por AveFenix+20 »
04 Ago 2023, 22:47
Concordo en que é unha boa plantilla pero temos unha grande debilidade na posición de 4 (espero 28 minutos de media para Tres e 12 para Suárez aproximadamente), no 3, se faltase Thomas, aínda podemos xogar sen 3 e trampear con Mendoza, Muñoz, 2 bases...
E iso que espero un pequeno paso adiante de Suárez, tampouco moito, pero que nos dea polo menos o que nos dou hai dúas tempadas, que cumpría en defensa e rebote e aportaba 2-3 triples por partido con boas porcentaxes.
Para cubrir o 4, non haberá algún sub 22, xa non pido cupos, algún lituano, polaco, balcánico... que teña boas perspectivas e que poda vir barato a ser importante no EBA, entrenar no ACB, e se fai falla, tirar del nun momento dado, polo menos para completar as fichas. Se se lesiona o 4 titular máis dun mes hai que fichar, pero entre que buscan, firma, viaxa e se adapta un pouco poden ir 2-3 xornadas ACB perdidas. E se ao final xogamos BCL (que fixeron a plantilla como se non a fóramos a xogar), pois moito peor.
Sigo vendo a España...
O-B-R-A, todos xuntos: OBRÁ!!!