por JohnElGrande »
22 May 2018, 21:03
Pouco que comentar da actualidade do equipo. Parece que se traballa a marchas forzadas para fichar un director deportivo. O equipo debería saír cara China proximamente, pero non se fala aínda do asunto, algo que é bastante raro. A xira é conxunta con Burgos, creo, pero suponse que estes, que xa saben cando remata a tempada para eles (pasado mañá), terían planificado algo. Non sei. É raro. O pouco que se sabe é que irán algúns do primeiro plantel (Matt, os brasileiros...) e crese que irá xente próxima (Erik Quintela e Charles, o ex Breogán, de Castelló).
Comento por dicir algo, para que non pase rodando por aquí un arbusto coma nas películas do Oeste.