Partido no que a verdade, non entendo como chegamos á prórroga, polos menos non contaba despois do terceiro cuarto. O valencia pareceume un equipazo, inda con baixas.
Concedemos un montón de canastas en bandexa, unhas por malas defensas e outras por perdas. Os nosos tiros libres, pois ben puideron desequilibrar a balanza antes da prórroga. Arranxamos algo a % de 3 no ultimo cuarto e prórroga, porque nos 3 primeiros, foi de apenas un 30%.
Inda que seguro que coincidimos en que o quinteto que acaba o partido faino bastante ben e é clave para a remontada e forzar a prórroga, non é menos certo que chegan ó tempo extra moi cansados e pasa factura. Ó final, centramos todo en 5 xogadores. Tanto Blazevic coma Guerrero, ben puideron dar algo de descanso a Bender e Vicedo. O mesmo que Zubri a Phil, ó que se lle notaba o cansancio especialmente. Se con Westermann lesionado, Zubri so está para 3 minutos nun partido con prórroga, pois representa bastante ben o que lle espera a Fer este ano.