes de la temporada
:rodarbalon:

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 3 invitados

Fecha actual 18 Abr 2024, 08:37