por jagvil »
27 Oct 2019, 01:25
Pésimo partido tanto de Kravic como de Czerapowicz, agravado no caso deste último polas 5 perdas de balón nos 10,23 min que estivo en pista.
Pola contra extraordinario partido tanto de Magee como de Alvaro Muñoz ( creo que foi un acerto pleno a sua fichaxe).
Brilante partido tamén de Brodziansky, e moi serio partido defensivo de Pepe Pozas, maniatando a Askia Booker, sobor de todo no 1º cuarto, que, a pesares de conquerir 22 puntos, as suas porcentaxes, con 7/19 en tiros de campo, non foron precisamente para tirar cohetes.
Mike Daum, sen facer un gran encontro, os 11 ptos. e 5 rebotes, maquillaron un pouco a sua actuación. Por suposto que foi o receptor de innumerables broncas por parte de Moncho.
Victoria traballada que nos pón no camiño do que debe ser o noso percorrido pola competición.
Esperemos a recuperación tanto de Kostas como de Maxime, así como a melloría para os próximos encontros de Kravic e Czerapowicz.
hacer todo el bien posible, amar la libertad sobre todas las cosas,
aún cuando fuera por un trono, nunca traicionar a la verdad