BASKETBALL CHAMPIONS LEAGUE 23/24
Qualification round
Sede: ANTALYA (TURQUÍA)
Gloria Sports Arena
Calendario de partidos
QF: 26/09 20:30h Mornar Bar
SF: 28/09 20:00h Legia Varsovia/Fribourg/Caledonian Gladiators (*)
F: 30/09 19:00h Strasbourg/Jonava/Ness Ziona/Karhu (*)
Equipos participantes
STRASBOURG IG (Francia)
Fundado en 1929, a mayoría dos seus éxitos deportivos chegaron co novo século. Na temporada 2004/05 gaña a súa primeira liga doméstica, vencendo ao SLUC Nancy. Na 05/06 participa por primeira vez na Euroliga, onde acada algún resultado sorprendente, como a vitoria sobre o Baskonia. Logo dalgunhas temporadas non tan exitosas, chega ao club Vincent Collet en 2012. O equipo acada as finais da liga en tres ocasións consecutivas (2013-2015), gaña a Leaders Cup 2015 (equivalente á Copa ACB) e a Copa Francesa (2014 /15).
É un asiduo da BCL: disputou as 7 edicións, cun 4º posto na 20/21 como mellor resultado. Disputou a Euroliga ademáis na 13/14 e na 15/16.
Actualmente conta cun orzamento de 7M €.
Plantilla 23/24 (provisional)
PG Quinton Hooker, Jean-Baptiste Maille
SG Phil Booth, Sofiane Briki
SF Chaundee Brown Jr., Paul Lacombe
PF Léopold Cavalière, Hugo Invernizzi
C Daniel Akin, Nakye Sanders
Coach Massimo Cancellieri
BC JONAVA CBET (Lituania)
Fundado oficialmente en 1999, estivo no segundo chanzo do basket lituano dende a súa fundación. Ascende á LKL na 20/21, e remata 5º e 4º nas temporadas posteriores. Disputou a rolda previa da FIBA Europe Cup na 22/23, sen conquerir o pase á Regular Season
PG Mike Lewis II, Iván Gandía-Rosa, Robert Sycius
SG Edvinas Seskus
SF Nojus Mineikis, Lukas Kreismontas, Tauras Jogela
PF Aleksandar Marelja, Strahinja Micovic
C Michael Hughes
Coach Virginijus Seskus
KAUHAJOKI KARHU BASKET (Finlandia)
Este club finlandés acadou a súa primeira Korisliiga (máxima categoría) no 2018, gañando dende aquela 2 ligas máis (18/19 e 21/22). Participou en 3 ocasións na BCL, sen pasar da rolda previa en ninguna delas. O maior logro europeo deste club foi o acceso ás semifinais da FIBA Europe Cup a temporada pasada, caendo ante o Anwil Wloclawek.
PG Tahj Eaddy, Henri Kantonen, Jussi Ikkela
SG Topias Palmi, Shawn Hopkins, Eero Innamaa
SF Joona Hakamaa, Oliver Kanden, Malik Ellison
F Chris Brandon, Eemi Luukonnen
C Horacio Spencer
Coach Janne Koskimies
IRONI NESS ZIONA BC (ISRAEL)
Fundado en 2005, a nivel europeo fixo o seu debut na FIBA Europe Cup na 2018/19, caendo ante os Bakken Bears no play-off. Na 2020/21 gañou a competición, vencendo ao Stal Ostrow.
Plantilla 23/24 (provisional)
PG Tzuf Ben Moshé, Nadav Yankovitz
SG Demonte Harper, Dusty Hannahs, Yair Kravitz, Isaiah Whitehead
SF Lahav Akerman, Yonatan Abouloff
PF Itai Segev, Vince Edwards
C Jerome Meyinsse, Tomer Levinson
Coach Elad Hossein
LEGIA VARSOVIA (Polonia)
Fundada en 1929 a sección de baloncesto do popular club polaco, foi dominador do baloncesto do seu país nas décadas dos 50 e 60, cando participou en varias ocasións na Copa de Europa.
No 2014 adquire unha nova forma xurídica, coincidindo coa chegada de novos propietarios. Ascende á máxima categoría en 2017, logo de 14 anos fóra dela. A temporada pasada disputa a FIBA Europe Cup caendo en cuartos de final ante Reggio Emilia.
Plantilla 23/24 (provisional)
PG Shawn Pipes Jr., Christian Vital, Jakub Schenk
SG Raymond Cowels III, Marcin Wielunski
SF Michael Kolenda
PF Grzegorz Kulka, Adam Linowski
C Dariusz Wyka, Aric Holman, Josip Sobin
Coach Wojciech Kaminski
FRIBOURG OLYMPIC BASKET (Suiza)
Fundado en 1961, foi campión da liga suiza en 19 ocasións o longo da súa historia. Competiu en sete ocasións na antiga Copa de Europa, e fixo aparición na Eurocup na 2007/08. Na temporada 18/19 clasificouse por primeira vez para a Regular Season da BCL, logo de pasar tres roldas clasificatorias. A temporada pasada competiu na FIBA Europe Cup, caendo na primeira fase de grupos.
Plantilla 23/24 (provisional)
PG Jonathan Kazadi, Eric Nottage
SG Roberto Kovac, Dylan Ducommun
SF Nathan Jurkovitz, Killian Martin, Alois Leyrolles
PF Arnaud Cotture, Xavier Green
C Cheikh Sane
Coach Thibaut Petit
CALEDONIA GLADIATORS (Reino Unido)
Club radicado en Glasgow e fundado en 1998, competiu dende a súa creación no máximo nivel do baloncesto británico (BBL). Coñecido nas súas orixes como Edinburgh Rocks, foi rebautizado como Scottish Rocks no 2002 e como Glasgow Rocks no 2009. No 2022 cambiou á súa denominación actual logo dun cambio na propiedade do club. Campión de liga nunha ocasión (2002/03) e de Copa (2022/23).
Plantilla 23/24 (provisional)
PG Mihailo Jovicic, Kyle Jimenez,
SG Ian Dubose, Jonny Bunyan
SF Patrick Whelan, Fraser Malcolm
F Prince Onwas, Trent Buttrick, Oscar Baldwin
C Fahro Alihodzic, Clifton Moore
Coach Gareth Murray
KOSARKARSKI KLUB MORNAR BAR (Montenegro)
Fundado en 1974, compite na liga montenegrina e na ABA League. Fixo o seu debut continental na BCL na temporada 2016/17, gañando na temporada seguinte o seu primeiro título doméstico.
Na súa segunda temporada na Liga Adriática (15/16) clasificouse para as semifinais, caendo ante o Estrela Vermella.
En 2020 converteuse en membro propietario da ABA, recollendo o testigo do MZP Skopje.
A última participación europea foi na 21/22 onde caeu na primeira fase de grupos da FIBA Europe Cup.
PG Dwight Murray Jr., Antabia Waller, Nemanja Vranjes
SG Jamal Johnson, Strahinja Jovanovic, Jacobi Boykins
SF Milic Starovlah
PF Milija Mikovic
C Makol Mawien, Alex Gavrilovic
Coach Mihailo Pavicevic