Bo Nadal!
Pois victoria balsámica, por deixar a un rival directo pola permanencia un pouco mais lonxe e porque reforza ánimos positivos de cara aos últimos partidos da primeira volta.
Na miña opinión, e deixando o fanatismo a un lado, partido de dous equipos malos, así de claro. Porcentaxes de tiro indecentes de 3, normais de T2 e tirando a malos de T1. Moitos nervios, ansiedade... sinceramente, creo que más por parte do Breo. Lin no seu foro que parecía que eles xogaban un derby máis e que nós saimos como se nos fose a vida en elo... pola TV dende logo que non dou esa sensación, máis ben ao contrario, parecía un partido máis para Obra e unha finalísima para Breo.
No noso haber ter buscado ben a Pustovyi, que cerca do aro é diferencial, dicirlle a Howard que rice e non se empeñe no T3 (creo que así aporta moito máis ao xogo) e a volta de Mendoza. Basicamente é un xogador que "sabe estar" no campo, se lle sumas que non "gasta" tiros (e os que fixo, 100% de acerto, imposible de manter), temos un tío máis co que contar, porque a aportación do banquillo é insuficiente (ou inexistente?). Positivo tamén Scrubb, que sen ruido segue a ser o mellor deste equipo.
Na nosa contra o peche do rebote, que lle dou vida ata o final a Breogán, que máis que nada xogou a arreóns, non fixeron un xogo fluido, baseáronse nas aportacións de Momirov e Sergi e ainda así aguantaron ata o final.
Seguimos sen bases, a mín non me vale catalogar o partido de Fer como bo pola bandexa do final, non fan xogar ao equipo, non aportan nos tiros liberados... se acaso o único positivo é que meten físico sobre o base rival, desgastan e Fer aportou no rebote (5, só por detrás de Tinkle, que tamén fixo máis de si mesmo logrando un bo partido).
Por último, a pesares da victoria, que malo é Aliaga... meu Deus. Criterios cambiantes, faltas que non son, pitadas, outras que si son, sen pitar... non hai partido onde pase desapercibido. Pero a quen coñece este tío para estar en ACB? Non mo explico!
Boas Festas, seguimos o venres!