Eu non cheguei ao Multiusos máis que á 2ª parte do partido. Vin no teléfono, ata que se me apagou, o 1º cuarto, uns minutos de moita brega, cada punto costando moito...15-16 e apágase o maldito. Pensei, "buf, partido a poucos puntos, e sufrido ata o final". E resulta que chego ao pabellón e gañamos de 21 puntos ao descanso, metendo a barbaridade de case 50 puntos!
E resulta que o Bilbao se pon a repartir leña, e resulta que Moncho non para o partido co 0-8 de saída, senón, co 0-10, e resulta que nese 3º cuarto mantéñennos vivos os tiros libres e pouco máis...
Pero o festival de triples bilbaíno chega no último cuarto e coma sempre
non sabemos pechar os partidos, pasou co Fuenlabrada, pasou co Estudiantes e case sucede o sábado. Nin sequera facer unha maldita falta antes de que tiren de 3 puntos! Temos a **** costume de poñernos co bota-bota para consumir tempo e acabamos tirando T3 a falta de 4 ou 5 segundos para que acabe a posesión...un equipo ACB ten que intentar facer xogada, cansar ao rival, buscar faltas, calquera cousa me vale menos o bota-bota quedando 3 minutos de partido, e non damos aprendido.
Con todo, a dinámica cambiou radicalmente coa fichase de Maric e Evgenii, xa dende o partido contra o Joventut, e iso é algo que da certa tranquilidade á hora de afrontar os seguintes partidos.
Kostas: pasado de peso, falto de forma. Agradecido por vir arrimar o ombreiro, non obstante.
Haws: txuke, yo no compro. Americanos
random escoltas que se generen tiros hay a punta pala, le falta físico para afrontar la ACB; no sé en otra liga europea, desde luego en esta sufre muchísimo. La jugada en la que se empeña en botar la pelota y entrar para acabarla perdiendo es de locos.
Triguero estupendo, de lo mejorcito junto con el acierto de Benji en el tramo final del partido.