por Todor Lazic »
12 Abr 2018, 23:12
Pois eu penso que a clave estivo nos últimos 15 minutos, nos que ocurriron dúas cousas:
A primeira é, que Plaza douse conta de que os negros non lle servían e cambiou para os brancos. Entre os negros poño tamén a Nedovic (un branco que xoga coma un negro) que, aínda que fixo os seus puntos no primeiro cuarto e no último, o certo é que chegouse a desquiciar e a pedir o que non lle daban os árbitros.
Este cambio foi fundamental, pois o tridente Alberto Díaz, Augustine e Adam foi o que conseguíu a remontada. E quero destacar a Augustine con 8 rebotes, moitos deles diante de Artem e con 4 puntos anotados un 13 de valoración. Mentres estiveron os negros en cancha aos nosos foilles máis que ben. Con Alberto Díaz veu o sentido común e os outros catro xogadores comezaron a mirar para o seu base, algo imposible de facer con McCallum. Aínda enriba, cos brancos en cancha defenderon moito mellor.
A segunda, que especialmente no último cuarto a actuación dos nosos foi un desastre e neste periodo perdéronse todos os balóns que din as estatísticas respecto ás perdas. Ata ese momento iba a cousa moi ben respecto ao rival, que ao final tamén perdeu 15. Estar 11 arriba con 4 minutos para o final xa dice todo o que pasou despois. O partido perdéronno os que tiñan esa ventaxe, esto é así a pesares da superioridade do rival, que é incuestionable.
E solo un apunte máis, o equipo máis protestón que pasou por Sar no que vai de temporada é o UNICAJA, premio para eles, Plaza incluído, que se puxo a laiarse tamén cos colexiados cando finalizou o encontro, ata o punto de que Peruga tivo que decirlle que, por favor, se fóra aos vestiarios.
Borrón e conta nova. Ah! E vou a pontificar: Estamos salvados.
Un saúdo.