por Breogan42 »
16 May 2022, 13:48
Pois o sábado fíxose xustiza e baixaron os dous equipos que peor xogaban ó baloncesto nesta liga. Alégrome muito polo de Burgos, equipo que non pode ver desde que lle pagaban con bocadillos a Coppenrath, Vinicius, Pep Ortega, Sabat etc. mentras a plantilla do Breogán, con supostamente muito máis supostamente daba para 2 ou 3 xogadores bos e o resto mediocres. Boicoteando a liga ano tras ano. Xa sei que aquel era outro Burgos e que este Miraflores apareceu "da nada" en LEB como un novo rico disposto a arrasar, que foi o que fixo.
Tamén me chama a atención o da gran afición, cando fará 7 ou 8 anos fun ver ó Breogán ó Plantío e non estaba cheo un pabellón de 2500 plazas. Non sei o que fixeron para cuadriplicar a súa masa social, pero teño a curiosidade por ver os que seguirán en LEB. Non o primeiro ano, que aí seguro que van seguir a maioría, senón no caso de que boten 3 ou 4 anos na LEB.
Outro ridículo é o de que, tanto presidente como afección, falan das Champions League ou da Intercontinental como grandes títulos. Ten muito mérito gañalas, pero de aí a autodenominarse como o 3º club nacional con máis títulos europeos por ter 2 copas equivalentes á Conference League e unha Intercontinental que do ridícula que é parece máis un torneo de vrao que un título oficial. A Intercontinental sería entre Efes e Bucks. Se me apuras entre Efes e Flamengo polo das normas Fiba. Pero nunca pode ser o representante de Europa un equipo que xoga a 3ª competición europea.
Todas esas xa eran razós para que me caera mal o Burgos, calesqueira que fose a súa denominación. Pero a negociación ás espaldas do Breogán con Paco Olmos, xa foi a gota que colmou o vaso. Un "roubo" que muitos afeccionados de Burgos defenderon, alegando que iba a un club mellor, que "business es business" e que a eles Zaragoza lle levara a Casadevall para a ACB cando estaban en LEB (como se a situación se parecese en algo a esta).
Así que nada, que disfruten da LEB con Olmos ou que lle paguen os 800000 € de contrato que lle queda por cobrar para que poida ir jubilarse a Puerto Rico. E que sigan desviándose en un millón de euros no presuposto anual como este ano, que despois cando desaparezan como Girona, Menorca, Gijón etc. xa se darán conta de que deberan ser máis humildes e non ter esa atitude de novos ricos que manifestan habitualmente. E unha vez desapareces, non é fácil atopar a un Marc Gasol de salvador.