por Mari Scada »
02 Oct 2019, 13:50
Todor Lazic escribió:wazousky escribió:Todor Lazic escribió:
Que manía con lo de Porfi, el año pasado estaría bien que se recordase con igual magnitud quién pasó por la piedra a quién en Zaragoza.
Kostas Vasileiadis a Porfi.
No lo entiendo, pero vale, siguiendo la misma "filosofía" Radovic a Moncho entonces.
Facía tempo que non interviña neste foro, pero vamos, dubidar da capacidade de Fisac que xa nos leva dando disgustos durante varios anos (Blancos de Rueda, Delteco, Zaragoza) con equipos moitas veces inferiores ao Obradoiro pois tampouco é elegante negarlle a maior.
O ano pasado gañouse en Zaragoza en boa medida porque a Kostas se lle apareceu o apóstolo e os arcanxos para cascar 10 triplas, unha cousa casi semellante á de Simons en Burgos (e que á postre serviu para conservar a categoría na ACB), e entre iso e algunha outra vitoria in extremis (lembro a de Andorra na casa, o propio Breogán) estamos onde estamos creo que por méritos propios e algo de demérito do resto.
Agora ben, e pasando páxina da temporada pasada con qué Obradoiro nos quedamos?. Co do venres, todo pundonor, acerto, carraxe, gañas e ilusión ou coa santa compaña que desfilou polo Príncipe Felipe?. Si facemos de novo moviola, o ano pasado tiveron un par de partidos desa "caste", en Lugo e en Murcia, onde directamente prescindiuse de competir de inicio. Pero non sei, algo me dí que aínda que sexa algo coxuntural estar de pechacancelas non me dá boa espiña este ano, si ata o noso próximo contricante xa está con dúas vitorias cando era candidato nº 1 (ou case) ao descenso......paciencia pero tamén moita prudencia coas euforias.