Posts de migbouzas2502

    Nin Simeunovic nin McDonnel me parece que teñan a calidad suficiente. Ahí creo que toca ir a mercado europeo. Hai opcións boas por outras ligas. Skara, por ejemplo, non está mal. Mellorou o tiro estos últimos anos e é bastante completillo. MIllán Jiménez pareceríame bo fichaje, cubre 2 posicións e é completillo tamén. Rigó sigue sin gustarme. Eu estaría atento a ver que solta Coruña. Parece que non teñen intención de renovar a Jakovics, quen me parecería un gran complemento para o 1-2 ao que xa temos

    O dos canteiráns é un tema bastante difícil de xestionar e de difícil encaixe, porque necesitan minutos para progresar e oportunidades para fallar. E non lle vas dar a Onuetu un rol de 15 minutos porque a liga se lle queda grande. Estudiantes intentou meter a 3-4 canteiráns de primeiro nivel o seu primeiro ano en LEB (Rubén Domínguez, Sola, Stoilov, o propio Aroyo...), que tiñan máis nivel e estaban menos verdes que os Bocca, Paz ou Onuetu e o experimento saleulles regular. Para as fichas 11 e 12 o ideal é ter xogadores veteranos, polivalentes, cumplidores e que sepan que van papar moito banco. Como Álex e Pablo Hernández este ano en Coruña. A situación menos mala sería telos a cabalo entre os dous equipos, podendo xogar minutos en partidos contra rivales inferiores donde ganes comodamente e o mismo tempo axuden no EBA, a pesar de ser unha liga que, especialmente no grupo galego, se lles pode quedar pequena.

    23/34

    Estu: Wintering-Leimanis (Alonso)

    Burgos: Speight-Corbalán

    Coruña: Jakovics-Aris-Álex Hdez.

    Fuenla: Bellas-Mateo Díaz

    Alicante: Harris (Gundmundson, Davidson)

    Betis: Pacheco-Rogic

    22/23

    Andorra: Speight-Luz-Schreiner

    Palencia: Wintering-Germán

    Estu: Atencia-Leimanis (Jorgensen)

    Burgos: San Miguel-Corbalán (Rupnik 27 partidos)

    Coruña: Filipovic-Jakovics-Álex Hdez

    Estas son as parellas dos equipos máis importantes da liga estos dous últimos anos a principio de liga. A algúns doblámolos en presupuesto e ningún deles nos superaba (polo menso de forma clara) a expeción de Andorra. E ningún equipo en LEB roza os 3 millóns, que son cifras que nin tan sequera movía Palencia en ACB.

    De todo ese listado que puxen ahí, Coruña e Burgos tuveron mellor bases os dous últimos anos. Palencia, Andorra e Estu este ano diría que tamén. E as demáis pois por ahí. Unha parella Arroyo - Leimanis quédaseme cortísima por calidad para o presupuesto que temos. Para min é a primeira cagada de Galán a nivel de confección de plantilla. Xa a idea de meter dous canteiráns por decreto e non entrar no mercado de xogadores importantes me pareceron malas ideas pero subsanables, montando un bo bloque e deixando cartos para agosto. Con estos bases tes que traer sí ou sí un jugón ao 2 que maneje bola e teña puntos. Chámalle Barcelo, Tyler Sabin, Kadre Gray... Cousa que podías facer igualmente metendo un base de nivel sin moitos puntos pero cerebral e director.

    Os fichajes que se fixeron son bos sempre e cando non veñan para xogar máis de 20 minutos. A idea de rotacións contínuas que permitan manter un nivel elevado e combinar quintetos paréceme boa, pero non hai que perder de vista que Galán estaba rodeado de BUrjanadze como AP titular con McDonnell xogando tamén minutos nese puesto. E Leimanis con Dee, Alonso e Sola. Casi nada. Estas tres últimas temporadas Galán xogou 16 minutos de media. Tanto él coma Leimanis deberían vir para asumir eses 15-20 minutos sin que baixe o nivel. Non máis. Non olvidarse de que somos o presuposto máis alto da categoría ou, polo menos, estamos parellos ao(s) máis alto(s).

    Que Galán non encontre sitio en Coruña creo que ten que ver coa súa configuración de plantilla. Como Ala Pívot cupo, BUrjanadze é mellor xogador e quizá prefiren de quinto interior a Diagne por aportar centímetros e porque os dous outros centers que sonan (Huskic e Lima) son propensos a acumular lesións. De momento e creo que xa o comentei, o único que me preocupa deste mercado é que non fomos capaces de atar a ningún xogador diferencial ou titular claro con experiencia na categoría. Estou convencido de que se van traer bos xogadores avanzado o mercado, pero sempre é mellor que algún deles tivese xa experiencia en LEB. Se te traes 3 xogadores para marcar a diferencia un deles debería ser un McGrew, Dee, Andric...

    Contenido externo x.com
    El contenido incrustado de fuentes externas no se mostrará sin tu consentimiento.
    Mediante la activación de contenidos externos, usted acepta que se transfieran datos personales a plataformas de terceros. Hemos proporcionado más información al respecto en nuestra política de privacidad.
    OFICIAL Alejandro Galán. Se ven de suplente é boa incorporación.

    Granger - Díaz

    Francis- Schmidt - Sola

    Garino - Rubio

    Andric - X

    X - Barro - Hugo López

    A plantilla de Estudiantes simplemente asusta, recórdame a de Andorra fai un par de anos. Calidad en todos os puestos e equilibrada. Auténtica pólvora ofensiva pero tamén capacidade de meter físico e defensa con Rubio, Barro e Adams Sola. Teñen todos os cupos e a ficha extra por gastar para o 5 titular. Ficharon titulares contrastados na liga sin necesidad de esperar ao final do mercado. Vai ser difícil igualala.

    Pois outro xogador interesante con experiencia FEB que nos voou con Andric...Con Aranitovic referíame ao que estuvo xogando en Fuenla (por poñer un tirador comunitario xa que gastei os extras en Larson e Carvacho).

    Obviamente é pronto para facer unha valoración da confección da plantilla pero preocúpanme dúas cousas, tendo en conta o presupuesto que manejamos. A primeira é plantearse aguantar casi media temporada con 3 canteiráns. E logo que todos os xogadores chamados a ser referentes na liga e xa con experiencia están fichados por outros equipos. Falo dos Johnny Dee, Francis Alonso, Schmidt, Garino, Wintering, Andric, McGrew, Bellas... que conforman un mercado de xogadores limitado ao que de momento aínda non accedemos. Quero pensar que Galán se está gardando as balas para máis adiante e que traeremos a xente importante, pero non estaría de máis traer a algún desos tendo en conta que ademáis non creo que podamos acceder a un mercado moito mellor pola categoría na que estamos. E resulta preocupante cando houbo tantas prisas por cerrar un entrenador para entrar en mercado antes que outros equipos. Un Nacho Arroyo podes fichalo perfectamente en agosto. Referentes como os que mencionei xa encontraron acomodo e equipos como Fuenla ou Estu teñen unha columna vertebral, de momento, moito mellor que a nosa.

    Galán é un xogador moi do estilo de Nacho Llovet. Un bregador, peleoncete, que pode cubrirche as 2 posicións interiores. Forte, con bo xogo sin balón pero baixo para xogar de 5 e un rango de tiro limitado. Como cupo de rotación paréceme moi interesante. É un perfil que fai falta. Un pouco como Leimanis. Polas estrellas ou xogadores referencia eu non teño prisa. Fixéronse dous ofertóns a Barcello, pero é habitual que este tipo de xogadores apuren as súas opcións de xogar en ligas superiores. Fischer, Alonso, Barcello, Sander-Vene, Francis Alonso, Goran Huskic... xogadores con bos números en ligas potentes que aterrizaron en LEB a finales de julio ou ben entrado agosto xa. Estas semanas son para construír a columna vertebral, traer cupos ou atar algún xogador con experiencia na liga tipo Wintering ou Dee

    McGrew é 4 e medio, non base:botepiernas:

    Pois tirando de físico no 5, polivalencia e algún nombre que fun apuntando de ligas de nivel medio (HUngría BNXT, zona baixa de Italia e Alemania)

    B: Fer Zurb-Cris Díaz

    E: Rigo Mendoza - Edu Durán

    A: Chris Ebou - Mindaugas Kacinas - Santi Paz

    AP: Roberts Stumbris - Tanner McGrew

    P: James Dickey - Víctor Arteaga

    +1 canteirán a elexir en función das necesidades de convocatoria (Hargui, Onuetu, Grela)

    Os bases, non acaba de convencerme esa máis que probabe parella a nivel de dirección e control de partido, pero Fer en LEB debería impoñer o seu físico. Nos escoltas, a continuidade de Mendoza daría puntos e polivalencia. Edu Durán, escolta conocedor da categoría, cupo barato e especialista no triple. Nas alas, teño especial debilidade por Chris Ebou desde que fai un par de anos estuvera en Coruña de temporero. Non é un 10 en nada pero é un 8 en absolutamente todo. Kancinas pode facer o 3 mentras non volva Muñoz e logo o 4 aberto.

    De ala pivots, perfiles complementarios. Stumbris paréceme un xogador interesantísimo. 4 aberto, peleón que ven de facer unha gran temproada cos Heroes den Bosch. Traxectoria dilatada en ligas intermedias e segundas divisións pero non consigueu asentarse nunca nunha gran liga. Tanner McGrew poñerá o xogo o poste e capacidade de xogar de 5 aberto. Como pívot para complementar a Arteaga, escollín unha bestia física como James Dickey, que ven de facer unha gran temporada no Alba Fehervar húngaro e ten experiencia en grandes ligas. Xogo por encima do aro, rebote ofensivo e dominio de pintura, pero de forma muy bestia. Excelente defensor e sabe aproveitarse dos exteriores que pisan pintura.

    A Mendoza, Ebou e Dickey véxoos como xogadores de ligas superiores pero creo que poderíamos acceder a eles cunha boa oferta económica.

    Que poco me gusta el pivot grande y lento como Larsen, prefiero un perfil más “elástico “ que pueda jugar por encima del aro.

    Pois en LEB é un perfil que necesitas como o comer. Maric, Larsen e en menor medida McGrew ou Huskic son xogadores moi pouco atléticos e explosivos e con recursos de espaldas o aro. Obviamente se tes outros dous pívots de moita calidade podes suplilo. Pero ese tipo de perfil en LEB triunfa

    Blazevic nin de coña vai acabar en LEB e a min Westermann tamén me genera dudas. Creo que xa o dixen noutro post. Ca idea que comentou Galán de ir a 10 fichas tes que atinar moito no que traias. Con dous canteiráns, ahí vai outra sugerencia:

    Hannah/Zurbiggen

    Mendoza/Marc García

    Ebou-Ndow /Muñoz/Paz

    Blumbergs/Norelia

    Groselle/Aurrecoechea/¿Onuetu?

    Westermann ven de facer 10p-4as nun equipo de zona baixa da primeira alemana, pero veslle a estadística avanzada e é para botarse a temblar. O seu cuidado de bola é terrorífico. 3,5 pérdidas por partido cun uso de bola en ataque inferior o que tiña en Santiago. Como xogador de bloque... pois bueno, pero para base titular creo que é mellor traer a alguén con mellor manexo de bola

    Vamos a ver que nos estamos volvendo un pouco tolos. O primeiro de todo, a min deportivamente genérame bastantes dudas, non o vou esconder. O ideal sería traer alguén con experiencia na categoría e de certas garantías, aínda que houbese que esperar a acabar o playoff. E se non pois un Mikel Odriozola. Ahora ben, moitos entrenadores como Lezcano, Epi ou Encuentra teñen xa contrato e igual a situación do mercado é complicada. E ante esa incertidumbre prefieren atar alguén rápido e construir a plantilla con él tendo accesible un mercado máis amplio que dentro dunhas semanas. Por tanto o movemento paréceme comprensible. Haberá tempo de xuzgar máis adiante se deportivamente rinde ou non como primeiro entrenador, pero os últimos 14 anos conseguíronse moitos éxitos deportivos por parte dun corpo técnico do que formaba parte.

    Sobre o outro pois ten cú e ten opinión. E estou nas súas antípodas ideolóxicas. Igual que nas de Artem Pustovyi por certo, que fai uns meses subeu varios posts a redes sociais pedindo apoyo para grupos cercanos o batallón de Azov (ou eles mesmos se non mal recordo) que son literalmente neonazis. E non se formou ese revuelo. E Gonzalo leva dándolle like a esas cousas anos. Nin Artem nin Gonzalo tuveron nunca un mal gesto cara a afición nin cara o obradoirismo. Que pensen e compartan o que lles dé a gana e que cumplan na pista e no banco, demostren profesionalidade e implicación co proxecto.

    Facerlle unha oferta a Barceló a estas alturas paréceme un movemento moi intelixente. Teñas o entrenador que teñas necesitas ese perfil killer e a ser posible con experiencia na liga. É un Johnny Dee mellorado que por físico e condición de extracomunitario ten complicado poder acceder a un equipo ACB, aínda que hai varios da zona baixa que siguen os seus pasos. O seu salto "natural" é a ligas como a alemana onde un Jaworski ao que sustituía en Gipuzkoa ven de ser o mellor xogador de Heidelberg (exequipo do abuelas). O feito de facer unha planificación tan temprana permite anticiparte no mercado a outros equipos de similar músuclo presupostario como os da zona media baixa alemana. Ojalá fructifique.

    Tema xogadores da canteira. Paz, Huguet (contrato hasta 2026 no?), Bocca e Onuetu teñen nivel para ser relleno en Primeira FEB. O problema é que con esas edades necesitas minutos e o Obradoiro neceista xente con aplomo e experiencia. De todos, eu quedaríame con 1 ou coma moito 2 hasta a volta de Muñoz. Onuetu traballando con Víctor mellorou moito e dominou a categoría tras un ano en Plata sin minutos. O seu perfil físico é necesario nun equipo destas características pero... esta verdísimo. Eu non ma xogaba. Unha cesión en plata viríalle moi ben ou incluso nun Oviedo en Primeira.

    Por propoñer algo:

    Speight (EXT)-Zurbriggen

    Barceló (EXT) - Rigo

    Ebou-Ndow - Santi Paz (JFL) - Juan Bocca (INF)/Muñoz(JFL) cando se recupere

    Roberts Blumbergs - Eric Vila (JFL) - Galán (JFL)

    Goran Huskic - Kur Kuath

    Esta é a estructura que tes que ter. Imprescindible un Killer e un interior con xogo o poste solvente. Moita experiencia na liga (os que puxen todos salvo os canteiráns e Rigo). Un núcleo duro de 8 xogadores onde todos podan tirar do carro. Outros 2 que podan ter minutos de calidad e cambiar o partido desde a intensidad/defensa (Kuath e Galán). E nas fichas 11-12 pois un canteirán e outro xogador con experiencia e líder no banco.

    Como hay que decir las cosas malas que se hacen el club (y son muchas), también hay que decir las cosas buenas. Muy buen movimiento con Hector Galán como nuevo director general/deportivo, solo queda ver al nuevo entrenador y ver el proyecto y cultura que quieren hacer en el Obradoiro.

    Lo único que me genera dudas es sobre el rol de Héctor, viene en principio como Mateo asumiendo esos dos cargos. Ya sabéis la opinión que tengo como Mateo como director deportivo (muy bueno), pero también como director general en su etapa en el Obra (Re: Hilo oficial del Obradoiro CAB)

    A ver cómo le queda el reto.

    Eu penso que en LEB non é algo tan crítico. De feito é moi raro ter ambas figuras e Galán en Oviedo desempeñaba ambas funcións. Se é alguén que conoce ben a liga e o seu mercado (non como Pascual) e o entrenador/corpo técnico conoce a categoría non debería haber problema para fichar. Ter esa doble figura implica outro soldo e na LEB o presuposto vai máis xusto.