Home Txuke, non creo que a miña opinión resulte por ilo "endiosada". Eu dixen que me parecía raro que non xogase nada de nada, ou si acaso uns segundos, casi ao estilo Miky Stobart cando "xogaba" no Obradoiro, e eu sigo a pensalo porque un dos mellores taponadores do ano pasado na ACB, que sabe xogar de costa ao aro, aceptable no rebote, creo que debería ter algo máis de presencia na cancha. E sí, debería quitarlle minutos a Oriola, que a min a verdade fora do seu pundonor e tal e cual paréceme un xogador limitadísimo. Pero bueno, a (triste) traxectoria blaugrana nos últimos anos resúmese en fichar a Tomic (moi bó en ataque pero unha rémora en defensa e no vestiario), medio regalar a Ayón (e para fichar a Tibor Pleiss que para min empeora bastante a Pustovoy), perder a Satoransky, Hezonja e Abrines e non aproveitar a oportunidade de mercado o ano pasado para fichar a Tavares, que agora é unha peza fundamental no esquema do arquirival e fichan (e pagan dereitos a Estudiantes) a Edwin Jackson que non aporta nada. Peor non se pode facer por parte dos responsables técnicos, e así se explica que estén a dar tumbos, por moito efecto Pesic que queiran ver.txukelinok escribió:Home, pois a min non me extraña, a verdade.... Aquí era moi bó e no Barça fíchano de quinto ou sexto interior, que é o seu nivel actual. Se teñen lesiones xogará máis e dará o nivel, pero de ahí non pasa. A quen lle quitas os minutos? A Tomic? A Oriola? A Seraphin despois da lesión??? ou cecáis a Singleton que veu coma estrela????? Pois eso, a buscar rapiñar os poucos minutos que quedan pelexando con Smits, aínda qeu xogue máis de 3.Mari Scada escribió:A alguén lle sorprende que Artem Pustovoy non esté xogando nada co Barsa?. A min a verdade sí, pero vamos coa política tan nefasta que seguen en Can Barsa dende fai 5 anos (sección de baloncesto) están como están, pero ese xa é o seu problema.
Para non xogar nada, xa podían facer como o ano pasado co letón Smits, fichado e cedido no Fuenlabrada. E xa que logo outro que tampouco está a xogar nada, algúns partidos nin convocado. Aquí serían dous titulares indiscutibles.
Non sexamos agora endiosados. Un xogador top dun Obradoiro, será como moito xogador de rotación nun equipo top ou protagonista nos equipos do segundo escalón (coma Thomas), pero de ahí a outra cousa.... como que non. A flauta neses casos sona cada 20 anos....
Pero bueno, como dixen antes, é o seu problema, e bendito problema é dispór de 30 millóns de orzamento para ver a un Heurtel da vida xogando igual gañen ou perdan de 20 ou a Claver (sen comentarios) de titulares.